28 oct 2010

Lengua, Mates, Medio (3)

Actividades especiais para a Unidade 3, e tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas
Coñecemento do Medio

26 oct 2010

Halloween, halloween!

Xa falta pouco para esta celebración, que ocorre durante a noite do 31 de outubro. Ao parecer, a súa orixe está na festividade celta do Samhain, na antiga Irlanda. E despois pasou co nome de Halloween ao Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e a outros sitios. Foi Lara quen nos lembrou que chegaba ese día. Así que este post, e por primeira vez, ten unha dedicatoria…

Por último, de novo Ismaíl quere agradecer a axuda que recibe para conservar e defender o seu tesouro. Hoxe felicita a Marta (de 4º A), a Brais, a Sara, e tamén a Lara.

21 oct 2010

El circo de la mariposa

O título do post esconde unha película moi especial. The Butterfly Circus é o seu nome en inglés, que sería O circo da bolboreta en galego. Un dos actores protagonistas é alguén que xa coñecemos: Nick Vujicic. A película gañou no 2009 o primeiro premio do concurso The Doorpost Film Project. Participan películas de curta duración, como que a que presentamos hoxe, e que traten os valores humanos que son máis universais. Por exemplo, a amizade, a confianza, o esforzo, a motivación… É dicir, a vida.

Disfruta e sorpréndete. Ti tamén podes ser unha bolboreta!

The Butterfly Circus

Canto máis dura é a loita máis glorioso é o triunfo.

19 oct 2010

Nunca digas que non podes

Neste pequeno vídeo, un mozo chamado Nick Vujicic cóntanos algo da súa vida. A pesar das imaxes, non che será fácil deixar de mirar mentres escoitas a súa sinxela historia. Pero cada unha das súas palabras resoará con forza. E as súas imaxes seguro que permanecen despois de que todo remate e chegue o silencio.

Carl Sagan, o científico americano que xa coñeces, dicía que a nosa orixe está na materia cósmica que viaxa polo Universo. Se iso é así, creo que Nick Vujicic naceu coa mesma luz das estrelas…

Así que, cando te sintas un pouco desanimado, lémbrate de NIck. Ao igual que el, ti tamén es forte e intelixente. Usa o teu poder. Confía en ti e fai todo o que sabemos que es capaz de facer. E non digas que non podes.

Pénsao ben!

16 oct 2010

Tanta xente boa!

Ismaíl está seguro de que poderá conservar sempre o seu tesouro. Despois dun verán moi longo e de viaxar por medio mundo, os seus recursos empezaban xa a faltar. E había o perigo de que non tivese nada máxico que ofrecer cando alguén o precisara.

Pero entón apareceron os seus amigos e amigas. Empezaron a traer de todo: caramelos de todos os sabores, fermosas xoaniñas de chocolate e, por suposto, moitas moedas de ouro.

As moedas do tesouro

O seu tesouro de novo está a salvo! Polo menos será así mentres siga recibindo tanta axuda de tanta xente boa: Ana, Carmen, Sara, Laura, Clara, Lara, Antón, Sofía, Sandra, e tamén Alicia (4º A).

14 oct 2010

Lengua, Mates (2)

Actividades especiales para la Unidad 2, y también algunas tareas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Matemáticas con Mario 2

6 oct 2010

O irmán de Lara

Mentres nos preparamos para ler e escoitar os traballos sobre o post titulado Un puntiño no universo, hai que seguir. E hoxe falaremos do irmán de Lara. Lucas, que é como se chama, ten cinco anos e, ao parecer, xa sabe o nome de moitos países e as súas capitais. Lara trouxo hoxe un dos seus atlas, un fermoso libro que se titula Atlas del mundo. Creo que Ismaíl está pensando na maneira de coñecelo, talvez facéndolle unha invitación para que veña pola aula. Se é así, hai que empezar a practicar. Debe saber que os nenos e nenas de 6º tamén saben xeografía… Ou non?

O atlas de Lucas

5 oct 2010

Un puntiño no universo

Carl Sagan foi un científico extraordinario. Realizou e presentou unha das mellores series de televisión sobre o universo, Cosmos. Aínda hoxe é moi vista en sitios como YouTube e noutros semellantes que existen na rede mundial que forma Internet. Aquí tes un pequeno exemplo do seu traballo.

Logo de atender ben e de escoitar a súa voz, e, sobre todo, despois de ler a traducción das súas palabras, pensa no que che acaban de dicir. O noso planeta non é máis que un puntiño perdido no medio do universo.

Na libreta de Coñecemento do Medio, como remate da Unidade 1, elabora un breve texto sobre este vídeo: o que significou para ti, a túa opinión sobre o que liches e entendiches, o que estarías disposto a facer por este mundo que é único e tan fráxil. Lembra o último post que tratou esta unidade e o contido da etiqueta denominada medio.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización