Este é o mes dedicado aos libros e á lectura. o 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para o público lector máis novo. E o 23 do mesmo mes é o Día Internacional do Libro, que lembra o aniversario da morte de dous grandes escritores: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
Este ano, no cartel que conmemora o Día Internacional do Libro e Xuvenil aparece unha bonita frase:
Un libro espérate, búscao!
No noso Proxecto Bocata xa foron presentados diversos libros, que agora precisan de lectores que lean as súas páxinas. Pero como o proxecto aínda non rematou, pasamos a unha nova fase. Así que haberá que buscar máis libros para poder presentalos na aula, pois seguramente hai quen non sabe que moitos libros agardan por el ou por ela.
Anímate! Cavila un pouco e escolle ben o teu novo libro. Pensa que a alguén vaille encantar. Só por iso xa merece a pena a túa recomendación…
15 comentarios:
Outra nova dase de proxecto bocata. Oproxecto bocate e o que máis me gusta.
Eu non lein ningun sobre eses dous escritores, ¿cal me recomendas Ismaíl?
Fai tempo deixei no blog un comentario decindo que si no blog se podían poñer xogos de pasatempos, ¿porque non se poñen?
Todo andará, Brais, pois si que se poden poñer xogos no mesmo blog. Pero non vale calquera. De libro, recoméndoche un de Rodari, que é o seu ano...
Ola eu os pido que me perdoedes porque non podía vir porque me tiñan que arreglar o ordenador e na aldea non teño internet nin ordenador, moitas disculpas por non haber vido pero agora xa o vou reconpensar maña unha sorpresa para ti Ismail e para o blog tamén porque vou a deixar 3 comentarios e un mais pero que non vai ser de falar da entrada.
Un saúdo e perdoarme por non vir.
Ola Ismail ves que por agora estou cumprindo pero ou escoitei pola maña mal ou tiveches un falliño, aquí pon que o segundo día máis importante para os libros no mes de abril era o 23 non o 25 eu creo que ti pola maña dixeches o 23 e aquí dis o 25.
Eu ao mellor me equivoco porque as veces fala demasiado pero nese instante non falei e te estiven escoitando e creo que ti dixeches o 23 pero como ala atrás as veces non se oe ben...
Un saúdo para todos e espero que me contestes.
Ola Ismail eu teño que dicir que a min este post me encanta e por iso nos tamén na clase penso que seria unha boa idea que fixeramos algo para que nos tamén de algunha forma ter preparado algo para unha cousa que a algúns non lle gusta moito pero que grazas a ela ademais do que aprendiamos na escola ela tamén nos ensinou cousas moi valiosas como que se te interesas pola lectura podes entrar no seu mundo e gozar con elas e todo isto que digo llo digo de corazón a lectura.
Un saúdo e espero que fagamos algo diso que falo ao principio.
Tiñas razón, Lidia, puxen 25 e quería dicir 23 de abril, pero xa está solucionado. Creo que faremos algunha cousa para celebra o día do libro, habendo como hai voluntarios... Saúdos
Pero eu decía dos escritores que aparecen no post.
Ah, Brais, pero é que son dous escritores para maiores. Pero direille ao profe que che sorprenda con algo, xa verás...
Saúdos
Please, que alguén fale con Sandra e Alejandro para que mañá leven os seus poemas. Ismaíl quere velos no blog...
Ola,Ismail.Non te chegou un comentario meu as 5?
Ola,Ismail.Este foi o comentario que creo que te escribin as 5: Ola,Ismail.Sinto tanto tempo sen comunicarme contigo.Estiven nesta Semana Santa no Grove.Aproveitando eses días"libres".É moi bonito"O Grove".Estivemos nun camping o lado do mar,con un paisaxe estupendo e unhas rochas enormes.Acordeime de ti ó ver un surfista na praia. Entón dixen pra min: ¡"quen lle dera a Ismail" estar aquí,co seu traxe novo,surfeando e facendo castelos de area. En fin, agora xa estou aquí de novo ó pe do cañón. Un saudo.Sandra.
Hola Ismaíl!! Eu farei como Lidia e deixarei algúns comentarios de mais, espero non molestar.
Quería decirte de parte dos meus amigos de baloncesto Raúl e Daniel Nion moitas grazas e tamén de parte miña e de Dani Martínez por poñernos no blog.
Hola Ismaíl!! Eu querería saber por qué te saen no blog os comentarios duplicados porque unha cousa é que se lle dupliquen a eles pero ti poderías poñer un só.
Hola Ismaíl!! primeiramente quero decir que Antía díxome que che díxera dúas cousas:
1. Que di que eu podería ler algun dos libros de Shakespeare ou de cervantes e que se me recomendas algún.
2. Díxome que moitas grazas por poñela no blog e que se a pos co seu cómic de Hércules que está desexando velo e eu penso que ata poderíamos sacarlle unha foto a Antía co seu cómic e poñela no blog, pero depende de se ela quere.
E quero decirlle a Brais que lle recomendo Romeo e Xulieta de William Shakespeare porque a historia dos Capuletos e dos Montescos parece moi incríble, aínda que ao final morren todos e Don Quixote de Miguel de Cervantes que aínda que non o lín Antía que xa é famosa no blog díxome que esta moi ben.
Hola Ismaíl!! Só quero dicir que te olvidaches de poñer o teu correo ou o de Ismaíl.
Hala xa non vos molesto máis neste novo post.
Publicar un comentario