20 jul 2010

Ola, ola!

Ola, ola!
Que tal o verán?

Escribín este saúdo nunha páxina web que atopei e quedou así: preme aquí.

Ese sitio chámase Ransom note generator, e tamén ti podes probar como funciona. Só tes que teclear un pequeno texto e logo premer en Create. Así verás o resultado.

Ademais, tamén serve para facer cousas co ordenador. Por exemplo:

3a

3b

3c

9 jul 2010

Imaginar, aprender, jugar (2)

Imagina que escribes un mensaje en un papel, que a continuación introduces en una botella de cristal. Después, en las rocas o en un playa, lanzas esa botella a las aguas del mar, al océano… ¿Dónde llegará? ¿Quién leerá tu mensaje?

La función de este nuevo accesorio o widget que aparece en el blog es saber algo más de las visitas que recibimos. Por ejemplo, averiguar desde que ciudades del mundo llegan para conocernos.

Recuerda que hay mucho para hacer y divertirse en el primer post de esta serie: Imaxinar, aprender xogar (1). Pero todavía tenemos más actividades y juegos:

Opina y deja un comentario…

2 jul 2010

Felices vacacións!

A pesar de que xa falamos do que podes facer durante o longo verán, o mes de xullo é un momento bo para comentalo de novo. Lola Urbano, unha amiga e compañeira, publicou no seu blog de aula un post moi bonito e interesante. Gustoume tanto, que recollín unha boa parte das súas ideas para escribir estas recomendacións. Aquí tes una listaxe de cousas para facer:

  • Cada mañá, espertar cun sorriso agradecendo á vida todo o que che dá. Protestar polo que non tes non serve absolutamente para nada.
  • Despois, ir ao cuarto de baño para asearse, deixándoo todo limpo e no seu sitio.
  • Almorzar ben e abundante. Por suposto, pos ti o almorzo e deixas a cociña recolleita. Tamén ponlle o almorzo ao “pesado” do teu irmán e así faredes mellor as paces, inténtao. Se é irmá, xa o sabes, o mesmo.
  • Ordenar a túa habitación e facer a túa cama. Busca debaixo da cama e nos recunchos, seguro que atopas algún bichiño. Pregunta se podes axudar nas tarefas da casa: limpar, recoller, tender, gardar, pasar o ferro, comprar...
  • Ler un pouco, con pracer.
  • Ir a nadar, a xogar, a pasear...
  • Se tes ordenador, visita o noso blog e o seu taboleiro, e deixa algúns comentarios para os compañeiros e compañeiras.
  • Axudar a poñer a mesa, comer ben e sen rechistar. Se non che gusta a comida, don´t worry, en poucos anos poderás comer o que queiras. Dá as grazas á persoa que fixo a túa comida e recorda que nunca se lle esquece facelo nin ti tesllo que recordar.
  • Resolver algunha tarefa logo da dixestión: problemas, páxinas recomendadas durante o curso e no blog (busca ben, le e atoparalas), escribir, buscar palabras que non coñeces, corrixir erros do caderno…
  • Se vas de viaxe, fai un mapa, un itinerario, consulta o rueiro do lugar ao que vas, escribe sobre iso e mándamo a través do correo de Ismaíl. Así, eu tamén aprenderei. Se queres, fai fotos para que despois saibamos onde estiveches, o que che gustou e o que aprendiches. Envíalle a Ismaíl algunha, e talvez poderá ser publicada.
  • Antes de durmir senta moi ben unha boa conversación ao fresco da noite, se é posible, coa xente que queres e que che quere. Ou ler un libro que che faga soñar. Ou escribir nun diario ou nunha libreta as cousas que che preocupan, para botar aos demos fora e poder soñar só cousas lindas.

E finalmente, a durmir, para levantarte ao día seguinte con outro fermoso sorriso.
Mentres tanto, eu esperarei pacientemente os vosos traballos, tumbadiño, por exemplo, así:

Que ben se está cando se está ben!

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización