Ao remate de cada curso publico un post que anuncie ese final. Gústame facelo con algunha presentación ou vídeo, como o ano pasado. Talvez suceda o mesmo, ou talvez non; Ismaíl aínda non o sabe.
Pero hai outra opción. Durante a festa de despedida cantaron unha canción para as súas familias. Sabiamos desa canción e desa poesía desde quinto, cando a dixemos. Agora, en vídeo, paréceme unha bonita despedida…
Creo que esta será a última sorpresa de Polgariño conta. Pero é unha auténtica súper sorpresa, pois unha das súas historias agora é unha película de máis de cinco minutos de duración. Naceu a partir dun conto imaxinado e escrito por Antón, e que titulou Margarida, a nena ecolóxica. Ao igual que na anterior historia dixital, O cofre máxico, participou e colaborou toda a clase.
De novo, agradecemos na dirección de imaxe e fotografía o traballo realizado por Marta. Sen ela, nada semellante sería posible…
Aquí está un novo post dun equipo de redacción. Creo que esta vez tiñan moito que contar e que dicir. Por iso, seguro que este vídeo resulta un pouco especial…
Pasamos catro días en Alvarella. Chegamos o martes, 31 de maio, ás 11 da mañá, e apareceron os monitores: Jorge, Cris e Yoli, e depois Ana e Isa. A nosa primeira actividade foi unha marcha polas fragas do río Eume. Fixemos un montón de quilómetros. Cansámonos, pero aprendimos moitas cousas. No camiño paramos para comer de pícnic. Volvimos para Alvarella e realizamos un obradoiro de árbores moi divertido.
O segundo día estivemos na piscina para darnos un chapuzón. Houbo un obradoiro de papaventos e pola noite fixemos un xogo nocturno, na escuridade… Que medo!
O terceiro día, pola mañá, fomos ata o castelo de Andrade e tamén á igrexa de Santa María de Doroña. Pola tarde, de novo, bañámonos na piscina… Que guai! E fixemos un salvamanteis. Esa noite houbo uns xogos especiais, como o lindo gatiño, a familia numerosa e o baile no periódico.
O cuarto día, o último, fixemos un obradoiro de perfumes. Ao noso acordamos chamalo Pure Colour. Despois recollimos as habitacións e, por suposto, despedímonos de Bobi, Cuca e Greta, as mascotas de Alvarella.
Ao colexio regresamos un pouco tristes o 3 de xuño. Pois queriamos quedar alí! Nunca esqueceremos a nosa aventura de fin de curso…
O pasado fin de semana disputáronse as finais do Campionato da Liga Intercomarcal de Baloncesto. Algúns dos gañadores foron os alevíns masculinos do CBC (Club Baloncesto Culleredo), nos que estaban os nosos compañeiros Antón Seijas Vieites e Daniel Martínez Veiga. E tamén triunfaron os benxamíns do CBC, que ademais resultaron gañadores da liga da Coruña. Entre eses xogadores benxamíns estaban os irmáns pequenos de Sandra e de Marta.
Para que vexades o gran esforzo que fixeron e o ben que o pasaron, aquí tedes un espectacular vídeo.
[Sandra]
Nota: Ah, hai unha cousa que esquecín ao preparar este post. Trátase dunha bonita e sorprendente foto que preparou Ana para os dous deportistas nosos…
Para o Día Mundial da Auga, prepararon unhas cuñas de radio para promover o seu consumo responsable. En colaboración co Concello de Culleredo e coa súa radio, foi unha tarefa que desenvolveu a profesora Carmen Baña. Sobre todo, cos alumnos da asignatura alternativa á Relixión, pero ao final logramos que participara a maioría. Aquí están as súas voces…
El viernes fue un día de nervios. A través de nuestro blog, y por supuesto usando el correo electrónico, preparamos un regalo para todas las madres. La idea fue de Sara, que además se encargó voluntariamente del poema; y Álex se apuntó con rapidez y realizó una presentación maravillosa. Todo por ellas…
Una madre es la que te quiere antes de nacer. Una madre es la que te cuida día a día, la que sin pedirte nada a cambio te entrega toda su vida. la que te educa para que seas buena persona. Una madre es grande, buena y sabia, y, sobre todo, es la mejor.
Parece incrible, pero a cantidade de historias de Polgariño conta é grande, moi grande. Xa pasan de 190 contos! Cada neno e cada nena ten todos eses relatos no seu propio cartafol de traballo, xunto coas súas ilustracións. Pero no sitio de Polgariño en Internet non están todas as historias, pois cada quen decide o momento de envialas. Así que hoxe coñeceremos as cifras de todos:
Carmen (2); Sofía (2); Álex (8); Amna (2); Daniel Martínez (6); Clara (6); Pablo (5); Daniel Ondina (2); Ana (3); Cristina Pena (2); Marta (2); Eva (2); Brais (8); Lidia (2); Laura (8); Sandra (8); Iván (1); Andrés (2); Sara (8); Cristina Sánchez (2); Rubén Sánchez (2); Antón (8); Rubén Seoane (2); Lara (3).
Eses números indican que só os que teñen oito historias publicadas completaron todo, porque se esforzaron. Son: Alejandro, Brais, Laura, Sandra, Sara e Antón. As tres nenas e os tres nenos merecen tres moedas de ouro cada un, por ese traballo tan estupendo.
Para os demais, e desde este momento, hai a obrigación de cumprir. Trátase dunha nova tarefa. Tedes que voar pola imaxinación e a fantasía igual que os seis fantásticos exploradores que xa o fixeron…
O día 23 de abril é importante, celébrase o Día Mundial do Libro. Por iso neste post falamos duns bocatas moi especiais, de bocatas que antes foron libros para ler. Pola lectura incluso bailamos ao final do pasado curso, como fixeran nun instituto americano, e todo o noso colexio quedou sorprendido.
Aquí están algúns dos libros que foron lidos, os seus bocatas e a música.
Este post tiene una dedicatoria muy especial. Es para todos los amigos de Ismaíl, especialmente para los niños y niñas de 6º B y sus familias. Pero también para aquellos que lo han conocido, en este colegio o en otro lugar. Él sabe que nada sería posible sin vuestra presencia..
Din que cando un neno ou unha nena non le, a imaxinación desaparece. Por esa razón, abrir un conto é como abrir unha porta a un mundo imaxinario. E cando esa porta se abre, acontecen cousas inesperadas. Por exemplo:
Alguén fala coa Lúa ou pide un desexo a unha estrela fugaz. Talvez a esperanza perdida é recuperada nun bosque encantado. Ou ao mellor un bico transforma en príncipe unha ra verde. E aparece unha fada madriña que converte unha cabaza nunha incrible carroza…
Tamén hai recordos e bágoas, e a inspiración dos mundos marabillosos levántase, vitoriosa, como unha ave fénix. E renace das súas cinzas. Por iso, é necesario explorar a porta dos contos, que tamén é a porta dos soños. Debemos escoitar a súa canción, e bailar, e bailar como un dervixe…
Así, para que a imaxinación chegue, hai que abrir esa porta. E nós acabamos de abrila. Está en Polgariño conta, o seu nome é O taboleiro fantástico.
Agora son Daniel Martínez e Clara os que len para Polgariño conta. O procedemento para inventar as súas historias foi o mesmo que se explicaba nun post anterior. Os seus títulos son os seguintes:
As historias naceron para ser contadas e tamén lidas, e así pasa en Polgariño conta, o noso proxecto de escritura. Marta e Sara len dous dos seus contos, que inventaron coas palabras poderosas torre, unicornio, xigante, ouro e porto. Despois engadiron dous nomes: Sofía e Daniel. E con esas sete palabras crearon as dúas bonitas historias que nos presentan neste novo vídeo: O sono extraño e Sofía e Daniel.
Menos mal que as nais de Laura e de Sandra estiveron ben atentas, e coa cámara preparada, e así podemos presentar o noso vídeo do Entroido. Sabemos que chega cun pouco de retraso, e o sentimos, pero creo que valeu a pena. Ah, e lembrade que estamos en YouTube…
Estamos a reorganizar algúns materiais audiovisuais do blog no noso Canal YouTube. O pasado curso, Lidia, Laura e Brais gravaron en vídeo e nos seus ordenadores o recitado dun poema de Miguel Hernández: Rueda que irás muy lejos. Agora, xunto con outras imaxes variadas, mesturamos todo e facemos unha publicación nova.
Ademais, ao parecer xa non funciona moi ben o sito onde tiñamos as outras gravacións. Así que no noso canal de vídeo seguro que estarán mellor gardadas.
O noso proxecto de escritura Polgariño conta segue a dar sorpresas. Un dos seus contos, O mundo máxico, inventado e escrito por Alejandro, foi transformado por toda a clase para facer a nosa primeira historia dixital. E estamos moi orgullosos do traballo!
Aproveitando os días de Entroido, fixemos unha adaptación de relato de Álex. Usamos materiais sinxelos, como unha cámara de fotos normal pero con capacidade para gravar vídeo. E aquí está o resultado. Disfrutade coa nosa película! Hollywood, mira!
Onte estivemos na Fundación Caixa Galicia para coñecer a exposición dedicada a Luís Seoane, un dos grandes pintores e artistas galegos do século XX. Ao finalizar a visita, asistimos a un pequeno obradoiro de deseño e gravado de carteis, que resultou moi interesante.
Marta, que é unha boa fotógrafa, fixo unhas estupendas fotos e un impresionante vídeo. É o primeiro que preparamos para compartir! Por iso, a Escola de Ismaíl tamén está agora en You Tube.
Parece incrible, é certo, pero xa temos máis de 150 historias imaxinadas e escritas no proxecto de Pogariño conta. Non están todas en internet, no seu sitio web, pois non hai ordenadores na aula para conseguir iso. Os que se poden ver e ler, foron enviados por correo electrónico e xa preparados para a súa publicación.
Así que a gran maioría dos contos aínda non están dispoñibles, pero o noso desexo é compartir todas esas historias. Están aquí:
Sabemos que hai máis historias case preparadas, e que Polgariño conta aínda non rematou. Se temos a sorte necesaria, co noso esforzo, e tamén con algunhas axudas, poderemos acadar o éxito. Así talvez Polgariño e os seus amigos sobrevivirán…
Cada 30 de enero, en el aniversario de la muerte de Mahatma Gandhi, se celebra el Día Escolar de la No Violencia y la Paz. Porque dicen que si nos unimos, seremos de verdad más fuertes. Igual que este grupo de músicos populares, incluso alguno ya famoso, que se unieron para cantar y grabar esta hermosa canción de Bob Marley. Pero lo hicieron como una única voz alrededor del mundo, pues nuestro mundo es sólo uno…