23 sept. 2010

O programa C.S.I.

Este programa non ten nada que ver coa famosa serie de televisión. Como sabes, para nós C.S.I significa algo ben distinto: Clase Súper Investigadora; e xa empezamos o curso anterior. Pero agora vaino saber moita máis xente.

Trátase dunha experiencia para que toda a aula, de forma individual ou en grupo, investigue sobre algún tema. Despois elabórase un traballo, e, ao final, terá que ser presentado diante de toda a clase. Así que, sen máis, aquí está a nosa primeira actividade do programa para este curso:

  1. Vídeo: Mariposas y Larvas e Insectos, de Atlas Audiovisual.
  2. A partir das túas notas, as que escribiches no borrador durante o visionado do documental na aula, organiza o material e as novas informacións. Revisa todo ben e corrixe os erros.
  3. Escolle o idioma: galego ou castelán. Despois, realiza o teu traballo. Se o fas a man, debes utilizar unha plantilla de escritura. Se usas o ordenador, escribe cun procesador de textos.
  4. Prepara as imaxes para o traballo. Lembra que unha boa presentación é moi importante.
  5. No esquezas o título, que pode ser o do vídeo. Pero é mellor que inventes algo orixinal.

A data final para entregar este primeiro traballo do programa C.S.I. será o 30 de setembro.

16 comentarios:

Daniel Martínez dijo...

Hola compañeiros/as e hola Mario, espero que nos salga a todos ben este traballo.
Adeus.

Belén dijo...

Vaia ao ler o título o primeiro que pensei foi en Ismail ao estilo Grishom e a Mario como H he he he
Saúdos

Belén dijo...

Por certo, eso de super investigador/a mola!!! ;)

bicoss

Ismail dijo...

O de Ismaíl como Grishom non está nada mal. O de Mario como H..., non sei que dicir. Preguntareille... :-)

Saúdos tolos!

Laura Rial (6ºB) dijo...

Hola eu estou de acordo con Daniel esperemos que o traballo nos salga ben a todos. A min gustame facer cousas no ordenador, non te cansas moito escribindo pero se o fas a man cansaste. Bueno teñome que ir, Un bico!!:)

Ismail dijo...

Ánimo a tod@s, e xa vedes como hai xente no mundo que nos mira. Así que, a facelo ben!

BRAIS dijo...

Laura, eu creo que cando un esta se3ntado nunca se cansa.
jajajajaj

Ismail dijo...

Hoxe, unha estreliña para Clara, polas súas emocións. Todo irá ben, xa verás...

Belén dijo...

Ánimo Laura,
Seguro que vos vai sair un traballo xenial!!
Estamos desexando velo
bicos

cris 6 dijo...

Hola Mario e Ismail,ya le estoi diciendo estes días a Sara para hacer un nuevo post.Saludos....

cris 6 dijo...

Hola Mario e Ismail,ya le estoi diciendo estes días a Sara para hacer un nuevo post.Saludos....

Mario Aller dijo...

Me parece bien, Cris, piensa un tema y propónselo a varios compañer@s, para escribirlo en colaboración...
Ánimo y saludos!

cris dijo...

Hola eso esta echo,pero ahora mismo me tengo que ir porque estoi con una amiga Rociooo.Chao.

cris,rocio,gemma dijo...

Hola somos Cristina y Rocio,y Gemma.
Estamos de nuevo aqui,porque le vine a enseñar el blog a Rocio y a Gemma ,bueno chao.

lara dijo...

Hola Mario e hola Ismail.Quería de-ciros que fixen o traballo C.S.I no ordenador.Bueno,teño que irme
que xa e tarde,un bico.
Saúdos

Andrés R.V. dijo...

Mario e de decir que este video es espectacular y que tiene las imagenes de insectos mas impresionantes que segurametese pueden encontrar o en todo caso grabar.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización