30 abr. 2010

O canto das baleas (parte 2)

Ler O canto das baleas (parte 1)

Lili  sentouse no bordo do peirao a esperar. Esperou toda a mañá ata o atardecer.
Cando comezaba a escurecer, tío Federico baixou do outeiro a buscala.
Abonda xa de loucuras!, dixo imos para a casa!, non podes pasar a vida soñando!

Aquela noite, Lili espertou de súpeto. A luz da Lúa iluminaba o seu cuarto. Incorporouse e puxo atención. A casa estaba en silencio. Lili saltou da cama e achegouse á ventá; oía algo na distancia, desde o outro lado do outeiro. Saíu da casa e correu cara á costa, mentres o seu corazón latexaba cada vez con máis forza.

Alí, no océano, estaban as baleas. Saltaban, brincaban e xiraban iluminadas pola Lúa. O seu canto inundaba a noite. Lili viu a súa flor amarela mexéndose entre a escuma.

Pasaron minutos, quizais horas. De pronto, Lili sentiu a brisa movendo o seu camisón. Tiña os pés xeados, comezou a tiritar, refregou os ollos. O mar volvera á calma e a noite xa era moi escura. Lili pensou que todo tería sido un soño. Ergueuse para volver cando de súpeto, desde lonxe, desde moi lonxe, como un murmurio do vento, oíu...

Lili! Lili! Lili!

As baleas chamábana polo seu nome...

El canto de las ballenas, de Dyan Sheldon

Ver de novo o vídeo das baleas.

29 abr. 2010

O canto das baleas (parte 1)

A escritora Dyan Sheldon publicou en castelán un fermoso libro titulado El canto de las ballenas. Para que o coñezas, dividímolo en dúas partes. Aquí tes a primeira. Disfruta coa súa lectura!

Un día, a avoa de Lili contoulle unha historia:
Hai tempo había baleas nos océanos. Eran tan grandes como outeiros e pacíficas como a Lúa... Sentábame ao final do peirao a esperalas. Ás veces quedaba alí durante todo o día e durante toda a noite, ata que de súpeto as vía chegar desde moi lonxe. Avanzaban danzando a través das augas.

E como sabían que ti estabas alí? Como che encontraban, avoa?, preguntou Lili. A súa avoa sorriu.
Ah, tiñas que levarlles algo especial. Unha bucina ou unha pedra de formas perfectas. E se ti lles gustabas, as baleas aceptaban o teu regalo e dábanche algo a cambio.
E que che deron, avoa?, preguntou Lilí, que recibiches ti das baleas? Entón, a avoa de Lili suspirou.
Unha ou dúas veces, murmuroulle, unha ou dúas veces oínas cantar.

Nese momento, o tío Federico irrompeu no cuarto e dixo bruscamente:
Non es máis que unha vella tola! As baleas foron valiosas pola súa carne, polos seus ósos e pola súa graxa! Se queres contarlle unha historia a Lili procura que se trate de algo útil, non lle enchas a cabeza con parvadas...
Pero a avoa de Lili continuou:
Aquí viviron as baleas millóns de séculos, xa antes de que existisen barcos, cidades e mesmo os homes das cavernas. Dicíase delas que eran máxicas.

Cando se durmiu, Lili soñou con baleas. No seu sono oíunas cantar como o vento. Saltaban sobre as augas e chamábana polo seu nome. Pola mañá, Lili baixou ao océano. Camiñou ata o final do vello peirao, onde non había ninguén... Sacou do seu peto unha flor amarela e deixouna caer:

Isto é para vós!, berrou ao vento… (continuará)

Aproveitamos a primeira parte desta bonita historia para mostrar outra. Trátase dunha nova presentación rematada na clase por dous bos compañeiros: Pablo e Rubén Seoane.

25 abr. 2010

Os animais

Lembra que ao iniciar o estudo dos seres vivos, naquel post había xa algúns enlaces dedicados á vida dos animais. Por iso aquí aparecen só os máis importantes, e ademais tamén algunhas novidades. A explorar de novo!

Cres que son intelixentes os polbos? Compróbao  e sorpréndete neste vídeo realizado polo Aquarium Finisterrae (A Coruña).

E agora unha colección de láminas impresionantes:

Por último, unha nova presentación rematada por Brais e Sandra e que trata o tema dos vertebrados.

23 abr. 2010

Con Xabier P. Docampo

Esta é a primeira entrada que escribe o Equipo de Redacción, no que pouco a pouco participará toda a clase. Así que hoxe, no Día do Libro, contan a visita que realizou o escritor Xabier P. Docampo ao noso colexio, para estar cos nenos e nenas de 5º e 6º curso. Hai que dicir que, para redactar este post, o equipo recibiu a axuda voluntaria de Lidia, Laura, Rubén Seoane, Brais, Sandra, Ana, Eduardo e Antón.

O luns 19 de abril visitounos Xabier P. Docampo, que a todos pareceunos moi bromista e agradable. É un gran escritor, que gañou un dos mellores premios de literatura de España.

Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu libro Cando petan na porta pola noite, que contestaba con moitas anécdotas e exemplos. Dixo que eses contos escribiunos el, pero que a maioría contoullos o seu pai, que era un gran contacontos. Por iso, cando morreu, púxose a escribir durante oito meses, ata que rematou o libro.

Unha das frases que máis nos gustou, foi cando dixo que os libros nunca teñen fin. Por iso sorprendeunos a súa forma de escribir e de contar as historias.

Na clase elaboramos “bocatas” para os contos do seu libro, que el asinou. Algúns compañeiros tamén fixeron debuxos, que foron o noso regalo. E ademais dedicou e asinou varios dos seus libros, que algúns levaran ao colexio. Gustounos tanto a súa visita que pareceunos moi curta…

[Clara, Eva, Daniel M., Cristina P.]

O escritor Xabier P. Docampo na biblioteca

22 abr. 2010

O planeta azul

Hoxe celébrase o Día da Terra, como ven sucedendo desde hai 40 anos. Pero agora parece máis urxente que coidemos ao noso planeta, debido aos perigos que está a sufrir. Por iso, a axencia espacial americana (NASA) seleccionou as súas mellores fotografías da Terra. Así podemos observala igual que fan os astronautas desde o espazo. Son impresionantes!

Hai fotos moi distintas: os volcáns, o deserto, as illas, as luces das cidades, etc. A Terra é tan fermosa que merece toda a nosa atención. E a ti que che parece? Que podemos facer por ela?

Tamén hai que dicir que Antón, Clara e Daniel Martínez fixeron un pouco máis grande o tesouro de Ismaíl. É algo que sempre agradecerá.

Ademais, temos na clase o primeiro Equipo de Redacción, que se encargará de preparar artículos e traballos para publicar no noso blog. Está formado por Eva, Cristina Pena, Clara, Daniel Martínez e Pablo. Xa realizaron un post para contar a visita ao colexio do escritor Xabier P. Docampo, e que será publicado aquí.

20 abr. 2010

La campeona

Una amiga de Ismaíl, Noelia Bacariza Moreno, ha conseguido por segunda vez consecutiva el campeonato gallego de gimnasia artística en su categoría. ¡Es una auténtica campeona! Noelia estudia en nuestro colegio, en la clase de 3º A. Además, es una buena contadora de historias, pues también ha sabido demostrarlo. A Ismaíl le gustaban mucho sus cuentos.

En este vídeo podéis ver lo que era capaz de hacer hace aproximadamente un año. ¿Cuánto más habrá aprendido?

Aquí tienes más información.

O Día da Terra

En moitos lugares, cada 22 de abril celébrase o Día da Terra. Esta celebración pretende concienciar ao mundo sobre os problemas da contaminación, a conservación da natureza e a protección do medio ambiente.

No blog xa temos un bo enlace para preparar esa data:

Live Earth, de aussiegall

17 abr. 2010

Outra presentación!

Xa temos unha nova presentación, a segunda que nace na clase. Esta vez foi Brais quen a iniciou, e despois contou coa colaboración de Daniel Martínez para rematala ben. Trata o mesmo tema de Coñecemento do Medio que estamos a preparar, e por iso o próximo luns (día 19) hai fixada unha proba de control.

Resultou moi interesante. Mentres os dous fixeron esta presentación, aos demais serviulles para empezar a repasar

15 abr. 2010

Eureka! Viva! Olé!

Lidia preparou una presentación para a clase, e Carmen colaborou con ela para conseguir este resultado final. A idea orixinal, os textos e a maioría das imaxes son propias, de Lidia e de Carmen. Ismaíl só participou un pouquiño.

Un gran parabén para as dúas! Creo que lograron que se emocionase co seu traballo e coas súas palabras…

14 abr. 2010

3 enlaces increíbles

Aquí tienes tres nuevos enlaces, pero sin ningún consejo o explicación. Debes averiguar sus secretos por tus propios medios, con tu inteligencia, haciendo click en cada una de las imágenes.

monoface

Astérix Juegos

Ruleta de las Palabras

11 abr. 2010

Os seres vivos – Os animais

Aquí tes moita información sobre os seres vivos e as diferentes clases de animais. Explora, analiza e estuda ben estes contidos, que che servirán para aprender máis e mellor. E lembra que o teu esforzo diario é fundamental…

Los seres vivos

Outras actividades:

9 abr. 2010

A memoria de Ismaíl

Esta semana Lidia e Alejandro agasallaron a Ismaíl. Trouxeron para o seu incrible tesouro máis moedas e xoaniñas de chocolate, e incluso un bastonciño de caramelo. Por iso, pensou que talvez sería unha boa idea lembrar a todos os que, cando poden, danlle a súa axuda para que o seu tesouro xamais desapareza. E iso sen esperar nada a cambio…

Todos os seus nomes están nestes posts que xa se publicaron. Se falta alguén, avisade:

O tesouro de Ismaíl

A todas as familias, grazas!

7 abr. 2010

De poesías, libros e adiviñas

As actividades que fixemos ao redor do Día Mundial da Poesía empezan a dar froitos. Estes dous poemas voluntarios son un exemplo moi fermoso. Ao igual que sucedera na clase coa poesía titulada A estrela e a nena, tanto Alejandro como Sandra imitaron aos nosos poetas. E así, grazas aos versos de Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González e Uxío Novoneyra, naceron as súas poesías… Noraboa!

A NAVE ESPACIAL
Alejandro Costa Suárez

No ceo estrelado
vexo unha luz alumeando.
Que raro!
Quen estará voando?
As luces das cidades
no espazo que bonitas están,
cando a Terra xira e xira
no espazo sideral.
Na atmosfera do planeta
algo grande está ardendo.
Que raro!
Quen estará voando?
Polo día e pola noite
as luces bailando están,
cando a Terra xira e xira
no espazo sideral.

QUIXERA SER LIBRE
Sandra Rivadulla Llerafo

Quixera ser libre
pra navegar,
andar polo mundo
e non voltar.
Ao Atlántico ir,
por illas pasar,
en barca, canoa
ou en catamarán.
Ver barcos piratas
en nave espacial,
percorrer outros países,
novos mundos atopar.
Con esta ilusión
ireime a soñar,
quixera ser libre
pra navegar.

Como estamos no Mes dos Libros, na aula hai un que tes que buscar. Titúlase O libro dos cen poemas, que é unha antoloxía da poesía infantil galega. Quen será o primeiro en conseguilo?

E agora, unha adiviña en forma de pregunta con trampa… Un día, un amigo de Ismaíl chamado Nasrudín camiñaba pola vía cando viu un tren que viña rápido cara onde estaba. Por suposto, Nasrudín saltou a un lado da vía. Pero antes correu dez metros en dirección ao tren. ¿Por que?

O tren de Nasrudín

Cando petan na porta pola noite

O escritor Xabier P. Docampo visitará o colexio para estar cos alumnos e alumnas de 5º curso. Desde a Biblioteca do Centro, recomendaron a lectura do seu libro Cando petan na porta pola noite, como unha maneira de coñecer ao autor e á súa obra. Así que será unha boa idea ofrecer algunhas suxerencias desde o noso blog. Aquí están:

Por certo, Cando petan na porta pola noite recibiu en 1995 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

De Xabier P. Docampo

Neste curto vídeo podes ver a Xabier P. Docampo e escoitar a súa voz. Reflexiona sobre o seu interese pola escritura e o seu traballo como escritor…

5 abr. 2010

O Mes dos Libros

Este é o mes dedicado aos libros e á lectura. o 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para o público lector máis novo. E o 23 do mesmo mes é o Día Internacional do Libro, que lembra o aniversario da morte de dous grandes escritores: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.

Este ano, no cartel que conmemora o Día Internacional do Libro e Xuvenil aparece unha bonita frase:

Un libro espérate, búscao!

No noso Proxecto Bocata xa foron presentados diversos libros, que agora precisan de lectores que lean as súas páxinas. Pero como o proxecto aínda non rematou, pasamos a unha nova fase. Así que haberá que buscar máis libros para poder presentalos na aula, pois seguramente hai quen non sabe que moitos libros agardan por el ou por ela.

Anímate! Cavila un pouco e escolle ben o teu novo libro. Pensa que a alguén vaille encantar. Só por iso xa merece a pena a túa recomendación…

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización