As actividades que fixemos ao redor do Día Mundial da Poesía empezan a dar froitos. Estes dous poemas voluntarios son un exemplo moi fermoso. Ao igual que sucedera na clase coa poesía titulada A estrela e a nena, tanto Alejandro como Sandra imitaron aos nosos poetas. E así, grazas aos versos de Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González e Uxío Novoneyra, naceron as súas poesías… Noraboa!
| A NAVE ESPACIAL No ceo estrelado | QUIXERA SER LIBRE Quixera ser libre |
Como estamos no Mes dos Libros, na aula hai un que tes que buscar. Titúlase O libro dos cen poemas, que é unha antoloxía da poesía infantil galega. Quen será o primeiro en conseguilo?
E agora, unha adiviña en forma de pregunta con trampa… Un día, un amigo de Ismaíl chamado Nasrudín camiñaba pola vía cando viu un tren que viña rápido cara onde estaba. Por suposto, Nasrudín saltou a un lado da vía. Pero antes correu dez metros en dirección ao tren. ¿Por que?




