8 jun. 2010

O espello máxico

Moitos contos populares e libros de literatura describen aos espellos como ferramentas para o coñecemento. Son presentados como ventás abertas a verdades importantes, a mundos afastados ou a marabillas inimaxinables. O espello de Harry Potter adiviñaba algo do futuro, e por iso un día pensamos na clase o que lle pediriamos, no caso de ser posible. Aquí están esas peticións e eses soños debuxados, para ver todo desde o ordenador, que ás veces tamén parece un novo espello máxico …

10 comentarios:

Ali e A.M dijo...

Ola Mario,Ismail e toda a clase de 5ºB.
Moitas felicidades por todos os traballos que tuvestes realizando o longo deste curso,destelle duro...
Permitideme pedir "un desexo o espello máxico" dun compañeira vosa que está en 3ºA,e hoxe vai realizar o seu 1ºconcerto de violín,no conservatorio do Burgo as 7 da tarde, e encargoume que lle dixera a Ismail, que entre outros moitas persoas tamen vai a dedicarllo.
Un bico moi grande para todos de parte de Ali e a súa familia.

Ismail dijo...

Ánimo, Alicia, que seguro que o concerto vai saír moi ben... Recibe todo o apoio da clase de 5º B, e especialmente de Carmen e Cristina Sánchez, que están agora co profe no recreo.
Saúdos tamén para toda a túa familia.

Ismail dijo...

Pablo liouse un pouco e por iso o seu debuxo e o desexo non coinciden. O que realmente el quere ser é arqueólogo, e descubrir cidades antigas e dinosaurios...

BRAIS dijo...

A verdade e que Pablo se liou demasiado. A gravación está moi ben

Mario Aller dijo...

Brais, tanto Ismaíl como eu mesmo, desexamos que eses soños, os outros que chegarán, se cumpran... Polo menos un pouquiño, eh.

CRIS dijo...

Estuvo moi ben o vídeo,pero houvo 4 fallos.
1 saeume fatal o debuxo
2 o final debería seguir a canción
3 a falta de Clara
4 a eqibocación de Pablo
jeje
A un así saeu genial.BICOS

Ismail dijo...

Vemos que Cristna estase a converter nunha boa crítica. Pensa, razoa as súas ideas... Gústame, precisamos xente así. Ah, e noto que che encanta a canción. Pois o profe ten o disco enteiro... jejeje

sara dijo...

Salio muy bien pero quedaría mejor si la canción quedara para cuando acabase el ultimo espejo que resulta que es el mio. Pero de todas dormas muy bien

Ana dijo...

Ola.
Me encanta este vídeo do espello máxico , e por iso digo eu e creo que todos os da clase que visitan o blog que todos fagan mais comentarios!!.
E polo que dixo Mario tamén.
Espero que Lidia vea lo que hai que ler.

Anónimo dijo...

I must digg your article so more folks can look at it, very helpful, I had a hard time finding the results searching on the web, thanks.

- Norman

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización