23 abr. 2010

Con Xabier P. Docampo

Esta é a primeira entrada que escribe o Equipo de Redacción, no que pouco a pouco participará toda a clase. Así que hoxe, no Día do Libro, contan a visita que realizou o escritor Xabier P. Docampo ao noso colexio, para estar cos nenos e nenas de 5º e 6º curso. Hai que dicir que, para redactar este post, o equipo recibiu a axuda voluntaria de Lidia, Laura, Rubén Seoane, Brais, Sandra, Ana, Eduardo e Antón.

O luns 19 de abril visitounos Xabier P. Docampo, que a todos pareceunos moi bromista e agradable. É un gran escritor, que gañou un dos mellores premios de literatura de España.

Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu libro Cando petan na porta pola noite, que contestaba con moitas anécdotas e exemplos. Dixo que eses contos escribiunos el, pero que a maioría contoullos o seu pai, que era un gran contacontos. Por iso, cando morreu, púxose a escribir durante oito meses, ata que rematou o libro.

Unha das frases que máis nos gustou, foi cando dixo que os libros nunca teñen fin. Por iso sorprendeunos a súa forma de escribir e de contar as historias.

Na clase elaboramos “bocatas” para os contos do seu libro, que el asinou. Algúns compañeiros tamén fixeron debuxos, que foron o noso regalo. E ademais dedicou e asinou varios dos seus libros, que algúns levaran ao colexio. Gustounos tanto a súa visita que pareceunos moi curta…

[Clara, Eva, Daniel M., Cristina P.]

O escritor Xabier P. Docampo na biblioteca

14 comentarios:

Xabier P. DoCampo dijo...

Moitas grazas polas vosas amábeis palabras. Tédeme sempre por amigo e nunca renunciedes ao voso dereito a coñecerdes e falardes a nosa lingua.
Apertísimas para todas e para todos.

Ana dijo...

Ola, que tal?.
Bo a min gustoume moito a súa visita, que ademais e moi gracioso Xabier P. Docampo.
O traballo do equipo de redacción e moi bo...
Moitos bicos.

Mario Aller dijo...

Grazas a ti, Xabier, pola túa visita. Es un auténtico "señor das palabras", pois todos quedaron engaiolados coa túa presenza e as túas historias. Pola miña parte, unha aperta moi forte, e o desexo de que non esquezas o camiño que aínda nos queda...

Daniel Martínez dijo...

Hola compañeiros, recomendoos estudiar moito para
o examen de lengua.
Adeus e sorte.

Ismaíl dijo...

Eh, que Dani M. deixou un vídeo no Taboleiro, e para min que o coñezo pero non sei de que... Saúdos

Ismaíl dijo...

Pois dinos de que libro se trata, para que saiba o mundo mundial... jejeje

BRAIS dijo...

Dani me encanta o teu video, porque tamén me gusta moito a canción. Xabier sigue visitando o noso blog porque fixo que aparecen máis post sobre ti.

Lidia/Lilly dijo...

Ola Ismail eu maña non podo vir porque teño que ir a malpica a bailar igual que Sandra, Laura e Sara eu estoi mui nerviosa pero que dicir que Mario fixo un bo equipo de redación moi bo.
Estou desexando que eu forme parte, e tamén estou desexando que maña saia a malpica a bailar.
Un saúdo e oxala que ganemos aunque non e unha competición pero ao final nos clasifican como tal.
Oxala que toda a clase nos dea animos e despois ganamos grazas a todos vosotros por animarnos eu polo menos os dou un regalo a todos.
Sintoo moito eu estou escribindo nos correctores pero non me queren correxir o meu texto enton xa non o podo correxir.

Ismail dijo...

Que teñades moita sorte en Malpica, tanto Sandra, Laura, Sara e Lidia, e que saiban por alí que no Burgo tamén se baila ben. Ánimo, e xa veredes como todo vai ben...

Sandra Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.Tratase do libro de Nera a ferreira.¡AH!moitas grazas por desexarnos sorte a todas pra mañá.Bo finde semana.

Anónimo dijo...

Hola, son Marta, a irmá de Ana. Eu vou en 6ºB. Cando visitounos Xavier estaba moi contenta. Eu teño o libro de Cando petan na porta pola noite e a verdade e que non me canso de lelo. E un libro que te engaiola e volveche engaiolar. Meu profesor, Ricardo Seixo, coñece xa fai tempo a Xabier. Contounos moitas cousas que fixo con Xabier, e tamén unha broma que os dous planificaron...
Moita sorte en Malpica!
Moitos bicos para todos! Eu estón ensinándolle a amigos meus doutros colexios e están flipando. Estase facendo famosa esta web!
Adeus.

Ismaíl dijo...

Ola, Marta, e moitas grazas por visitarnos, que podes vir cando queiras pois estaremos encantados... Unha irmá de Ana sempre é benvida por aquí. E tamén os seus amigos e compañeiros. Saúdos...

Marta dijo...

Animeine a facer un blog. En realidade xa o tiña, pero dexeino fai tempo e hoxe lembreime del e entrei. Pois a min gustaríame que o visitedes todos.
É www.webmarta.blogspot.com.

Marta dijo...

Grazas por pasarte! Animadevos a pasar pola miña web coma fixo Mario.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización