22 abr. 2010

O planeta azul

Hoxe celébrase o Día da Terra, como ven sucedendo desde hai 40 anos. Pero agora parece máis urxente que coidemos ao noso planeta, debido aos perigos que está a sufrir. Por iso, a axencia espacial americana (NASA) seleccionou as súas mellores fotografías da Terra. Así podemos observala igual que fan os astronautas desde o espazo. Son impresionantes!

Hai fotos moi distintas: os volcáns, o deserto, as illas, as luces das cidades, etc. A Terra é tan fermosa que merece toda a nosa atención. E a ti que che parece? Que podemos facer por ela?

Tamén hai que dicir que Antón, Clara e Daniel Martínez fixeron un pouco máis grande o tesouro de Ismaíl. É algo que sempre agradecerá.

Ademais, temos na clase o primeiro Equipo de Redacción, que se encargará de preparar artículos e traballos para publicar no noso blog. Está formado por Eva, Cristina Pena, Clara, Daniel Martínez e Pablo. Xa realizaron un post para contar a visita ao colexio do escritor Xabier P. Docampo, e que será publicado aquí.

5 comentarios:

Lidia dijo...

Ola Ismail a parte que máis me gustou deste vídeo e as fotos finais son preciosas pero toda a presentación e unha marabilla.
Eu quero que toda a xente coiden a Terra hoxe máis que nunca xa que e o seu día pero iso non significa que despois os demais días non a coidemos, temos que coidala sempre.
¡¡A COIDAR A TERRA SEMPRE!!
Así sempre estaremos nun planeta limpo e que nos vai a coidar.
Un saúdo e veña quero que a miña proposta se faga realidade.

BRAIS dijo...

Encántame a presentación Ismaíl. Mañán vou a levar eu 1 sobre os animais vertebrados. !Espero que che guste!

Daniel Martínez dijo...

Moi boa presentación Mario.
Escollistes unhas fotos
impresionantes.
Eres todo un experto!

Maite V dijo...

Hola Ismail, mira el correo que seguro te va a gustar. Es un homenaje a la Tierra.

Marta dijo...

Bos días! Encántame o video. Lidia ten toda a razón, hai que coidala terra sempre. Eu quero un mundo limpo e sen contaminación.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización