Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

14 mar 2011

Haikus para Xapón

O haiku é unha forma poética propia da literatura xaponesa. É un poema sinxelo composto por tres versos: o primeiro e o último, de cinco sílabas; e o segundo, de sete. Así que en total un haiku só ten 17 sílabas, no que destacan un vocabulario sensible e unha linguaxe descritiva.

O pasado fin de semana a terra tremou no Xapón, e o mar, transformado nun tsunami, destrozou e asolagou vilas e cidades. A tristeza é agora moi grande. E nós pouco podemos facer. Pero a pesar de que as palabras son pequenas, ás veces axudan tanto como o mesmo aire. Pois tamén serven para respirar e sobrevivir… Escribe un haiku para o Xapón! Preme aquí.

29 may 2010

Rueda lejos, Miguel Hernández

Después del poema Rueda que irás muy lejos, de Miguel Hernández, y del vídeo que hicieron dos niñas, ahora mostramos la última de las presentaciones realizadas. Brais, con la ayuda de Antón, es el principal responsable de este trabajo. Como siga haciendo tan bien las cosas, deberá ser tratado como un auténtico experto…

Ah, por cierto, que bien sonaron en clase las palabras y los versos del poeta. Empezamos con cinco poesías en la Ría del Burgo. Seguimos con Uxío Novoneyra, el poeta del Courel. Y por último, de momento, recitamos a Miguel Hernández… Pero, ¡todavía queremos más!

20 may 2010

Rueda que irás muy lejos

Este año se celebra el nacimiento de Miguel Hernández, poeta y escritor, que murió en la cárcel después de terminada la Guerra Civil que hubo en España. Aquí tienes una de las poesías que escribió. En ella, le habla de la vida y la esperanza a su hijo, mientras él estaba preso…

Rueda que irás muy lejos.
Ala que irás muy alto.
Torre del día, niño.
Alborear del pájaro.
Niño: ala, rueda, torre.
Pie. Pluma. Espuma. Rayo.
Ser como nunca ser.
Nunca serás en tanto.
Eres mañana. Ven
con todo de la mano.
Eres mi ser que vuelve
hacia su ser más claro.
El universo eres
que guía esperanzado.
Pasión del movimiento,
la tierra es tu caballo.
Cabálgala. Domínala.
Y brotará en su casco
su piel de vida y muerte,
de sombra y luz, piafando.
Asciende. Rueda. Vuela,
creador de alba y mayo.
Galopa. Ven. Y colma
el fondo de mis brazos.

 

 

 

Miguel Hernández

 

Te planteamos una actividad que ya conoces, y otra más especial. Tienes que leer muy bien el poema, para aprenderlo y poder recitarlo en el aula. Luego, formas un equipo con algunos compañeros y compañeras y preparáis algo diferente: un recitado colectivo, una presentación con imágenes y música, una grabación de voces, etc. ¡Maravilla a tu clase! ¡Sorpréndenos!

2 may 2010

O poeta do Courel

Como sabes, cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Todos os anos elíxese a un escritor ou escritora para a homenaxe desa data. Este ano correspondeulle ao poeta Uxío Novoneyra, do que xa tes no blog suficiente información.

Nesta nova actividade, ao igual que sucedeu durante o Día Mundial da Poesía, aparecen diversas tarefas. Haberá que ler e escoitar os versos cantados, haberá que aprender e recitar, e, por último, haberá de facer debuxos especiais, impresionantes, marabillosos…


Ver Uxío Novoneyra, o poeta do Courel en un mapa más grande

Ah, pero ademais está en marcha outra actividade, a das presentacións… Seremos capaces de rematar ben todo? Por se acaso, anímate e non te descoides…

7 abr 2010

De poesías, libros e adiviñas

As actividades que fixemos ao redor do Día Mundial da Poesía empezan a dar froitos. Estes dous poemas voluntarios son un exemplo moi fermoso. Ao igual que sucedera na clase coa poesía titulada A estrela e a nena, tanto Alejandro como Sandra imitaron aos nosos poetas. E así, grazas aos versos de Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González e Uxío Novoneyra, naceron as súas poesías… Noraboa!

A NAVE ESPACIAL
Alejandro Costa Suárez

No ceo estrelado
vexo unha luz alumeando.
Que raro!
Quen estará voando?
As luces das cidades
no espazo que bonitas están,
cando a Terra xira e xira
no espazo sideral.
Na atmosfera do planeta
algo grande está ardendo.
Que raro!
Quen estará voando?
Polo día e pola noite
as luces bailando están,
cando a Terra xira e xira
no espazo sideral.

QUIXERA SER LIBRE
Sandra Rivadulla Llerafo

Quixera ser libre
pra navegar,
andar polo mundo
e non voltar.
Ao Atlántico ir,
por illas pasar,
en barca, canoa
ou en catamarán.
Ver barcos piratas
en nave espacial,
percorrer outros países,
novos mundos atopar.
Con esta ilusión
ireime a soñar,
quixera ser libre
pra navegar.

Como estamos no Mes dos Libros, na aula hai un que tes que buscar. Titúlase O libro dos cen poemas, que é unha antoloxía da poesía infantil galega. Quen será o primeiro en conseguilo?

E agora, unha adiviña en forma de pregunta con trampa… Un día, un amigo de Ismaíl chamado Nasrudín camiñaba pola vía cando viu un tren que viña rápido cara onde estaba. Por suposto, Nasrudín saltou a un lado da vía. Pero antes correu dez metros en dirección ao tren. ¿Por que?

O tren de Nasrudín

28 mar 2010

A estrela e a nena

Na nosa celebración do Día Mundial da Poesía, Álvaro Cunqueiro tivo un papel especial co seu poema No niño novo de vento. E así como el imitou á poesía medieval galaico-portuguesa, na aula seguimos os seus versos para crear a nosa poesía. Hai que agradecer a colaboración de Lidia e de Ana, que desde as súas casas aportaron ideas para o título…

Na estrela nova do tempo
hai un ceo verdescente.
Miña amiga,
quen poidera verte!
E baila de cando en vez,
imaxinando todas as fadas.
Quen poidera verte,
miña amiga!
Cae un raio transparente,
entón tes que esconderte.
Miña amiga,
quen poidera verte!
Unha nena do fondo do mar
trouxo unha serea prateada.
Quen poidera verte,
miña amiga!



Unha fada

20 mar 2010

O día mundial da poesía

Desde o ano 2001, coincidindo coa chegada da primavera, cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. O noso blog tamén quere participar nesa homenaxe á palabra poética. Por iso, hai unha nova actividade creada con Google Maps e que se chama Cinco poesías na Ría do Burgo. Investigando ou premendo onde corresponda no mapa, debes averiguar cal é o poema que che correspondeu.

Trátase de que recites esa poesía na clase, diante dos compañeiros, así que terás que lela e aprendela ben. Se o necesitas, inclúese un enlace en cada unha das poesías para que as imprimas en papel. E nese enlace, incluso algunhas foron transformadas en cancións por músicos e cantantes, que podes escoitar e disfrutar. Pero todo iso tes que descubrilo ti mesmo, ou con algunha axuda, claro.


Ver Cinco poesías na Ría do Burgo en un mapa más grande

Os poemas son de poetas diferentes: Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González, Celso Emilio Ferreiro e Uxío Novoneyra. Ao último dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas.

Para rematar, ten en conta a outra actividade que tamén está en marcha desde o noso blog:

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización