29 sept. 2010

¡Necesitamos vuestra ayuda!

Ya sabéis que, a veces, vuestro maestro escribe en otros sitios. Hace pocos días, publicó un post que se titula La vuelta al mundo en 80 cuentos. Allí se plantea un juego: dar una vuelta imaginaria y virtual alrededor del mundo, a través de sus cuentos populares. Lo más bonito es que empezaron a participar niños y niñas de otros colegios de España, y tal vez de otros lugares.

Por eso, precisamos de vuestra ayuda. Pedid ayuda en casa para buscar cuentos del mundo y también sus países. Después, nos mandáis el enlace, o los enlaces, por correo electrónico. Así podremos enseñar esas historias y el nombre de nuestro colegio al mundo entero.

28 sept. 2010

Polgariño conta, de novo

O pasado curso empezamos un proxecto, Polgariño conta, que quedou sen rematar. Pois, ao parecer, había moitas dificultades para usar os ordenadores do colexio. A pesar de todo, os vosos primeiros soños e traballos están aquí, nun espello máxico.

Agora hai que seguir… Deses programas que hai para escribir e inventar historias co ordenador, Storybook Weaver é un dos mellores. Como xa descubriches na Aula de Informática, trátase dunha aplicación que ofrece moitas posibilidades, e que en España apareceu co nome de El Pequeño Escritor. Algunhas das axudas que che pode proporcionar son as seguintes:

  • Aproximadamente 1.800 imaxes predeseñadas, coa opción de seren modificables.
  • Arredor de 20.000 combinacións entre escenarios, cores e deseños propios.
  • Incorporación de son e música, desde arquivos do mesmo programa.
  • Distintos tipos de letras, coas mesmas características que un procesador de textos habitual.
  • Vocalización dos textos escritos, aínda que con algúns problemas, pois o idioma de orixe é o inglés.
  • Variedade de formatos para a impresión dos traballos en papel.
  • E, sobre todo, a posibilidade de poder escribir nas diferentes linguas do curso: galego, castelán e inglés.

A guía que tes debaixo é moi interesante, aínda que non está no teu idioma. Fíxate ben, porque xa coñeces as fórmulas da marabilla que utilizarás para inventar a túa primeira historia…

26 sept. 2010

O Burgo Pecha Kucha

A Pecha Kucha é un tipo de presentación diferente. Consiste nun grupo de 20 diapositivas con 20 segundos de duración para cada unha. Así que, en xeral, trátase dunha presentación de seis minutos e corenta segundos, onde se combinan a imaxe, os efectos e a voz humana. Pero é mellor que prestes atención ao seguinte cartel, que foi publicado en Educa con TIC.

Pecha Kucha, de Néstor Alonso

Se aproveitamos a primeira investigación C.S.I. do curso, tamén podemos atrevernos coa presentación chamada Pecha Kucha. Esta vez é unha tarefa voluntaria, non obrigatoria, e que realizará quen se apunte libremente. Desa maneira, os demais tamén aprenderán para a próxima oportunidade.

Anímate! Creo que Ismaíl apreciará a túa valentía…

23 sept. 2010

O programa C.S.I.

Este programa non ten nada que ver coa famosa serie de televisión. Como sabes, para nós C.S.I significa algo ben distinto: Clase Súper Investigadora; e xa empezamos o curso anterior. Pero agora vaino saber moita máis xente.

Trátase dunha experiencia para que toda a aula, de forma individual ou en grupo, investigue sobre algún tema. Despois elabórase un traballo, e, ao final, terá que ser presentado diante de toda a clase. Así que, sen máis, aquí está a nosa primeira actividade do programa para este curso:

  1. Vídeo: Mariposas y Larvas e Insectos, de Atlas Audiovisual.
  2. A partir das túas notas, as que escribiches no borrador durante o visionado do documental na aula, organiza o material e as novas informacións. Revisa todo ben e corrixe os erros.
  3. Escolle o idioma: galego ou castelán. Despois, realiza o teu traballo. Se o fas a man, debes utilizar unha plantilla de escritura. Se usas o ordenador, escribe cun procesador de textos.
  4. Prepara as imaxes para o traballo. Lembra que unha boa presentación é moi importante.
  5. No esquezas o título, que pode ser o do vídeo. Pero é mellor que inventes algo orixinal.

A data final para entregar este primeiro traballo do programa C.S.I. será o 30 de setembro.

21 sept. 2010

Lengua, Mates, Medio (1)

Actividades especiales para la Unidad 1, y también algunas tareas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

17 sept. 2010

De Gandía a Culleredo

Este curso chegou con algunhas novidades. Eduardo xa non está aquí, como dixo antes de acabar o pasado curso. Agora hai dúas nenas novas: Amna e Sofía. Amna vivía en Gandía (Valencia), aínda que tamén estivo en Paquistán, un país situado en Asia. E cando se sinta máis adaptada á súa nova aula, seguro que poderá contarnos moitas cousas interesantes.

Mentres agardamos, e aproveitando o primeiro tema de Medio, facemos un post dedicado aos mapas. Por se non o sabes, en Internet hai auténticas marabillas. Observa e aprende…

  • http://amap.to/xfjvh: Para coñecer Gandía, en Valencia. Ademais, podes buscar calquera pobo ou cidade do mundo.
  • http://amap.to/iks94: CEIP Isaac Díaz Pardo, O Burgo-Culleredo, na Coruña. Onde naceu este blog de aula.
  • De Gandía a Culleredo: Descubre o recorrido dun coche que tivese que facer esa viaxe polas estradas de España.

De Gandía a Culleredo

Así que, e como se di no título do blog, imaxina, aprende, xoga e vive

15 sept. 2010

Después del verano

Acabamos de iniciar un nuevo curso y en nuestro blog empiezan a publicarse los trabajos de los Equipos de Redacción. Este primer post del curso trata del verano que ya pasó y de las cosas que hicimos. Como siempre, este equipo ha recibido la ayuda de otros compañeros y compañeras.

Este verano todos tuvimos muchas aventuras y además hemos viajado. Desde la playa a la piscina, y también a más lugares. Por ejemplo, algunos fueron a la Playa de las Catedrales, en Lugo, y otros a Andalucía. Las vacaciones son para divertirse, pero tampoco viene mal hacer algunos deberes.

Por otra parte, ganó España el Campeonato Mundial de Fútbol, por la suerte del gol de Iniesta y por los paradones de Casillas. Así que nos hemos reído y divertido, y por eso nos encanta el verano.

Ahora empieza un curso nuevo y nos volvemos a encontrar con los amigos y compañeros. Hay dos compañeras nuevas: Sofía y Amna, que viene desde Gandía. Esperamos que regrese pronto Ismaíl, para que las conozca, pues al parecer está de viaje. Y deseamos que su tesoro siga aumentando.

Para terminar, haremos lo posible para aprobar todos. Así que, ¡¡¡a por ellos!!!

[Carmen, Sara, Cristina P., Alejandro]

Daniel Ondina y Brais cedieron amablemente algunas fotos: de Baiona (Pontevedra) y de la Playa de las Catedrales (Lugo).

12 sept. 2010

La famosa lista de 6º B

Aún no han llegado todos, pero la lista es casi definitiva. Así que es una buena idea dejar que sus nombres ocupen el blog. Vamos a pedirles cada día una parte de su trabajo, y además dejaremos aquí algunos de sus sueños. Por eso, será necesario un esfuerzo compartido para aprender.

Todo eso ya lo saben. Y también que Ismaíl estará a su lado. Ahora es importante que ellos y ellas crean en sus propias fuerzas…

La lista de 6º B

Cada principio de curso es un tiempo de cambios. A nuestro blog le pasa lo mismo, por lo que irás viendo poco a poco cosas nuevas. Fíjate bien, en la zona de Escola e Familia ya hay algunas novedades.

10 sept. 2010

Curso 2010-2011: A benvida

Aínda que Ismaíl non está pois marchou de viaxe, chegou o primeiro día dun novo curso. Pero a pesar da súa ausencia, el xa sabe algunhas cousas. Por exemplo, antes de partir informouse dos posibles cambios na listaxe de nenos e nenas. Así que sabe todo o de 6º B, ou case todo… Por esa razón, cando regrese á nosa aula, que o fará, seguro que lle gustaría saber das vosas aventuras de verán, das vosas viaxes, dos vosos recordos persoais. É dicir, de todo o que se dicía no post titulado Felices vacacións! Non o liches? Pois faino.

Despois, empeza este día contándonos algunha historia. Temos ganas de escoitar as túas palabras!

Benvid@s ao cole!

O primeiro día de clase

7 sept. 2010

Xoga en Shidonni

O mundo virtual Shidonni é unha rede baseada no entretemento educativo para nenos e nenas de 4 a 12 anos, máis ou menos. Despois do necesario rexistro, poderás crear as súas propias mascotas, ás que debes coidar e atender o mellor que poidas. Pero ademais debes debuxar os seus propios mundos animados, é dicir, tes que construír a súa historia. E desde o verán de 2009, este mundo virtual está en español, entre outros idiomas ademais do inglés.

Se coa axuda da túa familia decides entrar, empezarás debuxando unha mascota, ou varias, se así o desexas. A continuación, buscas un nome axeitado e pulsando na tecla OK correspondente, a mascota cobrará vida, case como por arte de maxia. Unha vez que a mascota adquiriu esa presenza nun mundo virtual, haberá que deseñar e debuxar o lugar onde vive, e alimentala, limpala, conseguirlle amigos e facer que descanse. E moitas máis cousas aínda por descubrir e compartir. Pero iso xa é cousa túa. Así que, se queres, xoga e cóntanos…

Como na maioría dos xogos online, o idioma principal é o inglés. Por tanto, para xogar e participar terás que demostrar o que sabes. E non o esquezas, explica todo o que aprendas.

5 sept. 2010

As súas voces

Todo o mundo sabe que o inicio do novo curso está chegando. Así que para Ismaíl é unha boa idea empezar a sentir as voces da aula, aínda que sexa no blog. Pois un blog tamén serve para iso.

Aquí están algúns dos versos do poeta Uxío Novoneyra, e as voces dos nenos e das nenas que gardaron as súas palabras.

Antón: Letanía de Galicia

Sandra: Fiandeira namorada

Eduardo: Fontiña do Carabel
Ana: Cai a neve
Rubén Sánchez: Canta o cuco
Sara: Fiandeira namorada
Daniel Martínez: Neva

Clara: Vai polo monte o camiño
Brais: Fiandeira namorada
Lidia: Eí vein os cordeiros
Rubén Seoane: Cain as follas

Lara: Canta o cuco
Alejandro: Vai polo monte o camiño
Daniel: Fontiña do Carabel
Marta: Cain as follas

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización