A escritora Dyan Sheldon publicou en castelán un fermoso libro titulado El canto de las ballenas. Para que o coñezas, dividímolo en dúas partes. Aquí tes a primeira. Disfruta coa súa lectura!
Un día, a avoa de Lili contoulle unha historia:
Hai tempo había baleas nos océanos. Eran tan grandes como outeiros e pacíficas como a Lúa... Sentábame ao final do peirao a esperalas. Ás veces quedaba alí durante todo o día e durante toda a noite, ata que de súpeto as vía chegar desde moi lonxe. Avanzaban danzando a través das augas.
E como sabían que ti estabas alí? Como che encontraban, avoa?, preguntou Lili. A súa avoa sorriu.
Ah, tiñas que levarlles algo especial. Unha bucina ou unha pedra de formas perfectas. E se ti lles gustabas, as baleas aceptaban o teu regalo e dábanche algo a cambio.
E que che deron, avoa?, preguntou Lilí, que recibiches ti das baleas? Entón, a avoa de Lili suspirou.
Unha ou dúas veces, murmuroulle, unha ou dúas veces oínas cantar.
Nese momento, o tío Federico irrompeu no cuarto e dixo bruscamente:
Non es máis que unha vella tola! As baleas foron valiosas pola súa carne, polos seus ósos e pola súa graxa! Se queres contarlle unha historia a Lili procura que se trate de algo útil, non lle enchas a cabeza con parvadas...
Pero a avoa de Lili continuou:
Aquí viviron as baleas millóns de séculos, xa antes de que existisen barcos, cidades e mesmo os homes das cavernas. Dicíase delas que eran máxicas.
Cando se durmiu, Lili soñou con baleas. No seu sono oíunas cantar como o vento. Saltaban sobre as augas e chamábana polo seu nome. Pola mañá, Lili baixou ao océano. Camiñou ata o final do vello peirao, onde non había ninguén... Sacou do seu peto unha flor amarela e deixouna caer:
Isto é para vós!, berrou ao vento… (continuará)
Aproveitamos a primeira parte desta bonita historia para mostrar outra. Trátase dunha nova presentación rematada na clase por dous bos compañeiros: Pablo e Rubén Seoane.
11 comentarios:
Está moi ben! Tamén gústame a presentación do gnomo.
Lémbrate e pasa pola clase, que teñen que darche unha boa moeda de ouro. Por certo, este é o blog de Marta Pazos, de 6º A:
http://www.webmarta.blogspot.com/
Saúdos
Ola me parece impresionante que meu apodo saía historia FANTÁSTICA encantoume moitísimo
En cantoume o vídeo das baleas como saltan son moi áxiles.
A presentación de Pablo e Ruben me gustou moi pouco porque o comezo pon o mesmo ca miña despois caíches de ceo para 5 ºB sempre e o mesmo e moi curta.
Síntoo pero e moi parecida a miña.
Un saúdo pero o síntoo
Si que é unha historia moi bonita, Lidia (¿ou Lili?). Seguro que na clase podemos facer algo con ela. Ah, e un aviso para o Equipo de Redacción: como non presentan ideas para escribir, buscaremos a outra xente máis creativa. Así que ofrecerlles algunhas suxerencias, que parecen estar moi "secos"...
Ola,Ismail.¡Que historia tan pero tan chula!.A ver se podo comprar ese libro . Xa teño ganas de leelo, pois xa que trátase de baleas.O video é moi chulo ,e a presentación de Pablo é espectacular.Agradece a Pablo de miña parte e moitos besos pra tí,eu, Sandra.
Sandra, recoméndoche que o busques antes nunha biblioteca. A historia é moi fermosa, e combina texto e imaxes preciosas. Pero o texto non é moito, case o poño ao completo no blog.
Ei de dicir que quedei sorprendidisimo coa tua presentación Pablo e preguntavame se me poderias enseñar alguns dos teus trucos porfavore cho pido.
Andrés, hai que proclamar que os teus comentarios son ben interesantes... Tes que facelo máis veces, así poderemos saber das túas ideas. Saúdos...
Hola ismail é Mario.
O video das baleas era espectacular.
E Pablo a túa presentación era tamén increible
pois a Ismail debeulle de encantar.
Adeus.
Tes razón, Dani, o traballo de Pablo e Rubén Seoane encantoume. Aínda non sei ben como o fixeron Parece cousa de maxia...
A historia das baleas si que é algo curta. Se o podes coller na biblioteca moito mellor, así non gastas cartos. Hai que dicir que aun que sea curto a min gústame.
Publicar un comentario