2 nov 2010

Cincenta ao redor do mundo

Non agardaremos máis tempo, hai que entrar nunha nova aventura: para ler e escribir moito, para buscar e contar todo. Ademais, Cincenta e Ismaíl teñen confianza en todos nós. Así que todo sairá ben.

Este será o camiño:

  • Empezaremos a nosa exploración co mapa de Cincenta ao redor do mundo, para coñecer á protagonista do conto máis famoso.
  • As historias de La vuelta al mundo en 80 cuentos, para descubrir sorpresas e outras marabillas.
  • A busca de libros de Cincenta e de contos do mundo nas bibliotecas máis próximas: no colexio e no concello.
  • A participación dos nosos equipos de redacción, para escribir no blog de aula.
  • A narrativa dixital, é dicir, a invención de historias, pero usando algunhas aplicacións de Internet e outras ferramentas tecnolóxicas.
  • As ideas para inventar historias de Polgariño conta, que iniciamos o pasado curso.
  • Tamén haberá webquest, músicas do mundo, xogos online e imaxes para colorear, ademais das vosas ideas e suxerencias.
  • Por último, rexistraremos as diversas actividades, pois é importante publicar e compartir.

Ver Cincenta ao redor do mundo en un mapa más grande

Unha das máis antigas versións do conto da Cincenta apareceu en China entre os anos 850 e 860, e foi escrita por Duan Cheng Shi. A súa protagonista tamén é maltratada por unha madrastra, e cada día vese obrigada a buscar auga nun lago que está nun bosque moi afastado. Pero un día atopou un peixe máxico que…

Esta é a nosa primeira historia!

El pez de la felicidad, Duan Cheng Shi - Li Han Wen

11 comentarios:

Daniel Martínez dijo...

Este post está moi ben Mario, procurare axudar como outros mouitos.
Adeus

Marta dijo...

Hola Mario,soy Marta y acabo de ver este nuevo post y me gustó la idea de hacer estos trabajos.Saludos a ti y a Ismail

Ismail de Saidabad dijo...

O primeiro éxito! Ana Pazos atopou na Biblioteca Pública o libro El pez de la felicidad, unha versión da Cincenta que ten máis de 1000 anos… Parabéns para a nosa exploradora!

Laura 6ºB dijo...

Hola me gusto mucho el cuento, me gustaria que a Daniel M, Lidia y Pablo les quedara el post muy bien. Bueno me tengo que ir un beso.

Ismail de Saidabad dijo...

Laura, seguro que agradecen tu ayuda si se lo dices... Espera! Se lo diré yo, si quieres.
Saludos

Mario Aller dijo...

Temos máis libros... Logo direi cales.

Laura 6ºB dijo...

Hola el post que hicimos: Lidia, Daniel M, Ana, Pablo y yo nos salio muy bien o por lo menos a mi me parece. Nos llevo un tiempo acabarlo porque nos ocupo una hoja entera. Espero que a vosotros también os guste el nuevo post! Bueno me voy un beso. Adiós.

BRAIS dijo...

Bueno, bueno cuantas actividades pusiste en este post Ismaíl y esperemos que se cumplán porque nosotros somos unos niños muy, muy valientes.
Ismaíl también se pueden buscar en internet más versiones de la Cenicienta?

Ismail de Saidabad dijo...

Lo mejor de todo, Brais, es que en español o gallego no hay muchas cosas sobre este asunto. Así que nosotros seremos los primeros... ¡Pero habrá que esforzarse!
Busca en Internet, que necesitamos buenos exploradores para no perdernos. Ten cuidado, ya sabes que hay gente que pone trampas. Por ejemplo, caballos de Troya... jejeje

Brais Ramos Pérez dijo...

Hola:
Os preguntareis porque estoy comentando en esta entrada tan "remota".
En clase nos han propuesto un trabajo sobre los hermanos Grimn. Y yo, para hacer este trabajo, voy a utilizar el trabajo de "Cincenta ó redor do mundo".
Un saludo.

Mario Aller dijo...

Me parece una buena idea, Brais, porque nuestro trabajo ya fue premiado. As que acuérdate de nosotros. .. :-)

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización