As actividades que fixemos ao redor do Día Mundial da Poesía empezan a dar froitos. Estes dous poemas voluntarios son un exemplo moi fermoso. Ao igual que sucedera na clase coa poesía titulada A estrela e a nena, tanto Alejandro como Sandra imitaron aos nosos poetas. E así, grazas aos versos de Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro, Julia González e Uxío Novoneyra, naceron as súas poesías… Noraboa!
A NAVE ESPACIAL No ceo estrelado | QUIXERA SER LIBRE Quixera ser libre |
Como estamos no Mes dos Libros, na aula hai un que tes que buscar. Titúlase O libro dos cen poemas, que é unha antoloxía da poesía infantil galega. Quen será o primeiro en conseguilo?
E agora, unha adiviña en forma de pregunta con trampa… Un día, un amigo de Ismaíl chamado Nasrudín camiñaba pola vía cando viu un tren que viña rápido cara onde estaba. Por suposto, Nasrudín saltou a un lado da vía. Pero antes correu dez metros en dirección ao tren. ¿Por que?
10 comentarios:
Que poesías máis bonitas, son increíbles. Por certo falando de poesías, eu teño unha que se titula as estacións do ano.
Mario díxome que estivo ben, Brais, e todos temos máis ou menos nervios. O importante é ser capaz de superalos, e ti vas conseguilo, seguro...
Ola,Ismail.Pareceme unha boa idea que celebremos o día Internacional da poesía, así poderamos recordar os poetas que xa estan mortos.Bueno tamén digo que o libro das cen poesías cando o traigas serei a primera en collelo, por iso:¡Preparadebos!Moitas grazas a ti e a Mario por publicar a miña poesía e a de Alex no blog.¡Ah! espero que sigamos celebrando o día Internacional da poesía.Saudos, besos e abrazos Sandra.
A min sen mal,me gustou mais a poesía de Sandra.Non te ofendas Alex,a túa tamén e moi orixinal para elixir elixo a de ela porque e moi bonita para mi.
Se pode traer libros de poesía,a clase para que a xente lle de ideas,que se exprese mellor...?¿
Eso espero Ismaíl, moitas grazas.
Que alguén fale con Antón para que no esqueza traer a súa música. Precisámola para a nosa primeira historia dixital...
Saúdos
Ola Ismail eu xa pensei a solución e como xa sabemos que e unha pregunta trampa me lo imaxinei e creo que sei a reposta resposta pode ser esta?
Corre dez quilómetros porque hai un tren detrás e entón ten que correr porque diante ten outro tren.
Non creo que sexa ese pero por intentalo non pasa nada e se non o acerto xa o intentarei de novo porque non so hai unha vez non si?
A min encantáronme as poesías de Alex e de Sandra porque os dous son uns auténticos poetas e, de maiores van ser os dous uns grandes poetas como agora.
A min o vídeo de Xabier Do campo me pareceu moi bonito pero se non me equivoco repetía moito escribir.
Espero que me contestes Ismail a miña resposta e a todo o que dixen.
Un saúdo a todos os poetas falecidos e aun en pé, moitos bicos.
Ola de novo pero me equivoquei non solo escribir senón as palabras da familia de escribir.
Equivoqueime pero non por iso vaime pasar nada porque un erro e ten calquera.
Un saúdo e moitos bicos.
Vale,pero yo no se si la voy a conseguir....
Y a mi gato no le gusto el lacasito osea que me lo comí yo.
Besos.
Xa sabemos a resposta Nasrudim estaba nunha ponte de 10 metros e correu a ponte e se escapou porque podía tirarse pero se non se podía tirar porque non se sabía o que hai debaixo e víñalle o tren por detrás entón se apartou.
Publicar un comentario