5 oct 2010

Un puntiño no universo

Carl Sagan foi un científico extraordinario. Realizou e presentou unha das mellores series de televisión sobre o universo, Cosmos. Aínda hoxe é moi vista en sitios como YouTube e noutros semellantes que existen na rede mundial que forma Internet. Aquí tes un pequeno exemplo do seu traballo.

Logo de atender ben e de escoitar a súa voz, e, sobre todo, despois de ler a traducción das súas palabras, pensa no que che acaban de dicir. O noso planeta non é máis que un puntiño perdido no medio do universo.

Na libreta de Coñecemento do Medio, como remate da Unidade 1, elabora un breve texto sobre este vídeo: o que significou para ti, a túa opinión sobre o que liches e entendiches, o que estarías disposto a facer por este mundo que é único e tan fráxil. Lembra o último post que tratou esta unidade e o contido da etiqueta denominada medio.

12 comentarios:

Hermano de Sandra. dijo...

Hola ismail, o vidio do planeta esta moi ben , espero que sigas poñendo mais vidios e que sexan divertidos , e presentacios,pois moitas cousas mais.Ata outro dia. Adrian

Ismail de Saidabad dijo...

Ola, Adrián, alégrome de verte por aquí, descubrindo cousas. Así que volve cando queiras... Saúdos

Laura 6ºB dijo...

Hola a min tamen me pareceu moi chulo o video " Un puntiño no Universo" Adrian me gustou moito que escribiras no blog e parte diso fuches o primeiro en escribir neste post. Un beso.

SANDRA RIVADULLA LLERAFO dijo...

Ola Ismail.Este video danos moito que pensar,pois o que dí
este home, non é mais que a pura realidade.Dame certa tristeza por un lado, pois visto desa maneira como o di él,o noso mundo vese moi pequeno e moi fráxil.Se eu poidera facer algo polo meu planeta,sen dúbida faríao,aínda que iso temos que facelo cada un de nós.Chócame bastante que sexa tan pequeno cando nos parece tan grande;que sexamos tantos e tan diferentes;e síntome mal ó pensar que tamén tal vez haxa xente que o está a destruir....Coidémolo, pois como él dí,é o único planeta habitable que coñecemos,e é O NOSO!!!

Mario Aller dijo...

Sandra, un comentario realmente precioso, e que comparto totalmente. Anótao na libreta para que os demais poidan escoitalo na túa voz... Saúdos

SANDRA RIVADULLA dijo...

Grazas,Marío.É que na nosa casa somos todos moi ecoloxistas e moi traballadores.Saudos.

Andrés R.V. dijo...

Mario me acordei dos xogos que puxeches en 5B e xoguei un pouco e descubrin que son malisimo e que teño que practicar mais.Grazas e Adeus.

BRAIS dijo...

Mario pódoche deixar o enlace do conto no blog nun comentario, e que no me funciona ven o correo.
Tamén quería decir que me encanta este video.
Respóndeme, canto antes mellor.

Mario Aller dijo...

Por suposto, Brais, deixa o enlace que pasámolo ao mapa pero xa... Saúdos

BRAIS dijo...

www.cesarsalgado.net/contos/popular.htm#1
O conto e O pastor e o raposo.

Ismail de Saidabad dijo...

Un conto galego na volta ao mundo. Foi enviado por Brais... Saúdos

Laura 6º B dijo...

Hola, oyes Lucas, sigue asi porque cuando vayas en 6º vas a saber mucho sobre las capitales aparte de que ahora ya sabes muchisimas. SIGUE ASI!!!

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización