1 feb. 2010

O noso tesouro

Hai uns días, Sandra sorprendeu a Ismaíl con dúas xoaniñas de chocolate, que todos agradecimos. Despois do fin de semana, este luns seguiron as sorpresas.

Así, Iván Gonzalo apareceu cun impresionante debuxo do noso amigo e un fermoso texto escrito por el mesmo. E Rubén Seoane chegou con dous pequenos cadros enmarcados que fixo coa súa nai, pois aos dous gústalles a pintura. Por útlimo, Eduardo Enrique quixo mostrar que o tesouro de Ismaíl non debe esgotarse nunca, e por iso tróuxolle varias moedas de ouro, que aceptamos encantados.

Álvaro Cunqueiro foi un importante escritor que naceu en Mondoñedo, en Lugo. Escribiu libros ben famosos e estudou os tesouros dos seres máxicos de Galicia. Un día afirmou que se perdemos o tesouro dos soños, perderemos o máis grande dos tesouros do mundo. Ademais, tamén dixo que os seres marabillosos talvez garden o mellor de todos os tesouros: a nosa intelixencia.

Ismaíl cre que esas palabras explican todo…

6 comentarios:

Ismaíl dijo...

Preciso a vosa axuda, porque Mario non o anotou. Quen trouxo xoaniñas e lacasitos para o tesouro? Sei que foi Clara, pero tamén alguén máis... Axudádeme, por favor!

Sara dijo...

Me nos mal que nos ayudaron Sandra con sus mariquitas de chocolate y Euardo tambien aumento el tesoro de Ismail. Y me encanto los cuadros de Ruben y me encanta el dibujo de Ismail.

Cristina Pena Mendez dijo...

Ismail creo q Andres tamen fixo algo

Alejandro Costa dijo...

Hola Ismail supoño que este e mais o apartado Sorpresas son as couss que tiñas pendentes non si, non te olvides post dos
poboados Celtas eh.Adeus.

Lidia dijo...

Pois eu sei de xente que te vai traer algun que outra cousa que te sorprendera para poderen vivir mellor e ir de visita.
Un saudo

Antón Seijas Vieites dijo...

Ismaíl creo que foi Cristina Sánchez.
E eu creo que tamén che darei algo.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización