As fotos de Sandra e de Clara, que amablemente enviáronas por correo electrónico. Como son tan emotivas, non vou dicir nada máis. Só que talvez a presentación vaia cambiando, se chegan máis fotos…
19 jun 2011
17 jun 2011
A festa da despedida
Hoxe celebrouse no colexio o acto de graduación para os alumnos de 6º de primaria. A participación das familias foi moi importante, e sen elas nada sería posible. Reunímonos no ximnasio do centro para ver una proxección de fotos, unha presentación de diapositivas, para cantar e para máis cousas, porque era un día de alegría. Claro que tamén falaron os mestres, pero nesta ocasión só foi un pouquiño. Eu, por exemplo, entre outras cousas, dixen:
… Para min é un pracer estar aquí con todos vós. Foron dous cursos intensos e emocionantes, con moito traballo, que sempre intentamos resolver. E agora que se fala de Internet como o cambio máis grande que se está a producir na educación, entramos e estivemos alí, a pesar das nosas dificultades. No blog de aula quedará a memoria destes dous anos, deste tempo: o que contaron, o que fixeron, o que soñaron. Certamente forman un grupo de rapaces e rapazas moi bo, como demostraron moitas veces, por exemplo, en Alvarella. Por iso, os seus mestres tamén aprendemos con eles. Espero que eles aprenderan algo de nós…
Os nenos e as nenas de 6º B, na voz de Sandra e de Brais, tamén falaron. Isto é un resumo do que dixeron:
… Estes anos, que para moitos foron nove, no Isaac Díaz Pardo aconteceron un montón de cousas. Houbo alegrías e situacións complicadas, emocións e felicidade, soños e, por suposto, algunhas trasnadas que nunca esqueceremos. Tamén fixemos moitos amigos. E a pesar de que algúns xa non están aquí, sempre terán o noso recordo nun lugar dos nosos corazóns… Por último, temos un recordo moi especial para os nosos pais e as nosas nais. Porque nos apoiaron e axudaron para seguir adiante, e para que cada vez nos superásemos máis, ata nos momentos máis difíciles…
Despois houbo unha pequena festa, onde falamos de todo, as familias, os mestres e os nenos. Tamén fixemos moitas fotos. O ambiente estivo, desde o principio, cargado de emoción, de moitísimas emocións. Porque, a fin de contas, o acto de hoxe non significou o final de nada; foi o inicio de algo novo. Ismaíl está seguro.
Por esa razón, agradecemos toda a atención prestada polas familias ao longo destes dous cursos. O que sucedeu hoxe non é máis que a confirmación de todo o que escribín neste post.
9 may 2011
Letras Galegas 2011
Este ano, o Días das Letras Galegas está dedicado ao escritor Lois Pereiro. Nesta actividade, mentres xogas, podes aprender un montón de cousas sobre a súa vida.
Preme aquí para velo nunha imaxe máis grande.
Pero o noso Brais tamén investigou e preparou esta interesante presentación para todos.
5 may 2011
Os cumpreanos
Como é normal, durante este curso xa houbo varios cumpreanos. Algúns tamén se celebraron na clase, e onte mesmo así ocorreu co de Lara, que por iso invitounos a chuches. Pero este post quere ser para todos aos que xa felicitamos, aínda que só apareza a súa foto.
Se lembras os nomes dos que cumpriron anos, escríbeos nunha mensaxe para que non se perda ese feito. Despois, atrévete co crebacabezas de Lara, que está composto por 24 pezas.
1 may 2011
Para todas las mamás
El viernes fue un día de nervios. A través de nuestro blog, y por supuesto usando el correo electrónico, preparamos un regalo para todas las madres. La idea fue de Sara, que además se encargó voluntariamente del poema; y Álex se apuntó con rapidez y realizó una presentación maravillosa. Todo por ellas…
Una madre es la que te quiere
antes de nacer.
Una madre es la que te cuida
día a día,
la que sin pedirte nada a cambio
te entrega toda su vida.
la que te educa
para que seas buena persona.
Una madre es grande,
buena y sabia,
y, sobre todo, es la mejor.
PARA TI, MAMÁ,
EN ESTE DÍA TAN ESPECIAL.
Ismaíl, que ha llegado de lejos, también quiso participar y por eso les dedica una canción. Si quieres escucharla, pincha aquí.
18 mar 2011
O entroido que marchou
Menos mal que as nais de Laura e de Sandra estiveron ben atentas, e coa cámara preparada, e así podemos presentar o noso vídeo do Entroido. Sabemos que chega cun pouco de retraso, e o sentimos, pero creo que valeu a pena. Ah, e lembrade que estamos en YouTube…
27 feb 2011
O Entroido
Esta é a semana do Entroido, que rematará o venres co desfile habitual. Pero antes pasarán moitas cousas. Por exemplo, as consignas para disfrazarse o mércores e mais o xoves, a proba de filloas e de orellas, e especialmente a preparación do noso disfrace de socorrista.
Mentres todo iso chega, demostra o que sabes desta festa e da súa celebración en Galicia.
(vía Casa de tol@s)
30 ene 2011
Na memoria de Gandhi
Mediante a colaboración “online” entre Brais, Alejandro e mais Ismail, temos unha marabillosa presentación para o Día da Paz. Aínda que o colexio celebrouno o venres pasado, nós gardamos esta sorpresa para hoxe.
Para completar este post, debes saber que abrimos un novo taboleiro para avisos e comunicados. Pero este parece mellor, pois permite que haxa un para cada actividade. O primeiro está dedicado, por suposto, ao Día da Paz. Deixa as túas palabras para que as lea todo o mundo…
28 ene 2011
Paz, Peace, One Love
Cada 30 de enero, en el aniversario de la muerte de Mahatma Gandhi, se celebra el Día Escolar de la No Violencia y la Paz. Porque dicen que si nos unimos, seremos de verdad más fuertes. Igual que este grupo de músicos populares, incluso alguno ya famoso, que se unieron para cantar y grabar esta hermosa canción de Bob Marley. Pero lo hicieron como una única voz alrededor del mundo, pues nuestro mundo es sólo uno…
6 ene 2011
A película do día de Reis
Big Buck Bunny trátase dun pequeno vídeo de animación que está protagonizado por un coello. Pero é grande, moi grande, case un xigante. Unha das cousas que ensina a película é que todos os nosos actos traen consecuencias, e que por iso debemos pensar antes de actuar. Creo que xa falamos diso máis dunha vez…
Big Buck Bunny from Blender Foundation on Vimeo.
1 ene 2011
A ella le hubiera gustado
Aunque con un poco de retraso, os mostramos la prometida presentación que hicieron Clara y Cristina Sánchez. Hubo que pequeño problema, pero no se pudo arreglar hasta hoy mismo. Lo sentimos.
24 dic 2010
De parte de Álex
En el blog de Alejandro encontré esta bonita presentación, que sirve para celebrar las fiestas de estos días. Me gustó mucho, aunque también me enseñó un pequeño problema.
Tengo que ir al colegio y recoger a Ismaíl, por si ocurre lo que nos cuenta…
22 dic 2010
¡Feliz Navidad!
Cuando Ismaíl supo que Ana nos había hecho una foto, exigió que hiciese un post con ella. Me escabullí como pude, evitando una y otra vez el asunto. Pero hoy me he rendido, ya que me avisó muy seriamente. Dijo que si no la mostraba, cuando despertase, me vería en el espejo como un horrendo sapo. De pensarlo, siento escalofríos…
Aprovecho la ocasión para recomendar dos blogs. Uno, el de Álex, ya lo conocemos aquí; pero el otro, de Pablo, Iván y Daniel Ondina, es la primera vez que lo anunciamos.
16 dic 2010
Pequena fábrica de literatura
O de Polgariño conta xa non hai quen o pare. Cada día escribimos máis, de moitas maneiras, e o uso do ordenador tamén está incluído no proxecto. A nosa pequena fábrica de literatura acaba de nacer.
- Unha desaparición inesperada, de Brais Ramos Pérez.
- En certo país moi afastado, de Sandra Rivadulla Llerafo.
- A Bruxa das penumbras, de Alejandro Costa Suárez.
- A bruxa Coruxa, de Daniel Martínez Veiga.
- O castelo tenebroso, de Pablo Novás López.
- O castelo da raína, de Laura Rial Almeida.
- O Mundo dos Soños, de Antón Seijas Vieites.
- Clara, de Sara Roibal López.
- A princesa e os animais, de Cristina Sánchez García.
- Un día moi especial, de Clara Muñiz Iglesias.
- El sueño de Lucas, de Lidia Rañales Rodríguez e Amna Jamal Mansour.
Pero, que sería sen a colaboración das familias? Talvez habería outros resultados menos positivos, aínda que a escritura mantería a súa importancia. Por iso, creo que a nosa primeira felicitación de Nadal debe ser para as nais e os pais. Así que para todas as familias de 6º B, e tamén para o colexio, os nosos mellores desexos…
26 oct 2010
Halloween, halloween!
Xa falta pouco para esta celebración, que ocorre durante a noite do 31 de outubro. Ao parecer, a súa orixe está na festividade celta do Samhain, na antiga Irlanda. E despois pasou co nome de Halloween ao Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e a outros sitios. Foi Lara quen nos lembrou que chegaba ese día. Así que este post, e por primeira vez, ten unha dedicatoria…
- Recursos para o Samaín, de Bulebule pola biblio, o blog da biblioteca do colexio.
- Máis recursos, desde o CEIP Víctor Sáenz.
- Prepárate… con historias de miedo, do Club Kirico.
- Escritura creativa, de Orientación Andújar.
- Para colorear, de abcteach.
- Mandalas para colorear, de Fantasy jr.
- Máis debuxos e outras cousas, desde o famoso Recanto de Mik.
Por último, de novo Ismaíl quere agradecer a axuda que recibe para conservar e defender o seu tesouro. Hoxe felicita a Marta (de 4º A), a Brais, a Sara, e tamén a Lara.
5 jun 2010
Día Mundial do Medio Ambiente
Todos os 5 de xuño, desde 1973, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Pero nos últimos tempos, cada ano que pasa parece que hai máis motivos para esta celebración. Así, por exemplo, neste enlace podes ver como diminuiron algúns glaciares, ou como se secaron algúns lagos, ou incluso como algunhas montañas perderon o seu xeo e as súas neves… Moitos científicos non o dubidan: os humanos somos os principais responsables deses cambios que se están a producir na Terra.
Pero ti aínda es capaz de facer moitas cousas. Seguro que é certo. Entón, que farás polo teu planeta? Observa esta película e opina.
Este vídeo naceu a paritr dalgunhas imaxes que xa presentamos aquí: O planeta azul. Ten en conta que reutilizar e reciclar son dúas palabras que favorecen a conservación do noso medio ambiente. Xoga e aprende nestes enlaces:
- Honoloko, un xogo sobre medio ambiente.
20 may 2010
Rueda que irás muy lejos
Este año se celebra el nacimiento de Miguel Hernández, poeta y escritor, que murió en la cárcel después de terminada la Guerra Civil que hubo en España. Aquí tienes una de las poesías que escribió. En ella, le habla de la vida y la esperanza a su hijo, mientras él estaba preso…
| Rueda que irás muy lejos. |
|
Te planteamos una actividad que ya conoces, y otra más especial. Tienes que leer muy bien el poema, para aprenderlo y poder recitarlo en el aula. Luego, formas un equipo con algunos compañeros y compañeras y preparáis algo diferente: un recitado colectivo, una presentación con imágenes y música, una grabación de voces, etc. ¡Maravilla a tu clase! ¡Sorpréndenos!
14 may 2010
Voces novas para Uxío
Moitos versos de Uxío Novoneyra andan pola nosa aula, xunto cos debuxos que se están a facer. Incluso alguén trouxo a obra titulada Os Eidos da colección familiar. Así que, para presentar máis gravacións no blog, neste post agrupamos en dous arquivos as novas lecturas dos nenos.
1) Clara Muñiz Iglesias: Vai polo monte o camiño
2) Brais Ramos Pérez: Fiandeira namorada
3) Lidia Rañales Rodríguez: Eí vein os cordeiros
4) Rubén Seoane Darriba: Cain as follas
1) Eduardo Mora Romero: Fontiña do Carabel
2) Ana Pazos Blanco: Cai a neve
3) Rubén Sánchez López: Canta o cuco
4) Sara Roibal López: Fiandeira namorada
5) Daniel Martínez Veiga: Neva
Se queres descubrir o que Clara, Brais, Lidia, Rubén Seoane, Eduardo, Ana, Rubén Sánchez, Sara e Daniel Martínez desexan ser de maiores, preme na imaxe e búscaos. Non te perderás!
13 may 2010
Si, si… Probando!
O escritor Uxío Novoneyra serviunos para realizar as nosas primeiras gravacións de voz. Aproveitamos os seus versos, pois a ese poeta se lle dedica o Día das Letras Galegas, e así cada un dos nenos e das nenas escolleu os poemas que quixo, ao seu parecer. O importante era saber recitalos na clase, para todos os seus compañeiros, como cando celebramos o Día da Poesía.
Por tanto, aquí están algunhas desas primeiras gravacións, pero que non serán as últimas. Agora só falta probar a cámara de vídeo. Xa temos algunhas ideas, pero iso é outra historia…
Antón Seijas Vieites: Letanía de Galicia
Sandra Rivadulla Llerafo: Fiandeira namorada
Se queres descubrir o que Sandra e Antón desexan ser cando medren máis, preme en calquera das imaxes e búscaos.
12 may 2010
Publicar e compartir
A nosa aula, como di un amigo que se chama Fernando García Páez, tamén crea e produce materiais, que ás veces publicamos e compartimos en Internet. Como esta fermosa presentación dedicada ao escritor Uxío Novoneyra, que prepararon Brais, Lidia e Eva. Traballaron moitísimo, con esforzo e con ganas, e por iso quedou tan ben.
Ah, ninguén quere que Ismaíl deixe de compartir o seu tesouro. Esta vez recibiu a axuda de Cristina Sánchez, Clara, Brais e a súa irmá pequena Saleta, que está en infantil. Así, o seu tesouro nunca se esgotará…
Localización




