Desde o ano 2001, coincidindo coa chegada da primavera, cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. O noso blog tamén quere participar nesa homenaxe á palabra poética. Por iso, hai unha nova actividade creada con Google Maps e que se chama Cinco poesías na Ría do Burgo. Investigando ou premendo onde corresponda no mapa, debes averiguar cal é o poema que che correspondeu.
Trátase de que recites esa poesía na clase, diante dos compañeiros, así que terás que lela e aprendela ben. Se o necesitas, inclúese un enlace en cada unha das poesías para que as imprimas en papel. E nese enlace, incluso algunhas foron transformadas en cancións por músicos e cantantes, que podes escoitar e disfrutar. Pero todo iso tes que descubrilo ti mesmo, ou con algunha axuda, claro.
Ver Cinco poesías na Ría do Burgo en un mapa más grande
Os poemas son de poetas diferentes: Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González, Celso Emilio Ferreiro e Uxío Novoneyra. Ao último dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas.
Para rematar, ten en conta a outra actividade que tamén está en marcha desde o noso blog:
17 comentarios:
Ola Ismail eu quero preguntarche se o poema se ten que estudar, ou tamén se pode ler diate da clase.
A min encantáronme as poesías as lin todas son marabillosas, a min me expresaron unha beleza incrible, ao fin e ao cabo son uns verdadeiros poetas e saben elixir ben cada unha das palabras para fascinarnos a todos os seus lectores como o fixeron con migo.
Un saúdo para todos eses poetas que haber se nos seguen fascinando, e para Ismail tamén.
Ao parecer, haberá que recitar estas poesías en público, sen papeis, como facían os xograres medievais. Así que, Lidia, xa sabes...
Por certo, tamén haberá premios para os mellores recitadores de versos.
Saúdos
Grazas Ismail por contestame a miña pregunta eres moi bo.
Un saúdo
¡Os meus parabéns, Ismaíl! ¡Que actividade tan orixinal! Gústame moito como a enfocaches e como integraches o google maps. Paréceme unha ferramenta á que se lle pode sacar moito proveito, como ti acabas de demostrar.
Espero que nos poñas aquí os recitados dos alumnos/as, seguro que o farán moi ben.
Apertas dende Vigo
Co teu permiso, incluirei esta actividade dentro das propostas de actividades para o Día da Poesía, na selección de recursos que teño no meu blog.
Apertas
Mik, as túas palabras son especiais, como a primavera e a poesía. Utiliza o mapa e os versos para o que precises. Aos meus amigos e amigas seguro que lles encantará cando o saiban. Saúdos, e queixo non teño, pero si moitas moedas de ouro e prata...
Hola,me gusta mucho rñ poema de Álvaro, e muchas gracias por dedicarnos esos poemas.
Ana, creo que terás que recitar o poema de Álvaro Cunqueiro na clase. Tamén creo que debes ler mellor o post para entender ben a actividade...
Ismaíl son Brais, eu tamén me enterei do que temos que facer na clase, ou sexa, recitar poemas.Tocoume o de Uxío Noveneyra e e moi bonito.
Ismaíl, e os que non teñan ordenador que faran para recitala na clse? Daraslles un papel coa poesía que lles toca.
Así faremos, Brais, ninguén quedará sen celebrar o Día Mundial da Poesía. As palabras poéticas fan fermosa a unha lingua... Saúdos
Ismaíl creo que e boa idea facer poesías para o periodico así 5.b triunfara mais.
Ese 5
Nos podemos
Veña
Antón, si puedes trae mañana el libro de los 12 trabajos de Hércules que hizo Antía. A Ismaíl le encantaría mostrarlo en el blog. Es que cuando se pone a recordar... Ya sabes, ¡cosas de gnomos!
Ola Ismail, pareceme moi orixinal que a cada persoa dunha zona lle tocara un diferente poema. A... E por certo, o que me tocou a min gustame moito!
Pois a min, Eduardo, encántame que che guste a poesía. A min tamén... Saúdos!
Mario estou a practicar o poema de Álvaro Cunqueiro que porcerto e un gran poeta.Ademais aver se a estudo, e maña a recito xunto a Lara e maís Laura. Que tammén espero que elas a estuden, e así facemos un trio de nenas poetas. A gañar os nenos que se creen os mellores, por certo a Carmen,Marta e maís Eva fixeron de maravilla o poema, pero Carmen devería baixar a voz, e así oiriase maís a Marta e a Eva.Ou será que elas baixan a voz para que se lle escoite mellor a Carmen?. Non o sei pero espero que non sexa por eso porque fixo que lle quedaría moito mellor. E menos mal que os poemas son diferentes porque se non viviriamos todos na mesma casa. Sería un pouco raro, ou non?. UN BICO MARIO
Información importante: Todos recitaron a súa poesía. Ademais, de maneira voluntaria, un neno recitou 2; seis nenos e nenas recitaron 3; e Marta e Antón recitaron 4 poesías cada un... Noraboa a todos!
Publicar un comentario