O escritor Xabier P. Docampo visitará o colexio para estar cos alumnos e alumnas de 5º curso. Desde a Biblioteca do Centro, recomendaron a lectura do seu libro Cando petan na porta pola noite, como unha maneira de coñecer ao autor e á súa obra. Así que será unha boa idea ofrecer algunhas suxerencias desde o noso blog. Aquí están:
- Un breve resumo do libro, e tamén información sobre outros traballos do escritor.
- Ficha técnica e actividades, da editorial Xerais, a mesma que publicou en 1994 o libro.
Por certo, Cando petan na porta pola noite recibiu en 1995 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Neste curto vídeo podes ver a Xabier P. Docampo e escoitar a súa voz. Reflexiona sobre o seu interese pola escritura e o seu traballo como escritor…
7 comentarios:
Que sorte!!!
Para min sempre é un pracer escoitar a Xabier.
Espero que o disfrutedes
bicos
Grazas por visitarnos, Belén... Aquí sempre es benvida... :-)
Saúdos
Ola Ismail o xa vin o video de Xabier supoño que cando veña faremoslle moitas preguntas especial mente do libro Cando petan a porta pola noite.
Ola, Alex, creo que o profe está cun post no que aparece unha poesía túa... Es todo un poeta!
Saúdos
Ola,Ismail.Temos unha gran sorte porque Xabier do Campo ben a nosa clase.Eu creo que o seu libro e o mellor, porque e un libro interesante, con palabras ben expresadas que os nenos de 5ºB podemos aprender delas.Tanto a Mario quero darlle as grazas por prestarme o seu libro e confiar en mi.E pra que o sepades intentarei ser unha gran escritora como Xabier do Campo.Moitos bicos Sandra.
Sandra, é marabilloso saber que queres ser unha escritora. Moito ánimo e escribe sempre, que o lograrás con esforzo... Moitos saúdos para ti.
Bueno Ismaíl, gustouche como resumin hoxe a historia do cumpremortes?, contéstame porque a min no me gustou. POR FAVOR.
Publicar un comentario