Mostrando entradas con la etiqueta medio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio. Mostrar todas las entradas

7 may 2011

O esqueleto e os músculos

O esqueleto está composto polos ósos, que son necesarios para mover o corpo. Pero os responsables directos dese movemento son os múculos. Así que aquí tes diversos enlaces para aprender cousas do noso aparello locomotor. Están ordenados de fácil a máis complicado, pero ti es capaz de todo… Ou non?

  1. El cuerpo humano II
  2. El esqueleto
  3. Nuestro cuerpo en un “clic”
  4. Aparatos y órganos del cuerpo humano
  5. El cuerpo virtual

Aparatos y órganos del cuerpo humano

Se o teu ordenador é ben potente, podes usar Google Body. Aínda que está en inglés, serve para observar o noso corpo desde moitas posicións.

Google Body

27 feb 2011

O Entroido

Esta é a semana do Entroido, que rematará o venres co desfile habitual. Pero antes pasarán moitas cousas. Por exemplo, as consignas para disfrazarse o mércores e mais o xoves, a proba de filloas e de orellas, e especialmente a preparación do noso disfrace de socorrista.

Mentres todo iso chega, demostra o que sabes desta festa e da súa celebración en Galicia.

(vía Casa de tol@s)

9 feb 2011

Rumbo al espacio

Aquí hay 5 buenos pilotos, capaces de llevarnos lejos, muy lejos: Álex, el capitán de las presentaciones; Clara, con su ayudante Peque, la exploradora; Marta, la artista de las estrellas; Antón, el músico y navegante; Sandra, oficial de la nave y descubridora. Destacan por su esfuerzo y energía, por su compañerismo y amabilidad, por sus ganas de victoria. Incluso son buenos oradores. Es una suerte presentar una tripulación así…

Álex, Clara, Marta, Antón, Sandra

Si quieres unirte a ellos, antes tendrás que entrenar y practicar un poco:

7 feb 2011

Lengua, Mates, Medio (7)

Actividades especiales para la Unidad 6, que ya conoces. Pero también hay algunas tareas de repaso.

Lengua

Matemáticas

Coñecemento do Medio

A batalla de Lepanto A vida no Século de Ouro

26 ene 2011

Aula de mitoloxía

Hai tempo que Daniel Ondina fixo unha petición. Dixo que podiamos tratar un pouco a mitoloxía, especialmente a grega e a romana. E pareceunos unha boa idea.

Como acabamos de coñecer a cultura azteca, empezaremos cunha historia dese pobo: A lenda do quinto sol. Na súa propia lingua náhuatl, conta a creación de dous dos seus deuses, o Sol e a Lúa, na que tamén participou o deus Quetzalcóatl. O conquistador de México, Hernán Cortés, foi confundido ao principio con el. Pois un día, antes de marchar, prometera ao seu pobo que regresaría. E xa sabes o que pasou…

20 ene 2011

De América a Europa

Uno de nuestros expertos, Álex, ha preparado una nueva presentación, esta vez sobre la antigua cultura inca. Pero, además, también nos ofrece un material extra para saber más cosas. Haz clic y lo verás…

Los exploradores españoles, en las tierras nuevas de América, encontraron animales increíbles. Por ejemplo, aquí tienes una muestra, pero ten mucho cuidado... Menos mal que también estudiamos la época del Renacimiento, que no resulta tan peligrosa. Ya sabes que Leonardo da Vinci fue uno de sus artistas más geniales. Compruébalo en este sitio, aprende y cuéntanos todo.

16 ene 2011

Un pouco de historia

Co novo tema de Coñecemento do Medio, mostramos tamén un traballo voluntario e moi bo. Trátase dunha presentación ideada por Alejandro e Andrés, ben deseñada e realizada. Así dá gusto aprender…

12 ene 2011

Lengua, Mates, Medio (6)

Actividades especiales para la Unidad 6, que ya conoces. Pero también hay algunas tareas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

Coñecemento do Medio

El descubrimiento de América Los viajes de Colón

14 dic 2010

Lengua, Mates, Medio (5)

Actividades especiais para a Unidade 5, que xa coñeces. Pero tamén hai algunhas tarefas de repaso, e algunha para alumnos maiores, da ESO...

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Clases de palabras, 1º de ESO

Aquí tes unha actividade extra, é dicir, extraordinaria.

25 nov 2010

Auroras boreais e outras cousas

Na Unidade 3 de Medio aprendimos que na Terra existen dúas zonas frías, onde se sitúan o Polo Norte e o Polo Sur. Nesas zonas tan frías prodúcese un fenómeno natural moi impresionante, as auroras polares ou boreais. Cando iso ocorre, o ceo parece cambiar de cor e deixa o seu azul por unha cor máis verde. Así sucede, por exemplo, nas afastadas terras de Noruega…

Aurora Borealis timelapse HD - Tromsø 2010 from Tor Even Mathisen on Vimeo.

Pero aquí tamén temos algunhas cousas ben interesantes. Por exemplo, no colexio hai amigos de Ismaíl tan valentes que xa se atreven a crear os seus propios blogs. Non vos parece incrible? Pois el está moi sorprendido, e encántalle saber que teñen moitas cousas para contar.

21 nov 2010

Lengua, Mates, Medio (4)

Actividades especiais para a Unidade 4, e tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

28 oct 2010

Lengua, Mates, Medio (3)

Actividades especiais para a Unidade 3, e tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas
Coñecemento do Medio

26 oct 2010

Halloween, halloween!

Xa falta pouco para esta celebración, que ocorre durante a noite do 31 de outubro. Ao parecer, a súa orixe está na festividade celta do Samhain, na antiga Irlanda. E despois pasou co nome de Halloween ao Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e a outros sitios. Foi Lara quen nos lembrou que chegaba ese día. Así que este post, e por primeira vez, ten unha dedicatoria…

Por último, de novo Ismaíl quere agradecer a axuda que recibe para conservar e defender o seu tesouro. Hoxe felicita a Marta (de 4º A), a Brais, a Sara, e tamén a Lara.

6 oct 2010

O irmán de Lara

Mentres nos preparamos para ler e escoitar os traballos sobre o post titulado Un puntiño no universo, hai que seguir. E hoxe falaremos do irmán de Lara. Lucas, que é como se chama, ten cinco anos e, ao parecer, xa sabe o nome de moitos países e as súas capitais. Lara trouxo hoxe un dos seus atlas, un fermoso libro que se titula Atlas del mundo. Creo que Ismaíl está pensando na maneira de coñecelo, talvez facéndolle unha invitación para que veña pola aula. Se é así, hai que empezar a practicar. Debe saber que os nenos e nenas de 6º tamén saben xeografía… Ou non?

O atlas de Lucas

5 oct 2010

Un puntiño no universo

Carl Sagan foi un científico extraordinario. Realizou e presentou unha das mellores series de televisión sobre o universo, Cosmos. Aínda hoxe é moi vista en sitios como YouTube e noutros semellantes que existen na rede mundial que forma Internet. Aquí tes un pequeno exemplo do seu traballo.

Logo de atender ben e de escoitar a súa voz, e, sobre todo, despois de ler a traducción das súas palabras, pensa no que che acaban de dicir. O noso planeta non é máis que un puntiño perdido no medio do universo.

Na libreta de Coñecemento do Medio, como remate da Unidade 1, elabora un breve texto sobre este vídeo: o que significou para ti, a túa opinión sobre o que liches e entendiches, o que estarías disposto a facer por este mundo que é único e tan fráxil. Lembra o último post que tratou esta unidade e o contido da etiqueta denominada medio.

26 sept 2010

O Burgo Pecha Kucha

A Pecha Kucha é un tipo de presentación diferente. Consiste nun grupo de 20 diapositivas con 20 segundos de duración para cada unha. Así que, en xeral, trátase dunha presentación de seis minutos e corenta segundos, onde se combinan a imaxe, os efectos e a voz humana. Pero é mellor que prestes atención ao seguinte cartel, que foi publicado en Educa con TIC.

Pecha Kucha, de Néstor Alonso

Se aproveitamos a primeira investigación C.S.I. do curso, tamén podemos atrevernos coa presentación chamada Pecha Kucha. Esta vez é unha tarefa voluntaria, non obrigatoria, e que realizará quen se apunte libremente. Desa maneira, os demais tamén aprenderán para a próxima oportunidade.

Anímate! Creo que Ismaíl apreciará a túa valentía…

23 sept 2010

O programa C.S.I.

Este programa non ten nada que ver coa famosa serie de televisión. Como sabes, para nós C.S.I significa algo ben distinto: Clase Súper Investigadora; e xa empezamos o curso anterior. Pero agora vaino saber moita máis xente.

Trátase dunha experiencia para que toda a aula, de forma individual ou en grupo, investigue sobre algún tema. Despois elabórase un traballo, e, ao final, terá que ser presentado diante de toda a clase. Así que, sen máis, aquí está a nosa primeira actividade do programa para este curso:

  1. Vídeo: Mariposas y Larvas e Insectos, de Atlas Audiovisual.
  2. A partir das túas notas, as que escribiches no borrador durante o visionado do documental na aula, organiza o material e as novas informacións. Revisa todo ben e corrixe os erros.
  3. Escolle o idioma: galego ou castelán. Despois, realiza o teu traballo. Se o fas a man, debes utilizar unha plantilla de escritura. Se usas o ordenador, escribe cun procesador de textos.
  4. Prepara as imaxes para o traballo. Lembra que unha boa presentación é moi importante.
  5. No esquezas o título, que pode ser o do vídeo. Pero é mellor que inventes algo orixinal.

A data final para entregar este primeiro traballo do programa C.S.I. será o 30 de setembro.

21 sept 2010

Lengua, Mates, Medio (1)

Actividades especiales para la Unidad 1, y también algunas tareas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

17 sept 2010

De Gandía a Culleredo

Este curso chegou con algunhas novidades. Eduardo xa non está aquí, como dixo antes de acabar o pasado curso. Agora hai dúas nenas novas: Amna e Sofía. Amna vivía en Gandía (Valencia), aínda que tamén estivo en Paquistán, un país situado en Asia. E cando se sinta máis adaptada á súa nova aula, seguro que poderá contarnos moitas cousas interesantes.

Mentres agardamos, e aproveitando o primeiro tema de Medio, facemos un post dedicado aos mapas. Por se non o sabes, en Internet hai auténticas marabillas. Observa e aprende…

  • http://amap.to/xfjvh: Para coñecer Gandía, en Valencia. Ademais, podes buscar calquera pobo ou cidade do mundo.
  • http://amap.to/iks94: CEIP Isaac Díaz Pardo, O Burgo-Culleredo, na Coruña. Onde naceu este blog de aula.
  • De Gandía a Culleredo: Descubre o recorrido dun coche que tivese que facer esa viaxe polas estradas de España.

De Gandía a Culleredo

Así que, e como se di no título do blog, imaxina, aprende, xoga e vive…

20 jun 2010

Vellas e novas historias

Parece mentira, pero xa hai cousas antigas en Internet. Unha delas é, por exemplo, o blog de 2º A do curso pasado. Pero Ismaíl aínda garda outro segredo igual de impresionante. Antes de que aparecesen os blogs, el tivo a súa propia páxina web. Estaba nun sitio chamado GeoCities, que un día desapareceu sen máis, como calquera mundo perdido.

Por sorte, recibimos a tempo unha axuda que logrou recuperar case todo. O único problema foi que a web de Ismaíl quedou para sempre inservible e desorganizada, e iso non pode solucionarse. Pero estamos seguros de que poderás explorar aquel mundo. Así, se queres, descubrirás algunhas vellas historias, xogos e mascotas, e tamén os comentarios doutros nenos e nenas, pero que agora xa son máis maiores. Atrévete e entra como fixo Ana, unha boa “blogueira” de 5º B. Ela recuperou a Pandy, a mascota que foi da súa irmá María e de Andrea. Adiviña que hai que facer para coidala!

Adopta a túa propia mascota virtual!

En Internet son famosas as novas historias. Como a presentación que preparou Daniel Martínez coa colaboración de Andrés. Por iso, ademais de explorar algo que xa non existe, recoñece este novo traballo, que está no blog actual.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización