24 jun 2010

Ismaíl e a súa táboa de surf nova

É certo que xa empezaron as vacacións, pero a vida no blog é diferente. Por iso, Cristina Pena enviou por correo electrónico unha historia orixinal sobre Ismaíl que acaba de descubrir. É tan nova que nin o mestre a coñecía. Para completar este conto, publícase ao mesmo tempo que unha presentación realizada por Sandra, pois os dous traballos teñen unha certa relación…

Érase unha vez un gnomo chamado Ismaíl. A Ismail encantáballe a súa táboa de surf nova. Entón decidiu ir á praia, pois facía un día moi bo. Nese momento foi cara ao seu armario e elexiu un par de conxuntos de roupa, entre eles o mellor. Cando acabou, colleu a toalla, a sombrilla, a crema protectora e por suposto a súa táboa de surf. Unha vez preparado, subiu ao coche e foi camiño da praia.

Ao chegar deixou na area a sombrilla e a toalla e botou a crema protectora. Normal, co sol que facía, calquera se queima...!!! Despois de ter botado a crema protectora, colleu a táboa e foi facer o seu hobby favorito, o surf. Ía coma un rei coa súa táboa nova e o seu bañador. Entón meteuse na auga, e tamén seguiu coma un rei surfeando. Ata que chegou unha onda xigante. Todos asustáronse e berraron. Como por exemplo unha señora:

-Auxilio, unha onda xigante, aaaaaaaaaah! E ao meu bañador e á toalla nova vainos destrozar... Aaaaaaaaaaaaaaaaaaahhh!

Producía un pouco de risa, pero era a verdade. En cambio, Ismaíl dixo isto:

-Boh, unha simple onda para un gnomo coma eu. Parece cousa de nenos pequenos. Será moi guai saltar por riba dela...

Pero logo duns minutos, Ismaíl estaba tirado na area e a súa táboa perdida.

-Iso pasoulle por non saír da auga!, -dixo a señora.
-Cálese vostede, hai un gnomo en perigo e non fai máis que berrar!, -dixo outro señor.
-Como vou calar se a culpa foi súa!, -dixo de novo a señora.

Nese momento alguén berrou:

-Calados os dous dunha vez xa!!!, –e os dous calaron.

Ismaíl tusiu e escupiu auga. Estaba preocupado pola súa táboa nova. De repente, pareceu un amigo de Ismail, que viña de Malpica. E devolveulle a táboa que encontrara frotando polo mar. Ismail deulle as grazas.

O seu amigo dixo que por el faría de todo, porque lembrábase das moitas cousas que Ismaíl facía por al cando estaba en Malpica. Eran uns grandes e moi bos amigos, e en Malpica  sempre andaban xuntos. Ismaíl prometeulle que  nunca máis ía quedarse no mar cando viñese unha onda xigante.

E colorin colorado, este conto de Ismaíl o noso gnomo está rematado…

FIN

15 comentarios:

Daniel Martínez dijo...

Menudo conto e presentación. Menudo post!
Xa empeza a facer calor.
Saudos

Ismail de Saidabad dijo...

Non podía faltar Dani, o noso Dani Martínez, para animar ás súas compañeiras. Así me gusta, campeón!

Mario Aller dijo...

TEÑO O VÍDEO DO BAILE... PERO, AGORA QUE FAGO?

cris dijo...

Grazas Mario e Ismail.
Por poñer o conto.
Grazas Daniel M. por sempre estar animando e apoiando a todos.
E Mario pois pon o vídeo xa no blog que o quero ver.
Bicos e saúdos.
Cris.

Ismail de Saidabad dijo...

Creo que o profe quere deixar o vídeo no blog. Pero antes, Cristina, ten que sacar a dúas bailarinas, e non parece fácil...

Sandra Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.Xa pudiches encontrar a preciosa nova tabla de surf?.Este post estuvo moi ben ,pois o conto de Cristina está chulísimo.¡Ah! moitas grazas por publicar a miña presentación con música e os seus detalles ,como:o detalle das letras en cor blanco ,o detalle da foto do final...Moitos bicos Sandra.

Daniel dijo...

Mario no lo dudes pon el vídeo. Ha Dani creo que hoi calor no hace.

Ismail de Saidabad dijo...

A todos nos gustaría ver el vídeo, Dani, pero el profe debe respetar las decisiones d etod@s l@s compañer@s... Seguro que lo entiendes. Muchos saludos para ti y tu familia.

Lidia dijo...

Ola síntoo moito por tardar tanto en vir ao blog, e que estibe moi ocupada.
Cristina cada vez me sorprende máis por todo o que fai, e unha moi boa amiga, e traballadora, e amable... e agora fai unha historia preciosa esa chica nunca parara de sorprenderme.
Un saúdo e bo verán.

Ismail de Saidabad dijo...

Pois agora que o dis, Lidia, xa nos tiñas un pouco preocupados... jejeje Saúdos para ti e a túa familia.

Laura 5ºB dijo...

Hola Mario y Ismail, le boy a hacer una preunta a Sandra: ¿ Sandra como se llama la cancion que le pusiste a la presentaciòn? Chao y !Feliz verano!

Ismail de Saidabad dijo...

Hola, Laura... Saludos para ti y tu familia.

Ana dijo...

Hola.
Me encanto este cuento , menos que Ismaíl creía que era de unos niños pequeños no , porque creo que casi nadie puede superar esa onda gigante.Menos mal que no se había roto la tabla y que la había encontrado su amigo , es una de las cosas para que estén , ayudarse.
Bueno yo ya creo que ropa elegiría la de Sandra , ¿quizás?.No se.Pero la ropa suya fue muy chula y original.Lo mas gracioso que me hizo del cuento es cuando la señora decía:
-El problema es suyo por no salir de el agua.O algo así.
Espero que allá mas cuentos así como el de Cris o el de Brais.
El vídeo de Sandra era muy chulo como los otros.
Fue precioso.
¿Como se llama la canción?.
Saludos.

BRAIS dijo...

Me encanta a presentación e o conto.
Feliz verán.

cris dijo...

Bueno Mario tendría que pensar que 2 bailarinas ,pero para que???
Cuando me contestes puede que diga ya a 2.Besos y muchas gracias a todos.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización