31 mar. 2011

Colaborar e compartir

Unha alumna doutro 6º e noutro tempo fixo uns debuxos de Ismaíl moi bos. Era Carolina González Gil, que agora estuda o 4º curso da ESO. Creo que ela, na imaxe que hai debaixo, representou unha das cousas que máis lle gustan ao noso amigo: a busca de ideas para colaborar e compartir. Son dúas palabras bonitas, pero é necesario coidalas e practicalas…

28 mar. 2011

A porta dos contos

Din que cando un neno ou unha nena non le, a imaxinación desaparece. Por esa razón, abrir un conto é como abrir unha porta a un mundo imaxinario. E cando esa porta se abre, acontecen cousas inesperadas. Por exemplo:

Alguén fala coa Lúa ou pide un desexo a unha estrela fugaz. Talvez a esperanza perdida é recuperada nun bosque encantado. Ou ao mellor un bico transforma en príncipe unha ra verde. E aparece unha fada madriña que converte unha cabaza nunha incrible carroza…

Tamén hai recordos e bágoas, e a inspiración dos mundos marabillosos levántase, vitoriosa, como unha ave fénix. E renace das súas cinzas. Por iso, é necesario explorar a porta dos contos, que tamén é a porta dos soños. Debemos escoitar a súa canción, e bailar, e bailar como un dervixe

Así, para que a imaxinación chegue, hai que abrir esa porta. E nós acabamos de abrila. Está en Polgariño conta, o seu nome é O taboleiro fantástico.

27 mar. 2011

Máis palabras de Polgariño

Agora son Daniel Martínez e Clara os que len para Polgariño conta. O procedemento para inventar as súas historias foi o mesmo que se explicaba nun post anterior. Os seus títulos son os seguintes:

26 mar. 2011

Los amuletos

Hacía tiempo que no escribía un post, ya que un blog es un asunto demasiado humano. Pero hoy tengo un buen motivo. El viernes, un poco antes de la hora de salir, el profesor contó una cosa que la clase tenía que saber. Se trataba de un problema pequeño, de una preocupación más de la vida, y por eso cree que fue comprendido.

De todos modos, hubo un detalle muy curioso y sorprendente. Tal vez en su cara se mostró alguna señal que él no pudo controlar. Entonces, Daniel Ondina se le acercó y le dio su amuleto, un óvalo de metal decorado con tonos azules. Al ver eso, Pablo le entregó su muñeco de la buena suerte, una figurita negra con cabeza de calabaza. Me parece que se emocionó, pero no tuvo tiempo para decirlo. Porque Cristina Sánchez le cedió su pulsera de la suerte, hecha con perlas blancas y una gatita de metal brillante. Y Andrés, por último, también le dio su amuleto: el lápiz del escritor Manuel Rivas, que venía con su libro O lapis do carpinteiro.

Amuletos de Dani, Cristina, Pablo y Andrés.

Podéis creerme, todos los amuletos ya están bien guardados. A la vuelta, cuando esto no sea más que un recuerdo, los devolverá para que de nuevo cuiden la magia de vuestra suerte.

Y seguro que en su cara esta vez se mostrará una sonrisa… De su parte, ¡gracias, muchas gracias!

25 mar. 2011

Palabras de Polgariño

As historias naceron para ser contadas e tamén lidas, e así pasa en Polgariño conta, o noso proxecto de escritura. Marta e Sara len dous dos seus contos, que inventaron coas palabras poderosas torre, unicornio, xigante, ouro e porto. Despois engadiron dous nomes: Sofía e Daniel. E con esas sete palabras crearon as dúas bonitas historias que nos presentan neste novo vídeo: O sono extraño e Sofía e Daniel.

22 mar. 2011

Cuando el mundo era joven todavía

Júrg Schubiger es el autor de este libro, que ya leyeron Ana y Alejandro. Es un gran libro, que además ha ganado varios premios, y que Ismaíl recomienda siempre que puede. Como Álex preparó una bonita presentación, tal vez a los tres se les ocurra alguna idea para hacer algo en la clase. Pero como mínimo habrá que leer, claro…

El camello y el dromedario

“El dromedario tiene dos jorobas y el camello una, o al revés. En cualquier caso, uno de los dos tiene una, y el otro, dos, y ninguno tiene ninguna, ni tiene tres, cuatro o más jorobas.
Un camello y un dromedario se encontraron en el desierto. El de las dos jorobas le dijo al de una joroba:
—Oye, ¿por qué no tienes más que una joroba?
El de una joroba le contestó:
—Para que se nos distinga fácilmente. Basta con contar las jorobas y ya se sabe: yo soy un camello y tú eres un dromedario, o al revés”.

Júrg Schubiger, Premio Hans Christian Andersen 2008

20 mar. 2011

Cincenta, Cenicienta, Cinderella

É ben sabido que a Cincenta é a personaxe principal dun famoso conto de fadas. Nas terras da Península Ibérica estamos máis familiarizados co relato dos Irmáms Grimm ou coa versión de Charles Perrault. Ademais, probablemente a maioría da xente coñece a película de Walt Disney. Con todos eses datos, a principios de novembro do pasado ano iniciamos unha pequena viaxe ao redor do mundo con Cincenta.

Agora que todo acabou, é o momento das lembranzas. É certo que algunhas cousas aínda seguen vivas, e incluso medrando. Pero a parte máis importante do proxecto está feita: imaxinar, ler e escribir, dicir e contar…

  • A nosa viaxe empezou en China, co conto O peixe da felicidade. Nel coñecemos a Ye Xian, que segundo din moitos foi a primeira Cincenta.
  • En Exipto, xunto ao río Nilo, atopamos a Rhodopis. Como calquera outra Cincenta, tamén calzaba unhas zapatillas, aínda que se di que as dela eran vermellas.
  • Máis tarde, chegamos a Francia para saber de Charles Perrault e da súa versión: A Cincenta ou A chinela de cristal. Trátase dunha das adaptacións máis famosas.
  • En Alemaña atendemos aos irmáns Grimm, Wilhelm e Jacob, que reescribiron a súa propia versión da Cincenta. Algúns dos seus elementos son ben coñecidos, pero outros non tanto.
  • Un día puidemos volver a España para descubrir dúas antigas versións deste conto: María la Cenicienta e, especialmente, Estrellita de Oro, que chegou a América. Os dous baséanse, dalgún xeito, na obra dos irmáns Grimm.
  • Tamén usamos un mapa para non perder nunca o noso camiño, que aquí podes observar.
  • E, por último, xogamos coa Cincenta, coa alegría de quen sabe que afortunadamente rematou a súa viaxe.

18 mar. 2011

O entroido que marchou

Menos mal que as nais de Laura e de Sandra estiveron ben atentas, e coa cámara preparada, e así podemos presentar o noso vídeo do Entroido. Sabemos que chega cun pouco de retraso, e o sentimos, pero creo que valeu a pena. Ah, e lembrade que estamos en YouTube

14 mar. 2011

Haikus para Xapón

O haiku é unha forma poética propia da literatura xaponesa. É un poema sinxelo composto por tres versos: o primeiro e o último, de cinco sílabas; e o segundo, de sete. Así que en total un haiku só ten 17 sílabas, no que destacan un vocabulario sensible e unha linguaxe descritiva.

O pasado fin de semana a terra tremou no Xapón, e o mar, transformado nun tsunami, destrozou e asolagou vilas e cidades. A tristeza é agora moi grande. E nós pouco podemos facer. Pero a pesar de que as palabras son pequenas, ás veces axudan tanto como o mesmo aire. Pois tamén serven para respirar e sobrevivir… Escribe un haiku para o Xapón! Preme aquí.

13 mar. 2011

Mix Ismail´s Friends

Estamos a reorganizar algúns materiais audiovisuais do blog no noso Canal YouTube. O pasado curso, Lidia, Laura e Brais gravaron en vídeo e nos seus ordenadores o recitado dun poema de Miguel Hernández: Rueda que irás muy lejos. Agora, xunto con outras imaxes variadas, mesturamos todo e facemos unha publicación nova.

Ademais, ao parecer xa non funciona moi ben o sito onde tiñamos as outras gravacións. Así que no noso canal de vídeo seguro que estarán mellor gardadas.

5 mar. 2011

O cofre máxico

O noso proxecto de escritura Polgariño conta segue a dar sorpresas. Un dos seus contos, O mundo máxico, inventado e escrito por Alejandro, foi transformado por toda a clase para facer a nosa primeira historia dixital. E estamos moi orgullosos do traballo!

Aproveitando os días de Entroido, fixemos unha adaptación de relato de Álex. Usamos materiais sinxelos, como unha cámara de fotos normal pero con capacidade para gravar vídeo. E aquí está o resultado. Disfrutade coa nosa película! Hollywood, mira!

3 mar. 2011

También en YouTube

Acabamos de inaugurar nuestro propio canal en YouTube y nos sentimos muy contentos. Seguramente es por el nombre del sitio, que es tan importante. Pero como también sabemos que se va acercando el final en primaria, pondremos ahí algunas de las presentaciones antiguas, además de otras nuevas. Así se podrán ver estos recuerdos en el futuro…

Por ejemplo, este vídeo no es de ahora, aunque se le han añadido fotos nuevas. Puedes ver la versión anterior aquí.

1 mar. 2011

Cen por cen Seoane

Onte estivemos na Fundación Caixa Galicia para coñecer a exposición dedicada a Luís Seoane, un dos grandes pintores e artistas galegos do século XX. Ao finalizar a visita, asistimos a un pequeno obradoiro de deseño e gravado de carteis, que resultou moi interesante.

Marta, que é unha boa fotógrafa, fixo unhas estupendas fotos e un impresionante vídeo. É o primeiro que preparamos para compartir! Por iso, a Escola de Ismaíl tamén está agora en You Tube.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización