29 dic 2009

Un mosaico

Un mosaico con todos los nombres: 12 niñas y 13 niños de educación primaria. Así es el aula de 5º B, y así es como se llaman…

El mosaico de los nombres de 5º B

Como la imagen anterior nos creaba problemas, pues siempre faltaban nombres, la cambiamos y ya está.

21 dic 2009

Ismaíl e Drago

No mes de abril de 2007, máis ou menos, unha nena de 6º chamada Vanesa Bouzas presentoume este conto. Se nos seus textos aparece o meu nome, e non é importante para o relato, acostumo pedir que o cambien. Pero aquí non foi posible. Sobre todo, porque se trata dunha das historias sobre Ismaíl máis grande xamais contada. Lede e disfrutade igual que nós…

Ismaíl era un gnomo que hai anos coñeceu a un viaxeiro aventureiro que pasaba por Malpica. Era Mario, o noso profe! Un día Ismaíl preguntoulle ao seu pai Mario, por chamalo dalgunha maneira:

-Papá Mario, podo ir ao bosque Isaac Díaz Pardo a dar unha volta?
-Filliño Ismaíl -dixo Papá Mario-, xa sabes que ese bosque é moi perigoso...

Ben, ao cabo de media hora de discurso de Papá Mario, deixouno ir ao bosque. Cando chegou, viu un camiño que na súa vida vira, e pensou nun libro que lera e nunha frase moi curiosa: "O destino uniu os nosos camiños".
Emocionouse tanto que foi por aquel camiño. Ao final do mesmo, que o pobre Ismaíl recorreu durante media hora, atopou un misterioso ovo. Colleuno e levouno para casa todo entusiasmado.

-Cando llo conte a Papá Mario...! -dixo Ismaíl.

Ao chegar, foi correndo á cociña a beber auga, dous litros exactamente... Pois o esforzo fora ben grande. Despois ensinoulle o ovo misterioso a Papá Mario.

-Ostras! Un ovo enorme! Filliño Ismaíl, queres unha tortilla, ovos estrelados, ovos duros...?

Ismaíl anoxouse un chisco e dixo:

-Como? Vas comer o meu precioso oviño? Vaiche boa! Co esforzo que me custou encontralo, para que vaias ti a papalo!

Papá Mario desculpouse...
Esa noite, Ismaíl decidiu incubar o ovo. A media noite ergueuse porque notou que o pixama estaba húmido.
"Fixen pipí enriba", pensou preocupadísimo Ismaíl... Encendeu a luz e... o ovo escachara! Pero non vía ningún poliño con tres cabezas ou cinco patas. Descubriu un verme noxento. E berrou como fai algunha rapaza cando ve un verme noxento, e chamou a Papá Mario.

-Papá Mario, o ovo escachou e saiu un verme noxento!

Papá Mario, aínda durmindo, ergueuse e mirou o verme e dixo:

-Imos a poñelo en auga. Pobriño, como treme...!

Encheron un caldeiro de auga e metérono dentro.

-Filliño Ismaíl, como o vas chamar?
-Cando medre un pouco máis, elixirei un nome. De momento, non...

Ao día seguinte tanto Papá Mario como o filliño Ismaíl tiñan unhas olleiras de moito coidado.
Ismaíl mirou cara ao animal. Xa tiña as patas e a cabeza ben formada. Distinguíanse dous ollos, unha boca e un fociño. Doulle de comer e púxolle un nome: Drago.
Cando era máis maior, ía facendo pipí por toda a casa e deixaba unha serie de cagallas verdes. E a medida que ía crecendo, íanlle saíndo dous vultiños na espalda cada vez máis enormes. Papá Mario acordouse de que tiña un libro sobre dragóns e dinosaurios. Buscou e rebuscou e ao final atopouno: dragón azulado de ás verdes.

-Boh, a min non me fai falta ese nome tan longo. Chégame con Drago... -dixo con seguridade. 

Ao cabo de dous meses saíronlle unhas ás moi verdes, e el mesmo volveuse de cor azul clara... E xa era moi grande. Entón, Papá Mario díxolle que non o podían ter máis. Ismaíl protestou moito, pero co razoamento de Papá Mario, Ismaíl comprendeu e aceptouno...
Pero encerrouse no seu cuarto e púxose a chorar...
Un día Ismaíl notou a Drago moi inquedo. Pola noite, levouno ao parque. E Drago empezou a brincar e a voar por riba da súa cabeza. Ismaíl entendeuno e preguntoulle:

-Marcharás agora voando?

Drago lanzou un son, un son que Ismaíl non escoitara nunca. Era un son de despedida.

-Pois voa se queres, meu amigo... -dixo chorando Ismaíl.

Drago voou libremente e lanzou o mesmo son de antes, e desapareceu entre as nubes. Ismaíl volveu a casa e Papá Mario, ao ver a cara que tiña, preguntoulle:

-Que che pasa?
-Que Drago marchou, e marchou para sempre...
-E ti como te sintes? -preguntou Papá Mario.
-Triste por min, pero moi contento por Drago.

Entraron na casa e, mentres Papá Mario preparaba algo de cear, Ismaíl contou como fixera Drago para despedirse.

20 dic 2009

Un poema de dos amigas

Dos amigas de Ismaíl, Andrea Casado y María Pazos, escribieron para él este bonito poema. Fue en el año 2007, cuando estaban en 6º de primaria, y que ahora estudian 3º de secundaria. Como María es hermana de nuestra compañera Ana, recordamos estos versos para que ella también se anime a escribir…

¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!
Cuando Ismaíl nació,
todo el mundo se alegró.
Era Ismaíl pequeño,
cuando lo conoció su dueño...
¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!
Ismaíl, nuestro gnomo favorito,
que tiene un gran corazoncito.
Recorrió muchos lugares,
hasta pasó por Buenos Aires.
¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!
Le encantan las aventuras,
pero no las travesuras.
Pasó por Galicia
para visitar a su amiga Olivia.
¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!
En Malpica se quedó,
y a Mario conoció.
En nuestro colegio le gusta estar,
para siempre poder ayudar...

Ismaíl, el gnomo de todos 

19 dic 2009

Hoxe empezamos

Despois de moitos meses de viaxe, Ismaíl está a punto de regresar outra vez. Pero para iso necesita este blog, pois o outro foi unha bonita experiencia que xa rematou. Agora coñecerá a uns nenos e a unhas nenas máis maiores, e aínda que algúns saben cousas da súa vida, quere presentarse antes de chegar. Por iso estou hoxe aquí, para dicirvos que este vídeo é o último que se fixo sobre el. Para o seguinte, desexa contar coa vosa axuda.

Todos os vosos nomes están aquí: Carmen, Alejandro, Daniel, Eduardo, Clara, Pablo, Daniel O., Ana, Cristina, Marta, Eva, Brais, Lidia, Laura, Sandra, Iván, Iván Andrés, Sara, Ángel, Cristina S., Rubén, Antón, Rubén Seoane, Raúl, Lara. E hai que dicir, por suposto, que Sonia Iglesias foi a súa mestra durante este tempo. Recibide de Ismaíl, e tamén da miña parte, un cariñoso saúdo.

Así que, aínda que o aspecto do blog é moi provisional, empezamos…

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización