2 may 2010

O poeta do Courel

Como sabes, cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Todos os anos elíxese a un escritor ou escritora para a homenaxe desa data. Este ano correspondeulle ao poeta Uxío Novoneyra, do que xa tes no blog suficiente información.

Nesta nova actividade, ao igual que sucedeu durante o Día Mundial da Poesía, aparecen diversas tarefas. Haberá que ler e escoitar os versos cantados, haberá que aprender e recitar, e, por último, haberá de facer debuxos especiais, impresionantes, marabillosos…


Ver Uxío Novoneyra, o poeta do Courel en un mapa más grande

Ah, pero ademais está en marcha outra actividade, a das presentacións… Seremos capaces de rematar ben todo? Por se acaso, anímate e non te descoides…

13 comentarios:

Lidia dijo...

Ola Ismail este e moi bo post e unha pregunta elixes ti o poema ou cada quen o elixe?
Espero unha que non todos leamos a mesma so porque saíu no outro post e o sabemos mellor, porque senón parece que ninguén se esforza por estudar unha boa poesía dun bo escritor como Uxío Novoneyra.
Un saúdo, moitos bicos e sorte que vai a estudar unha boa poesía e a presentación e unha verdadeira marabilla.

Ismail de Saidabad dijo...

Como aparecen varios poemas pequenos de Novoneyra, recitaremos moitos, non só un. Xa verás... E eu xa estou desexando coñecer esa presentación, que ao parecer vai ser estupenda. Saúdos...

Sandra Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.¡Vaia poesias!.Non creo que poida elexir entre estas poesias tan boas.¡Ti cal me recomendarias!.Bueno gustame moito a de "Fiandeira namorada " pero aun así estou confusa.Estou desexando que chegue o 17 de maio,porque sempre veo moita ilusión nas caras de case todos.É tamén teño ilusión por gañar eu algún premio.Moitos bicos eu,Sandra.

Sandra Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.¡Vaia poesias!.Non creo que poida elexir entre estas poesias tan boas.¡Ti cal me recomendarias!.Bueno gustame moito a de "Fiandeira namorada " pero aun así estou confusa.Estou desexando que chegue o 17 de maio,porque sempre veo moita ilusión nas caras de case todos.É tamén teño ilusión por gañar eu algún premio.Moitos bicos eu,Sandra.

Mario Aller dijo...

A min tamén me gustan todas, pero vouche contar un segredo... Non sei cantas veces escoitou o profe cantar a Emilio Cao eses versos que din "Cain as follas"...

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismail, Antón, Edu e eu vamos a facer unha
presentación das letras galegas chulisima.
Adeus.

Ismail de Saidabad dijo...

Daniel M., non sei se serei capaz de aguantar moito tempo sen ver esa presentación tan fantástica...

BRAIS dijo...

Ismaíl pregúntalle a Mario se mañán podo levar o meu ordenador porque así en ved de ter 1 ordenador teremos 2, o meu e máis o da clase. A min non me importa levalo se non non me ofrecería.

Ismail de Saidabad dijo...

Brais, vale, aceptamos o ordenador. Saúdos...

BRAIS dijo...

Vale, Ismaíl.

Daniel Martínez dijo...

Hola Ismail, e Mario.Gustoume moito este post, e sobre todo a poesia canta o cuco porque é breve e moi divertida.
Adeus.

Anónimo dijo...

ola son yoly da aula de 5 ªa . e gustoume moito o traballo do courel que fisechedes estivo moi ben un bico yoly

Mario Aller dijo...

Grazas por visitarnos, Yoly, pois todos os de 5º A sodes benvidos aquí. Saúdos...

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización