13 may 2010

Si, si… Probando!

O escritor Uxío Novoneyra serviunos para realizar as nosas primeiras gravacións de voz. Aproveitamos os seus versos, pois a ese poeta se lle dedica o Día das Letras Galegas, e así cada un dos nenos e das nenas escolleu os poemas que quixo, ao seu parecer. O importante era saber recitalos na clase, para todos os seus compañeiros, como cando celebramos o Día da Poesía.

Por tanto, aquí están algunhas desas primeiras gravacións, pero que non serán as últimas. Agora só falta probar a cámara de vídeo. Xa temos algunhas ideas, pero iso é outra historia…

Antón Seijas Vieites: Letanía de Galicia 

 Sandra Rivadulla Llerafo: Fiandeira namorada

Se queres descubrir o que Sandra e Antón desexan ser cando medren máis, preme en calquera das imaxes e búscaos.

Antón Sandra

8 comentarios:

Lidia dijo...

Ola eu creo que a clase de 5ºB e a mellor clase do mundo.
Mira Sandra selle da moi ben escribir poesías cando escribiamos un post xa fixo un pareado e agora lee moi ben as poesías e debuxa que e moi moi moi boa.
Antón tamén e moi bo lendo a poesía e eu non o sei pero que escribilas tamén e bo igual que debuxando.
Somos a mellor clase de todo Culleredo.

Ola Ismail eu en vez de regalarche unhas moedas ou debuxos che vou a facer unhas flores moi bonitas a man con papel de cores, se a ti non te molesta(como todos che regalan moedas e cousas para o teu tesouro...)
xa veras che vai a encantar.
Un saúdo e moitos bicos.

BRAIS dijo...

Bueno aínda que sean probas, eu creo que saliron moi ben sobre todo a de Antón que ten un exitazo.

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismaíl, creo que a de Sandra se escoitaba máis alto que a de Antón. Moi bo traballo!
Adeus.
;-)

BRAIS dijo...

Non crees, Ismaíl que como na clase vamos na unidade das plantas, habería que poñer unha entrada sobre plantas, porque para min son moi importantes na nosa vida habitual. Digo que son moi importantes por culpa do osíxeno que producen

Ismail de Saidabad dijo...

Talvez sexa certo, Brais, pero é que as Letras Galegas tamén lían o seu. Hai cousas novas, a festa, logo a excursión... Xa veremos que decide o profe. Saúdos

Brais dijo...

Moi ben Ismaíl, pero recórdalle a Mario que para min sigue sendo un tema moi importante.

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismaíl, e compañeiros acordaros do diñeiro da excursión se non alguén non vai quedar sen ir.
Adeus
(P.D. Creo que un día de estos va a aumenar o tesoro de Ismaíl.)

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización