12 abr 2011

Unha bonita historia

Queredes saber como coñecín esta historia? Ben, non hai nada que o impida. Foi neste sitio onde descubrín o conto de Daniel Ondina, O móbil máxico. Aínda que xa está escrito, podo contar a miña versión, pois Daniel é un amigo. Se non fose así, a miña lingua transformariase nunha pedra incandescente e ningunha fonte podería apagala nunca.

Escoitade…

23 de abril, Día do Libro Un bo día Carlos paseaba pola rúa co seu amigo Fran. Mentres paseaban, falaban da tecnoloxía que había no mundo moderno. Había tantos televisores, tantos ordenadores, que ninguén se lembraba de contos como a Cincenta ou Brancaneves... Xa que, ao parecer, os nenos e as nenas tiñan outras ocupacións.

Así que, mentres camiñaban, Carlos atopou un móbil a punto de caer nos sumidoiros. Colleuno rapidamente por se era de alguén coñecido, pero parecía que estaba novo, moi novo.

Fran dixo:

-Wow!!! É o novo móbil Samsung Galaxy S.

Si, certamente molaba moito, aínda que os números 2, 4, 6 e 5 estaban brilando. Carlos pulsou eses botóns, e cando quixo darse conta a xente estaba lendo libros en vez de xogar coas consolas e videoxogos.

Era incrible. O móbil era como un libro de conxuros!

Os botóns 8 e 1 tamén brilaban. Carlos pulsounos e todo o asfalto e as beirarrúas enchéronse de flores. Parecían as flores dos contos marabillosos.

No había dúbida. Aquel móbil era impresionante!!!!

Os números 0, 7 e 9 non brilaban pero Carlos decidiu pulsalos, por se acaso. O móbil converteuse nunha espada coma a dun príncipe dos contos clásicos, e apareceron dragóns por todas as cidades do mundo.

Entón, Fran desapareceu sen máis!!!

Carlos buscouno por todas partes, ata que nunha torre de pedra viu un home estraño que facía maxia. Era Fran, pero parecía o mesmo mago Merlín.

Carlos non quería que a xente volvese a olvidar os contos do mundo. Pero tampouco quería que Fran, o seu amigo, esquecese a súa amizade. Por iso, Carlos pulsou o botón do móbil de cor vermella, e todo fixo , POOOF, POF, POF!!!!

E o mundo volveu a ser o de sempre.

Carlos seguiu pensando que facer para que os nenos recordasen os contos. Entón, abríu unha tenda onde os contos e máis a tecnoloxía poderían unirse. E así crearon o e-book, o chamado libro electrónico...

16 comentarios:

Alejandro Costa dijo...

Ola Mario e Ismaíl

Dani Ondina, que conto tan marabilloso e bonito fixeches. É canta razón tes. Hoxe en día con tanta tecnoloxía xa non nós acordamos dos contos populares nin de saír a rúa a xogar.

Saúdos

Mario Aller dijo...

Álex sempre está cando se lle necesita. Supoño que viches que tes dous fermosos correos... jejeje
Saúdos

Lidia dijo...

Ola Mario e Ismail e moi bonito o conto de Daniel Ondina.
E podemos facer unha historia con el?¿?
Gustame.
Un saúdo

Mario Aller dijo...

Lidia, unha película sería algo fantástico, pois esta historia préstase a iso. Aínda que non resulta fácil. Pero con esforzo e ideas todo é posible...
Saúdos

Alejandro Costa dijo...

Hola Lidia y Mario

Que razón tienes Lidia, como dice Mario el cuento se presta a ello. Pero, no nos olvidemos de la peli de Antón, que aún está pendiente. Tendremos que ir por partes,¿Que dices Mario?

Saludos

Mario Aller dijo...

Lo que está claro, Álex, es que todo a la vez no podremos hacerlo. Aunque seamos unos campeones... jejeje

Brais dijo...

Si Dani tes un conto moi bonito e esperemos que consigas seguir escribindo así de ben.

Daniel Martínez dijo...

Que conto máis bo, Dani. Esperamos que alla unha pelicula, aínda de que sea difícil.
Adeus

Brais e Saleta dijo...

Dani a túa historia é moi bonita e tamén moi tecnolóxica. Eu creo que está gran historia debe de ser pasada a unha gran película.

Ismail de Saidabad dijo...

Saúdos para Saleta, que xa é unha gran nena. E tamén para Brais, por suposto...

Laura 6ºB dijo...

Hola, muy bonito el cuenta Daniel Ondina.
Saludos.

Daniel Ondina dijo...

Muchas gracias por decir que mi cuento es muy bonito.Mario ¿que tal estás? Te echamos de menos.
Que pases una buena semana santa.
Ciao

Mario Aller dijo...

¡Cuánto tiempo Dani O! A ti también se te echa de menos por aquí... jejeje Estoy bien, eso espero, y ahora mismo estaba peleando con un post para Educa con TIC. Es lo que sé hacer. :-)
Saludos

Mario Aller dijo...

Hecho, Dani, y cerca había otro pequeño fallo que ya corregí... jejeje

Amna dijo...

Hola, soy Amna, me encanta esa historia,es bonito.

un saludo para Mario.

Mario Aller dijo...

Amna, y yo me alegro de verte por nuestro blog. Saludos

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización