7 feb. 2010

Polgariño conta

A pesar de todo, Polgariño está aquí, entre nós, e por iso aínda sabe de historias para contar.A súa axuda, e a doutros contos do mundo, servirá para organizar un proxecto de escritura, Polgariño conta. Será un novo espazo no noso blog! Pois como queremos escribir moitas cousas, resultaba preciso un lugar para a exposición dos traballos.

Esta vez temos un soño: facer as primeiras historias dixitais na aula. Os nenos e as nenas mostran moito interese, e creo que están capacitados para conseguilo. Entre outras opcións, usaremos sobre todo as ideas de Polgariño conta, que son as seguintes:

  • O espello de Harry Potter
  • As fórmulas da marabilla
  • As palabras poderosas
  • O binomio simbólico
  • O taboleiro fantástico
  • O caldeiro máxico

Podes empezar a practicar neste sitio, que permite facer sinxelos cómics con 1, 2, 3 ou 6 viñetas. Pero hai moito que descubrir: os personaxes, os obxetos, os lugares. Tamén hai globos para os diálogos e sitio para escribir. Ao final, imprimes e coloreas todo.

Comic Creator

Preme aquí ou na imaxe para facer o teu cómic.

4 comentarios:

Alejandro dijo...

Hola Ismail estiven facendo un comic de dinosaurios pero non o podo imprimir a miña impresora esta estropeada.Eu non puiden visitar o blog no fin de semana porque estiven aldea e no hai conexion.Adeus.

laura 5ºb dijo...

hola ismail , gustoume moito os debuxos que fixeron : Lidia , Daniel Ondina e Brais . Espero que co tempo poñas moitimos mais un beso e hasta maña .

Lidia dijo...

Laura grazas por dicir esas cousas do meu debuxo.

Ola Ismail eu puiden visitar o blog pero cando se me acordou foi a o levantarme e era moi temprano e non queria deixar nada sintoo.
Pero eu todolos fin de semana (se me acordo o visito.
Ismail eu fixen dos presentacions unha para ti e outra para todo a clase, espero que vos guste.
Un saudo

Ismaíl dijo...

Lidia, estamos desexando ver esa presentación. Seguro que é impresionante... Ah, e saúdos tamén para Alejandro e Laura.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización