29 sept 2010

¡Necesitamos vuestra ayuda!

Ya sabéis que, a veces, vuestro maestro escribe en otros sitios. Hace pocos días, publicó un post que se titula La vuelta al mundo en 80 cuentos. Allí se plantea un juego: dar una vuelta imaginaria y virtual alrededor del mundo, a través de sus cuentos populares. Lo más bonito es que empezaron a participar niños y niñas de otros colegios de España, y tal vez de otros lugares.

Por eso, precisamos de vuestra ayuda. Pedid ayuda en casa para buscar cuentos del mundo y también sus países. Después, nos mandáis el enlace, o los enlaces, por correo electrónico. Así podremos enseñar esas historias y el nombre de nuestro colegio al mundo entero.

28 sept 2010

Polgariño conta, de novo

O pasado curso empezamos un proxecto, Polgariño conta, que quedou sen rematar. Pois, ao parecer, había moitas dificultades para usar os ordenadores do colexio. A pesar de todo, os vosos primeiros soños e traballos están aquí, nun espello máxico.

Agora hai que seguir… Deses programas que hai para escribir e inventar historias co ordenador, Storybook Weaver é un dos mellores. Como xa descubriches na Aula de Informática, trátase dunha aplicación que ofrece moitas posibilidades, e que en España apareceu co nome de El Pequeño Escritor. Algunhas das axudas que che pode proporcionar son as seguintes:

  • Aproximadamente 1.800 imaxes predeseñadas, coa opción de seren modificables.
  • Arredor de 20.000 combinacións entre escenarios, cores e deseños propios.
  • Incorporación de son e música, desde arquivos do mesmo programa.
  • Distintos tipos de letras, coas mesmas características que un procesador de textos habitual.
  • Vocalización dos textos escritos, aínda que con algúns problemas, pois o idioma de orixe é o inglés.
  • Variedade de formatos para a impresión dos traballos en papel.
  • E, sobre todo, a posibilidade de poder escribir nas diferentes linguas do curso: galego, castelán e inglés.

A guía que tes debaixo é moi interesante, aínda que non está no teu idioma. Fíxate ben, porque xa coñeces as fórmulas da marabilla que utilizarás para inventar a túa primeira historia…

26 sept 2010

O Burgo Pecha Kucha

A Pecha Kucha é un tipo de presentación diferente. Consiste nun grupo de 20 diapositivas con 20 segundos de duración para cada unha. Así que, en xeral, trátase dunha presentación de seis minutos e corenta segundos, onde se combinan a imaxe, os efectos e a voz humana. Pero é mellor que prestes atención ao seguinte cartel, que foi publicado en Educa con TIC.

Pecha Kucha, de Néstor Alonso

Se aproveitamos a primeira investigación C.S.I. do curso, tamén podemos atrevernos coa presentación chamada Pecha Kucha. Esta vez é unha tarefa voluntaria, non obrigatoria, e que realizará quen se apunte libremente. Desa maneira, os demais tamén aprenderán para a próxima oportunidade.

Anímate! Creo que Ismaíl apreciará a túa valentía…

23 sept 2010

O programa C.S.I.

Este programa non ten nada que ver coa famosa serie de televisión. Como sabes, para nós C.S.I significa algo ben distinto: Clase Súper Investigadora; e xa empezamos o curso anterior. Pero agora vaino saber moita máis xente.

Trátase dunha experiencia para que toda a aula, de forma individual ou en grupo, investigue sobre algún tema. Despois elabórase un traballo, e, ao final, terá que ser presentado diante de toda a clase. Así que, sen máis, aquí está a nosa primeira actividade do programa para este curso:

  1. Vídeo: Mariposas y Larvas e Insectos, de Atlas Audiovisual.
  2. A partir das túas notas, as que escribiches no borrador durante o visionado do documental na aula, organiza o material e as novas informacións. Revisa todo ben e corrixe os erros.
  3. Escolle o idioma: galego ou castelán. Despois, realiza o teu traballo. Se o fas a man, debes utilizar unha plantilla de escritura. Se usas o ordenador, escribe cun procesador de textos.
  4. Prepara as imaxes para o traballo. Lembra que unha boa presentación é moi importante.
  5. No esquezas o título, que pode ser o do vídeo. Pero é mellor que inventes algo orixinal.

A data final para entregar este primeiro traballo do programa C.S.I. será o 30 de setembro.

21 sept 2010

Lengua, Mates, Medio (1)

Actividades especiales para la Unidad 1, y también algunas tareas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

17 sept 2010

De Gandía a Culleredo

Este curso chegou con algunhas novidades. Eduardo xa non está aquí, como dixo antes de acabar o pasado curso. Agora hai dúas nenas novas: Amna e Sofía. Amna vivía en Gandía (Valencia), aínda que tamén estivo en Paquistán, un país situado en Asia. E cando se sinta máis adaptada á súa nova aula, seguro que poderá contarnos moitas cousas interesantes.

Mentres agardamos, e aproveitando o primeiro tema de Medio, facemos un post dedicado aos mapas. Por se non o sabes, en Internet hai auténticas marabillas. Observa e aprende…

  • http://amap.to/xfjvh: Para coñecer Gandía, en Valencia. Ademais, podes buscar calquera pobo ou cidade do mundo.
  • http://amap.to/iks94: CEIP Isaac Díaz Pardo, O Burgo-Culleredo, na Coruña. Onde naceu este blog de aula.
  • De Gandía a Culleredo: Descubre o recorrido dun coche que tivese que facer esa viaxe polas estradas de España.

De Gandía a Culleredo

Así que, e como se di no título do blog, imaxina, aprende, xoga e vive…

15 sept 2010

Después del verano

Acabamos de iniciar un nuevo curso y en nuestro blog empiezan a publicarse los trabajos de los Equipos de Redacción. Este primer post del curso trata del verano que ya pasó y de las cosas que hicimos. Como siempre, este equipo ha recibido la ayuda de otros compañeros y compañeras.

Este verano todos tuvimos muchas aventuras y además hemos viajado. Desde la playa a la piscina, y también a más lugares. Por ejemplo, algunos fueron a la Playa de las Catedrales, en Lugo, y otros a Andalucía. Las vacaciones son para divertirse, pero tampoco viene mal hacer algunos deberes.

Por otra parte, ganó España el Campeonato Mundial de Fútbol, por la suerte del gol de Iniesta y por los paradones de Casillas. Así que nos hemos reído y divertido, y por eso nos encanta el verano.

Ahora empieza un curso nuevo y nos volvemos a encontrar con los amigos y compañeros. Hay dos compañeras nuevas: Sofía y Amna, que viene desde Gandía. Esperamos que regrese pronto Ismaíl, para que las conozca, pues al parecer está de viaje. Y deseamos que su tesoro siga aumentando.

Para terminar, haremos lo posible para aprobar todos. Así que, ¡¡¡a por ellos!!!

[Carmen, Sara, Cristina P., Alejandro]

Daniel Ondina y Brais cedieron amablemente algunas fotos: de Baiona (Pontevedra) y de la Playa de las Catedrales (Lugo).

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización