Ismaíl aínda está de viaxe pero eu xa coñecín aos meus novos alumnos de 5º, pois chegou un novo curso. E case todos os que participaron neste blog agardan pola súa entrada no instituto, que será o próximo venres. Así que a este sitio, co que tanto disfrutamos e aprendimos, quédalle pouco tempo de vida. Despois parecerase a unha pinga de auga no medio dos mares de Internet, onde o blog navegará sen fin…
13 sept 2011
21 may 2011
Os nosos deportistas
O pasado fin de semana disputáronse as finais do Campionato da Liga Intercomarcal de Baloncesto. Algúns dos gañadores foron os alevíns masculinos do CBC (Club Baloncesto Culleredo), nos que estaban os nosos compañeiros Antón Seijas Vieites e Daniel Martínez Veiga. E tamén triunfaron os benxamíns do CBC, que ademais resultaron gañadores da liga da Coruña. Entre eses xogadores benxamíns estaban os irmáns pequenos de Sandra e de Marta.
Para que vexades o gran esforzo que fixeron e o ben que o pasaron, aquí tedes un espectacular vídeo.
[Sandra]
Nota: Ah, hai unha cousa que esquecín ao preparar este post. Trátase dunha bonita e sorprendente foto que preparou Ana para os dous deportistas nosos…
1 mar 2011
Cen por cen Seoane
Onte estivemos na Fundación Caixa Galicia para coñecer a exposición dedicada a Luís Seoane, un dos grandes pintores e artistas galegos do século XX. Ao finalizar a visita, asistimos a un pequeno obradoiro de deseño e gravado de carteis, que resultou moi interesante.
Marta, que é unha boa fotógrafa, fixo unhas estupendas fotos e un impresionante vídeo. É o primeiro que preparamos para compartir! Por iso, a Escola de Ismaíl tamén está agora en You Tube.
24 nov 2010
A ciencia que conta
O alumnado da clase de alternativa á relixión, que imparte a profesora Carmen Baña, fixo algúns relatos para o concurso Ciencia que conta 2010. Ao final participamos tres alumnos: Marta, Clara e Antón. Despois de varias semanas de espera, coñecimos os resultados dese concurso. E resulta que gañou… Marta!
O sábado, 20 de novembro, celebrouse en Vigo a entrega dos premios, no Museo do Mar. Marta, como segunda clasificada na categoría de primaria, recibiu: un globo terráqueo luminoso, no que aparecen os animais típicos de cada país; unha colección de minerais e un libro cos relatos do ano pasado. Ademáis, tamén lle entregarán outro libro cos relatos deste ano. Así que xa será unha escritora de verdade.
Toda a aula alegrouse moitísimo polo seu merecido premio. E ata din que Ismaíl deu brincos de alegría.
[Clara, Marta]
Estes son os contos e os seus autores:
- O GPS, de Marta Peña Rodríguez
- O inventor da bombilla, de Clara Muñiz Iglesias
- Unha axuda de altura, de Antón Seijas Vieites
13 jun 2010
Cousas do folclore galego
Hoxe presentamos outro novo post do Equipo de Redacción, que tamén se encargou das fotos. O tema que escolleron para contar foi unha visita que recibimos hai uns días. Como é habitual na clase, este equipo recibiu a axuda libre e voluntaria doutros compañeiros: Cristina Sánchez, Carmen e Rubén Sánchez.
O día 2 de xuño viñeron dúas persoas ao colexio a darnos unha charla, a 5º A e 5º B, sobre o baile e a vestimenta tradicional galega. Eran Ánxeles e Alberto.
Ánxeles explicounos as partes que forman o traxe tradicional para a muller. E Alberto fixo o mesmo pero esta vez referíndose ao traxe tradicional para o home. Ademais, tamén falaron dalgúns instrumentos musicais, como por exemplo a gaita, os pitos, as castañolas e a pandeireta. Por certo, tanto un como o outro explicaron moi ben todo, e así soubemos que antes usaban as latas de pimentón para facer ruído.
Ao final de todo, os nenos e nenas das dúas clases bailamos e cantamos un pouco, mentres eles nos indicaban os pasos que había que dar. E un neno de 5º A tocou a gaita, e o seu profesor, o pandeiro.
2 jun 2010
El concurso de Eurovisión
Otro post de nuestro Equipo de Redacción, en el que poco a poco van surgiendo nuevos “periodistas”. En esta ocasión, y como viene siendo habitual, contaron con la colaboración voluntaria de algunas compañeras: Ana, Sandra y Cristina Sánchez.
Como cada año, se celebró el festival de Eurovisión, que esta vez fue en Oslo, la capital de Noruega. Ganó Alemania con la cantante Lena y su canción Satélite. Y nunca antes se había producido tanta separación de puntos entre el primero y el segundo, 123 puntos.
Desafortunadamente, nuestro país, España, quedó en 15º lugar, con el cantante Daniel Diges y su canción Algo pequeñito. Pero lo peor fue que apareció un espontáneo haciendo el ridículo, un tal Jimmy Jump, para estropear la actuación española. Pero no estuvo tan mal, sino que estuvo requetebién. Nuestro cantante actúo con fuerza y cantó sin rendirse, a pesar de lo que ocurrió. Por eso, hay que valorar el puesto que logró conseguir, ya que participaban un montón de países.
Otras buenas canciones fueron las de Grecia, Turquía y Francia e Irlanda. Aunque los jurados de cada país votaron a los países que tenían más cercanos, y eso fue algo injusto.
[Antón, Andrés, Iván, Daniel Ondina]
28 ene 2010
Haití no noso corazón
Os nenos, nas súas casas, viron na televisión as imaxes sobre o acontecido na illa de Haití. Así que sabían os detalles máis importantes e non foi difícil lograr que contasen os seus pensamentos. Por iso, Alejandro imaxinou este relato:
Onte tiven un pesadelo. Encontrábame só nunha rúa descoñecida cando chegou o peor: empezou a tremer todo, e escoitei berros de auxilio, pero non me podía mover. Estaba como petrificado, non sabía o que me pasaba. De repente, oín un ruído tremendo, xirei a cabeza e vin todo…
Eva, pola súa parte, aclarou:
Hai uns días, produciuse un terremoto que causou moitos estragos, derrubando moitos edificios importantes: a catedral, o palacio do Presidente, o Parlamento, e moitas escolas e hospitais… Tamén derrubou as vivendas da xenta e morreron moitas persoas.
E Daniel Martínez dixo:
Vou facer todo o posible para que a xente non morra pola falta de comida. Tampouco deixarei que lles falte a diversión. Non tirarei a comida nin os meus xoguetes… Farei doazóns aos nenos pobres.
Sara tamén tiñas as súas ideas, e escribiunas:
Quxera abrir os ollos e pensar que todo o que está a suceder en Haití non fose certo. Que nada de todo o que pasou volvese a ocorrer. Se tivese unha variña máxica, pediría o mellor para esa illa. Por iso creo que debemos colaborar, para que a súa xente volva a sorrir.
Carmen tiña cousas que dicir, e claro que as dixo:
Espero que todas as persoas se recuperen pronto, e que o antes posible reconstrúan as súas casas e o resto dos edificios. Aínda que tamén desexo que todos colaboremos, pois a miña familia xa o fixo. Podemos axudar doando algún diñeiro ás ONG’s…
Terremoto en Haití - Víctimas infantiles from Educ@conTIC on Vimeo.
Localización




