30 abr 2010

O canto das baleas (parte 2)

Ler O canto das baleas (parte 1)

Lili  sentouse no bordo do peirao a esperar. Esperou toda a mañá ata o atardecer.
Cando comezaba a escurecer, tío Federico baixou do outeiro a buscala.
Abonda xa de loucuras!, dixo imos para a casa!, non podes pasar a vida soñando!

Aquela noite, Lili espertou de súpeto. A luz da Lúa iluminaba o seu cuarto. Incorporouse e puxo atención. A casa estaba en silencio. Lili saltou da cama e achegouse á ventá; oía algo na distancia, desde o outro lado do outeiro. Saíu da casa e correu cara á costa, mentres o seu corazón latexaba cada vez con máis forza.

Alí, no océano, estaban as baleas. Saltaban, brincaban e xiraban iluminadas pola Lúa. O seu canto inundaba a noite. Lili viu a súa flor amarela mexéndose entre a escuma.

Pasaron minutos, quizais horas. De pronto, Lili sentiu a brisa movendo o seu camisón. Tiña os pés xeados, comezou a tiritar, refregou os ollos. O mar volvera á calma e a noite xa era moi escura. Lili pensou que todo tería sido un soño. Ergueuse para volver cando de súpeto, desde lonxe, desde moi lonxe, como un murmurio do vento, oíu...

Lili! Lili! Lili!

As baleas chamábana polo seu nome...

El canto de las ballenas, de Dyan Sheldon

Ver de novo o vídeo das baleas.

6 comentarios:

Ismail de Saidabad dijo...

Teño que mostrarvos unha cousa: xa escollín unha imaxe para os meus comentarios... jejeje

Marta dijo...

É xenial! A verdade, eu creo que tampoco teño imaxe, teño que ver como se pon.
Bicos!

Lidia dijo...

Ola Ismail encántame a túa nova foto, como tamén me gusta este post que publicaches e outra vez impresionante a parte que máis me gusta e a foto do final.

Ola Mario eu quero que ti me perdoes se cando estou na clase falo moito eu e ti xa sabemos que falo moito pero por exemplo na hora de lectura Cristina non me para de falar de lo que va a facer, lo que le pasa y me conta cousas cando no debe e iso o fai en todas as clases non me para de molestar contándome a súa vida.
E se por ese motivo cambiasme de sitio te pido por favor que me poñas un pouco máis adiante porque levo moitísimo tempo alí atras.
Un saúdo e espero que me respondas.

Mario Aller dijo...

Atenderase a túa petición, Lidia, non te preocupes, que tampouco é que fales tanto...

Andrés dijo...

Mario non sei por que non me vai a segunda parte das baleas eche agradeceria moito que me dixeras o que lle pasa por favor.

Ismail de Saidabad dijo...

Non entendemos o que che pasa, pois todo está ben. De todas formas, o vídeo é o mesmo da primeira parte. Saúdos...

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización