28 sept 2010

Polgariño conta, de novo

O pasado curso empezamos un proxecto, Polgariño conta, que quedou sen rematar. Pois, ao parecer, había moitas dificultades para usar os ordenadores do colexio. A pesar de todo, os vosos primeiros soños e traballos están aquí, nun espello máxico.

Agora hai que seguir… Deses programas que hai para escribir e inventar historias co ordenador, Storybook Weaver é un dos mellores. Como xa descubriches na Aula de Informática, trátase dunha aplicación que ofrece moitas posibilidades, e que en España apareceu co nome de El Pequeño Escritor. Algunhas das axudas que che pode proporcionar son as seguintes:

  • Aproximadamente 1.800 imaxes predeseñadas, coa opción de seren modificables.
  • Arredor de 20.000 combinacións entre escenarios, cores e deseños propios.
  • Incorporación de son e música, desde arquivos do mesmo programa.
  • Distintos tipos de letras, coas mesmas características que un procesador de textos habitual.
  • Vocalización dos textos escritos, aínda que con algúns problemas, pois o idioma de orixe é o inglés.
  • Variedade de formatos para a impresión dos traballos en papel.
  • E, sobre todo, a posibilidade de poder escribir nas diferentes linguas do curso: galego, castelán e inglés.

A guía que tes debaixo é moi interesante, aínda que non está no teu idioma. Fíxate ben, porque xa coñeces as fórmulas da marabilla que utilizarás para inventar a túa primeira historia…

12 comentarios:

Mario Aller dijo...

Un post de Ismaíl! Creo que xa non tardará en volver...

cris dijo...

El de Rubén y el mio mola jaja digo lo del libro que hicimos en informática.

Ismail de Saidabad dijo...

Tengo ganas de leer ya vuestras historias, Cris. Seguro que me encantarán...
Saludos

cris dijo...

Gracias y seguro que todas son estupendas el día que las tengamos que entregar ya traigo la boca abierta,es decir preparada.jeje saludos.

cris dijo...

Hola ,una pregunta Ismail cuando vuelve y de donde ?

Ismail de Saidabad dijo...

Ahora no puedo contestarte, Cris, lo siento... Pero no sé si no me estarán siguiendo... ¡Glups! Tengo que dejarte, me esconderé un rato en la casa de mi amigo David el gnomo.
Saludos

cris dijo...

Jeje chao

BRAIS dijo...

Que bo e este programa espero instalalo no meu portatil.

Antón Seijas Vieites dijo...

Cris seguro que todas as nosas historias son "fórmulas da maravilla" e tranquila porque Ismaíl seguro que volverá pronto, co seu amigo David.
Por certo Mario eu levarei o meu pendrive ao cole, ¿¿poderíasme pasar o progama "storybook weaver" e o do piano??

Brais dijo...

A min tamén me gustaría que mo pasaras Mario, se non che causa ningunha molestia, por favor.

Ismail de Saidabad dijo...

O de pasar programas non o falamos por aquí, por se acaso... jejeje Pero é moi importante non cometer erros cando un escribe, eh, Brais. Seguro que non hai problemas.

Andrés R.V. dijo...

Mario este programa pareceume moi vo e pedinlle ao meu pai que mo descargara.Ala adeus.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización