29 dic 2010

Repasa un pouco e xoga

Durante unhas vacacións, debes ter tempo para moitas cousas. Por esa razón, tamén hai que repasar un pouco, e así demostrarás que sabes organizarte. Este post coas unidades do trimestre foi anunciado, e por iso aquí está. Non esquezas nada do aprendido!  Así que, sen deixar de pensar nos Reis Magos, repasa un pouco:

UNIDADE 1 - UNIDADE 2 - UNIDADE 3 - UNIDADE 4 - UNIDADE 5

Lembra, ademais, outras dúas cousas: primeira, os problemas de mates terán forma de traballo, ou non se recollerán; segunda, encárgate dos teus asuntos de clase pendentes (por exemplo, Polgariño conta). Todo iso será reclamado.

Por último, sabes que no blog gustan as sorpresas, como os xogos que hai debaixo. Pero tamén nos gustan na aula. Prepara algunha, é mellor…

Juegos Educativos Acertijos y juegos de inteligencia
Aprende jugando Juegos Infantiles

24 dic 2010

De parte de Álex

En el blog de Alejandro encontré esta bonita presentación, que sirve para celebrar las fiestas de estos días. Me gustó mucho, aunque también me enseñó un pequeño problema.

Tengo que ir al colegio y recoger a Ismaíl, por si ocurre lo que nos cuenta…

22 dic 2010

¡Feliz Navidad!

Cuando Ismaíl supo que Ana nos había hecho una foto, exigió que hiciese un post con ella. Me escabullí como pude, evitando una y otra vez el asunto. Pero hoy me he rendido, ya que me avisó muy seriamente. Dijo que si no la mostraba, cuando despertase, me vería en el espejo como un horrendo sapo. De pensarlo, siento escalofríos…

Bo Nadal!

Aprovecho la ocasión para recomendar dos blogs. Uno, el de Álex, ya lo conocemos aquí; pero el otro, de Pablo, Iván y Daniel Ondina, es la primera vez que lo anunciamos.

19 dic 2010

Bocatas de lectura

Xa está en marcha unha nova edición dos bocatas de lectura, que este curso inclúe as viaxes de Cincenta. E dicir, que a elaboración de bocatas pode ser maior que nunca.

E como remata o primeiro trimestre, hai que dicir algo do noso PLC, ou Programa de Lectura na Casa. Así que chegou o momento de falar do cumprimento dos seus obxectivos. Despois de analizar os resultados, a nosa mellor noraboa para os seguintes nenos e nenas, polos seus propios méritos:

Alejandro, Amna, Daniel Martínez, Clara, Ana, Cristina Pena, Eva, Brais, Lidia, Laura, Sandra, Antón e Lara.

17 dic 2010

Máis alto e máis forte

Hoxe avanzamos un pouco máis en Polgariño conta, pois agora o binomio simbólico é o noso seguinte obxectivo. Con el, inventaremos máis historias. Basicamente está formado por dous elementos:

  1. Unha selección de palabras poderosas, por exemplo: perla, ananos, Lúa, fonte, lobo, lume e flor.
  2. Unha selección de palabras actuais, da vida moderna. Escolléronse as seguintes: internet, viaxes espaciais, pelota, voar, centro comercial, móbil e libros.

A continuación, e imitando a Gianni Rodari, hai que elixir unha palabra de cada grupo. Esa parella de palabras, o binomio simbólico, ten que servir para imaxinar un conto. Aquí está o primeiro deses binomios:

[ ananoscentro comercial ]

Así que, non o dubides, anímate e fai como o neno deste vídeo: traballa duro, máis alto e máis forte, para escribir unha boa historia. A clase enteira está agardando, xa o sabes…

16 dic 2010

Pequena fábrica de literatura

O de Polgariño conta xa non hai quen o pare. Cada día escribimos máis, de moitas maneiras, e o uso do ordenador tamén está incluído no proxecto. A nosa pequena fábrica de literatura acaba de nacer.

Pero, que sería sen a colaboración das familias? Talvez habería outros resultados menos positivos, aínda que a escritura mantería a súa importancia. Por iso, creo que a nosa primeira felicitación de Nadal debe ser para as nais e os pais. Así que para todas as familias de 6º B, e tamén para o colexio, os nosos mellores desexos…

Feliz Nadal!

14 dic 2010

Lengua, Mates, Medio (5)

Actividades especiais para a Unidade 5, que xa coñeces. Pero tamén hai algunhas tarefas de repaso, e algunha para alumnos maiores, da ESO...

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Clases de palabras, 1º de ESO

Aquí tes unha actividade extra, é dicir, extraordinaria.

11 dic 2010

Escribindo historias

No anterior post xa comentamos a importancia de escribir. Por iso apuramos a continuación de Polgariño conta, o noso proxecto de escritura. Así que é necesaria a túa participación, para crear, producir, publicar e compartir. Non o esquezas!

A partir de hoxe, e sempre que che sexa posible, pasa as túas historias a word ou a algún programa semellante. Incluso podes escanear unha parte dos teus traballos feitos a man. Se despois envías todo iso ao correo de Ismaíl, case de maneira automática aparecerán no sitio de escritura que temos. E os demais saberán das túas historias e do teu traballo, e tamén da nosa aula.

ismailaqui@gmail.com

Recursos para inventar e escribir:

As fórmulas da marabilla: Utilizas as que prefiras, e como queiras, claro. Podes cambialas se é preciso.

As palabras poderosas: 1) castelo; 2) río, trono; 3) rosa, escuridade, león, rocha; 4) Sofía, Daniel, torre, unicornio, xigante, ouro, porto.

Benvidos, Bienvenidos, Welcome!

4 dic 2010

Hai que contar!

O proxecto Polgariño conta empezou o curso pasado. Xa que nunca desapareceu do blog, estas últimas semanas reiniciamos a súa andaina, despois de usar Storybook Weaver en setembro e outubro. Como coincidirá no tempo con Cincenta ao redor do mundo, parece unha boa idea que estean xuntos, Polgariño e máis ela. Así que será deste xeito. Con Cincenta leremos contos ao mesmo tempo que andamos pola Terra; e con Polgariño inventaremos e escribiremos historias, e, se é posible, usaremos o ordenador e os recursos de internet. En todo caso, escribir é sempre escribir, non importa como se faga, importará o que se exprese.

Para imaxinar esas historias, de momento utilizamos as fórmulas da marabilla e as palabras poderosas, que nacen do universo dos contos. Cada quen xa empregou as fórmulas de inicio e saída que mellor considerou. E en canto a esas palabras poderosas, case máxicas, escolléronse as seguintes: castelo; río e trono; rosa, escuridade, león e rocha. Con elas, coa súa forza, cada neno e cada nena comezou a inventar os seus tres primeiros relatos.

Por último, lembra que temos unha tarefa que cumprir no mapa de A volta ao mundo en 80 contos. Esta vez elixiches o teu continente preferido, e agora debes buscar un conto para ler e narrar na clase. Sorte!

2 dic 2010

Ao redor do mundo

A nosa viaxe ao redor do mundo con Cincenta continúa. Só coa axuda dos contos, fomos cara ao leste para saber doutra cincenta de ollos achinados. O peixe da felicidade resultou ser a súa historia, e Ye Xian o seu nome. Creo que se fixeron algúns peixiños ben lindos, e que as familias disfrutaron coa sorte que se pediu para elas.

Unha mañá, e desde as terras da China, chegaron ao antigo Exipto, ao país das pirámides. No río Nilo, que atravesa o deserto de África, coñecimos a Rhodopis. Foi unha escrava grega que tamén logrou ser unha raíña. Agora mesmo están a rematar uns elaborados e preciosos cómics para contar, de novo, a súa historia.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización