Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas

9 may 2011

Letras Galegas 2011

Este ano, o Días das Letras Galegas está dedicado ao escritor Lois Pereiro. Nesta actividade, mentres xogas, podes aprender un montón de cousas sobre a súa vida.

Preme aquí para velo nunha imaxe máis grande.

Pero o noso Brais tamén investigou e preparou esta interesante presentación para todos.

1 abr 2011

Sempre Polgariño

En Polgariño conta, o noso proxecto de invención de historias, dous novos contos creados coas palabras poderosas:

29 may 2010

Rueda lejos, Miguel Hernández

Después del poema Rueda que irás muy lejos, de Miguel Hernández, y del vídeo que hicieron dos niñas, ahora mostramos la última de las presentaciones realizadas. Brais, con la ayuda de Antón, es el principal responsable de este trabajo. Como siga haciendo tan bien las cosas, deberá ser tratado como un auténtico experto…

Ah, por cierto, que bien sonaron en clase las palabras y los versos del poeta. Empezamos con cinco poesías en la Ría del Burgo. Seguimos con Uxío Novoneyra, el poeta del Courel. Y por último, de momento, recitamos a Miguel Hernández… Pero, ¡todavía queremos más!

5 may 2010

Descubrindo ao autor

Nesta actividade, para realizar mediante o ordenador, poderás saber da vida e da obra do poeta Uxío Novoneyra. Pero ademais terás que demostrar o nivel dos teus coñecementos. Así que esfórzate moito para acertar en cada pregunta coas respostas máis axeitadas. A actividade foi realizada no CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense).

Por certo, coñeces os versos da portada? Búscaos aquí e escoita a súa canción…

1 may 2010

Uxío Novoneyra, poeta

Ao escritor Uxío Novoneyra (1930-1999) dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas, que se celebra cada 17 de maio. Aproveitando esta celebración, estamos a preparar algunhas actividades para colaborar e compartir esforzos e traballos. Todos estes enlaces teñen ese obxectivo, así que agardamos que che sexan de moita utilidade.

  • Liña de tempo de Uxío Novoneyra: preme aquí para vela en maior tamaño. Observa con atención os feitos máis importantes da súa vida.

23 abr 2010

Con Xabier P. Docampo

Esta é a primeira entrada que escribe o Equipo de Redacción, no que pouco a pouco participará toda a clase. Así que hoxe, no Día do Libro, contan a visita que realizou o escritor Xabier P. Docampo ao noso colexio, para estar cos nenos e nenas de 5º e 6º curso. Hai que dicir que, para redactar este post, o equipo recibiu a axuda voluntaria de Lidia, Laura, Rubén Seoane, Brais, Sandra, Ana, Eduardo e Antón.

O luns 19 de abril visitounos Xabier P. Docampo, que a todos pareceunos moi bromista e agradable. É un gran escritor, que gañou un dos mellores premios de literatura de España.

Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu libro Cando petan na porta pola noite, que contestaba con moitas anécdotas e exemplos. Dixo que eses contos escribiunos el, pero que a maioría contoullos o seu pai, que era un gran contacontos. Por iso, cando morreu, púxose a escribir durante oito meses, ata que rematou o libro.

Unha das frases que máis nos gustou, foi cando dixo que os libros nunca teñen fin. Por iso sorprendeunos a súa forma de escribir e de contar as historias.

Na clase elaboramos “bocatas” para os contos do seu libro, que el asinou. Algúns compañeiros tamén fixeron debuxos, que foron o noso regalo. E ademais dedicou e asinou varios dos seus libros, que algúns levaran ao colexio. Gustounos tanto a súa visita que pareceunos moi curta…

[Clara, Eva, Daniel M., Cristina P.]

O escritor Xabier P. Docampo na biblioteca

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización