30 mar 2010

Los cerdos de Pedro

Existen muchos libros que contienen acertijos, adivinanzas y problemas de observación e investigación. Son actividades ideales para iniciarse en los juegos matemáticos y de ingenio, y para resolver historias sorprendentes. Así que hoy empezamos una nueva experiencia, y que en las etiquetas sus actividades se guardarán con el nombre de Adiviñas e problemas. El título del post ya te indica cómo se llama la primera actividad…

Pedro era un granjero. Tenía tres cerdos de color rosa, cuatro cerdos grises y un cerdo ibérico bien negro…
¿Cuántos de los cerdos de Pedro pueden decir que son del mismo color que algún otro de los cerdos de Pedro?

Mientras adivinas la respuesta, tal vez sea una buena idea participar en un juego con cerdos. Se llama Pig Blaster, y hay que lograr que un cerdo llegue lo más lejos posible saltando por encima de una valla. Se maneja con las flechas de movimiento del cursor, y el cerdo puede expulsar gases para ayudarse en los saltos. ¡Esperamos que después no huelas demasiado mal…!

Pig Blaster

28 mar 2010

A estrela e a nena

Na nosa celebración do Día Mundial da Poesía, Álvaro Cunqueiro tivo un papel especial co seu poema No niño novo de vento. E así como el imitou á poesía medieval galaico-portuguesa, na aula seguimos os seus versos para crear a nosa poesía. Hai que agradecer a colaboración de Lidia e de Ana, que desde as súas casas aportaron ideas para o título…

Na estrela nova do tempo
hai un ceo verdescente.
Miña amiga,
quen poidera verte!
E baila de cando en vez,
imaxinando todas as fadas.
Quen poidera verte,
miña amiga!
Cae un raio transparente,
entón tes que esconderte.
Miña amiga,
quen poidera verte!
Unha nena do fondo do mar
trouxo unha serea prateada.
Quen poidera verte,
miña amiga!



Unha fada

26 mar 2010

A fauna máis lectora

En febreiro iniciamos o noso programa de lectura na casa. Ese programa admite moitas posibilidades. Fóra do horario escolar, os nenos len de forma libre e independente, ou alguén pode estar xunto a eles para ofrecerlles axuda. Hai que ter en conta que moitos disfrutan lendo coa súa familia. Así que tamén poden ler con algún irmán pequeno ou con algún amigo de libros e de lecturas. Por iso, é tan importante para nós a colaboración das familias.

Despois de tantas semanas, chegou o momento de recoñecer o esforzo persoal. Para Ismaíl, é unha gran alegría saber de tantos nenos e nenas que ofrecen unha parte do seu tempo ao mundo dos libros. Noraboa!

Diploma leona lectora

Diploma león lector

24 mar 2010

Enlaces que compartimos

Internet está cheo de enlaces, de sitios, de páxinas que hai para descubrir. Pero ese mundo novo resulta moi grande e inmenso. Así que é importante colaborar. Se colaboramos, tamén compartimos. E se compartimos, todos aprenderemos mellor. Por iso ofrecemos agora estes enlaces, pois son o froito dunha boa colaboración…
  • Juegos10.com, Juegos Gratis, Parque Tales: De parte de Antón, nos dous primeiros enlaces hai xogos, e o terceiro é de Matemáticas.
  • JuegosJuegos.com, MiniJuegos.com: Enviados por Brais, e como indican os seus nomes, son páxinas de xogos.
  • Caminho das letras: A profesora Teresa Pombo, desde Portugal, deixounos este enlace no noso Taboleiro de anuncios. Está en portugués, pero é fácil de comprender e de xogar.
  • icogno: Neste sitio coñecerás a Joan, que é un avatar ou personaxe creado con intelixencia artificial (en inglés, AI). Serve para que practiques o inglés, escribindo as túas preguntas, que Joan responderá dalgún xeito. Tamén sabe algo doutros idiomas, como o español, por exemplo. Pero debes prestar atención, a súa intelixencia non é pequena…
Joan, un avatar con intelixencia artificial

22 mar 2010

O tesouro de Sara

Sara sorprendeu hoxe a Ismaíl. Ela non celebraba ningunha cousa, tampouco na clase había nada especial. Pero así, sen máis, só porque lle petou, regaloulle moitas moedas de ouro e de moitos tamaños. Agora o seu tesouro é incrible: billetes de 100, 200 e 500 €, moedas de prata e de ouro de case todos os tamaños e países, ovos da galiña máis famosa dos contos, graxeas máxicas de Harry Potter e, incluso, pequenas xoaniñas de chocolate… Si, si…! Todo é de chocolate e está rico, moi rico, riquísimo!

Aínda que hai un pequeno problema. Como Ismaíl chegou de Asia, teme que algún día aparezan Alí Babá e os seus 40 ladróns e intenten quedarse con todo. Ou que, por culpa da crise, todo o mundo empece a pedirlle prestado… Haberá que facer algo!

O tesouro que trouxo Sara

O conto de Alí Babá e a súa banda de ladróns é ben coñecida. Pertence a un libro moi famoso que se titula As mil e unha noites, e que narra a historia dun califa que houbo hai moito tempo en Bagdad.

20 mar 2010

O día mundial da poesía

Desde o ano 2001, coincidindo coa chegada da primavera, cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. O noso blog tamén quere participar nesa homenaxe á palabra poética. Por iso, hai unha nova actividade creada con Google Maps e que se chama Cinco poesías na Ría do Burgo. Investigando ou premendo onde corresponda no mapa, debes averiguar cal é o poema que che correspondeu.

Trátase de que recites esa poesía na clase, diante dos compañeiros, así que terás que lela e aprendela ben. Se o necesitas, inclúese un enlace en cada unha das poesías para que as imprimas en papel. E nese enlace, incluso algunhas foron transformadas en cancións por músicos e cantantes, que podes escoitar e disfrutar. Pero todo iso tes que descubrilo ti mesmo, ou con algunha axuda, claro.


Ver Cinco poesías na Ría do Burgo en un mapa más grande

Os poemas son de poetas diferentes: Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González, Celso Emilio Ferreiro e Uxío Novoneyra. Ao último dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas.

Para rematar, ten en conta a outra actividade que tamén está en marcha desde o noso blog:

16 mar 2010

Hércules, o heroe

Entre os mitos máis difundidos da antiga Grecia está o de Heracles, ao que os romanos chamaron Hércules. A súa lenda foi tan grande que case non houbo un lugar en todo o Mediterráneo sen un santuario dedicado a este heroe. E tamén tivo relación con España, país onde os gregos e os romanos crían que se acababa o mundo.

De feito, e segundo certa tradición, Hércules chegou ata a cidade de A Coruña para loitar contra un xigante chamado Xerión. Iso ocorreu mentres o heroe resolvía os doce traballos, que tivo que realizar por orde dun rei.

Se premes debaixo, onde pon Hércules y los bueyes de Gerión, coñecerás a historia do combate entre Hércules e o xigante. Investiga o mapa, e le de forma ordenada para comprender aquel suceso que, ao parecer, pasou na cidade coruñesa.


Ver Hércules y los bueyes de Gerión en un mapa más grande

De paso, aproveitamos a ocasión para desexarlle a Alicia, unha nena de 3º A, un bonito e feliz cumpreanos. E agradecemos as moedas coas que sorprendeu a Ismaíl e ao seu tesouro…

12 mar 2010

Cuentos para jugar

Todos los años, en la ciudad italiana de Bolonia, se celebra una importante Feria del Libro Infantil. En la feria de este año, durante este mes de marzo, recibe una especial atención el escritor Gianni Rodari. Escribió libros muy hermosos, y contó historias sorprendentes, donde la imaginación y la fantasía aparecen en cada unas de sus páginas.

Hay un libro que a Ismaíl siempre le gustó mucho, y que se titula Cuentos para jugar. Por eso le encantaría que fuese presentado en nuestro Proyecto Bocata. Y aquí está, para que todos podáis conocerlo y apreciarlo. Esa es otra de las maravillas de Internet: nos permite realizar actividades y colaborar al mismo tiempo. Por ejemplo, leer y compartir bonitas historias, porque ya sabéis que hay muchas razones para la lectura

Cuentos para jugar, de Gianni Rodari 

Haz clic aquí o en la imagen de arriba para leer el libro.

Ismaíl, el lector de historias

Ah, ayer Daniel Ondina celebró su cumpleaños con toda la clase. Y también con Ismaíl, que por eso le trajo un detalle precioso: un montón de monedas de plata… ¡Su tesoro ya parece inagotable!

9 mar 2010

Agradecementos

Sempre é un bo momento para lembrar a quen nos axuda. E Ismaíl, que chegou de moi lonxe, tamén sabe que iso ten importancia. Así que hoxe, despois de varias probas e exames que xa se fixeron na aula, quere que conte algunhas axudas que se recibiron.

  1. Chegaron un montón de moedas para o seu famoso tesouro: de parte de Clara, Daniel Martínez, Ana e Alejandro. E Alex, ao parecer, trouxo algúns oviños da coñecida galiña dos ovos de ouro.
  2. Cristina Sánchez tamén o sorprendeu con máis moedas, pero ademais con unha roupiña de gnomo cortada e cosida por ela mesma.
  3. Sandra fixo algo marabilloso. Conseguiu os patróns das medidas tomadas por unha nai o curso pasado. Con eses datos, logrou que Ismaíl teña agora un chaleque e un pantalón curto, todo da moda máis surfeira. Por iso xa pediu unha táboa de surf para ir á praia…
  4. Agora que temos un taboleiro de anuncios no blog, coñecemos novos enlaces grazas ás aportacións dos nenos. Por exemplo, Brais presentou un interesante sitio de xogos, Juegos Juegos, e agarda polos vosos comentarios para saber o que pensades.
  5. Antón deixou para todos dous enlaces: un de xogos, Juegos 10; e outro de mates, No olvides tus números. E tamén quere saber as vosas opinións.

Para rematar, aquí tes outra aplicación para debuxar e colorear, Scriblink. Trátase do terceiro enlace de plástica que aparece nesta escola especial, despois de Sumo Paint 2.0 e Crayola Digi-Color. Utilízaos e aprende moito!

Scriblink, un encerado online

6 mar 2010

Moito ánimo!

Lembra que o luns, 8 de marzo, haberá un control de matemáticas. Terás que resolver divisións con decimais, operacións con fraccións, fraccións de determinados números, cambio de unidades de lonxitude e problemas onde aparecerán esas cuestións. Así que moito ánimo e prepara esa proba, que é importante.

Co teu esforzo, podes superar as dificultades. Igual que o pequeno neno deste vídeo, que seguramente algún día será un bo músico, pois está esforzándose para conseguilo…

Por certo, un amigo de Ismaíl que agora está en 3º A, no noso colexio, acaba de inaugurar o seu propio blog. Desde aquí enviásmolle unhas palabras de ánimo, tan merecidas por esas ganas de aprender que manifesta. Miguel, adiante!

http://espiasprofesionales.blogspot.com/

3 mar 2010

Ismaíl y el niño

Érase una vez un niño que un día fue al bosque y se encontró con un gnomo. Le  preguntó como se llamaba, y el gnomo, a pesar de que tenía miedo, le dijo que su nombre era Ismaíl.

Entonces, el niño le dijo que no tuviera miedo, y que si quería podía ir con él a su casa. Ismail se lo pensó un poco y dijo que sí. Pero al llegar a la casa del niño, como a la madre no le gustaban los gnomos, tuvo que meterlo a escondidas. Y lo llevó a su habitación. Al cabo de unos días, el niño vio que Ismaíl estaba triste. Y  le preguntó porque estaba así. Ismaíl le dijo que estaba triste porque no tenía amigos.

El niño le dijo que si le apetecía, podían ir los dos a la casa de Cris, que era su amiga. Ismaíl se lo pensó pero al final dijo que sí. Cuando llegaron, el niño le dijo que fuera a jugar a la habitación de Cris. Y cuando estaban allí, el niño le preguntó a su amiga si sabía de alguien que tuviese un gnomo o una gnoma.

Cris le contestó que Carmen, una amiga suya, tenía una gnoma. Al llegar a la casa de Carmen, le dijeron si podían llevarse unos días a su gnoma, que se llamaba Sonia. Carmen respondió que se iba a quedar un poco sola, pero al final aceptó.

Al regresar a la casa de Cris, los cuatro empezaron a jugar e Ismaíl volvió por fin a sonreír…

Autora: Cristina Sánchez García

Ismaíl de Saidabad

2 mar 2010

Hai que ler, a pesar de todo…

Hai tantas razóns para a lectura, que non debemos perder máis tempo. Os libros son como illas máxicas que agardan pola nosa chegada. Se descubres algunha con ese libro que tanto aprecias, desembarca nela e saborea as palabras das súas páxinas. Así lograrás que historia que conta tamén sexa túa, e coa lectura poderás viaxar por todos os soños do noso mundo.

Se queres, imita a estes rapaces dun colexio americano. Cos seus libros na man versionaron unha canción de moda. Anímate e canta con todos eles: teño que seguir lendo, teño que seguir lendo…!

Anímate e participa no Proxecto Bocata!

Homer Simpson xa empezou!

1 mar 2010

Tempo de cambios

Como xa sabedes, hai enlaces nas distintas seccións do blog, que se renovaban pouco a pouco. Pero como tamén existen as etiquetas, parece unha boa idea que aqueles enlaces que se correspondan coas materias do curso, estean aí. Así lograremos que a zona lateral, ou sidebar, sexa máis lixeira. E tamén poderemos dedicar máis espazo ás vosas suxerencias e ideas, e aos proxectos que se desenvolven na aula.

Hoxe comezamos reducindo a sección de matemáticas, e algúns dos seus enlaces pasarán á súa etiqueta. Por exemplo:

Ademais, a partir deste momento o noso blog dispón do seu propio taboleiro de anuncios. Nel podes deixar mensaxes curtas, de ata 160 letras ou signos, e tamén recomendar enlaces de Internet con imaxes, vídeo ou música. Proba para descubrir como funciona!

O blog aliméntase dos teus comentarios!

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización