21 nov 2010

Lengua, Mates, Medio (4)

Actividades especiais para a Unidade 4, e tamén algunhas tarefas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

18 nov 2010

Como facer un monstro

Publicamos un traballo dun novo equipo de redacción. O seu tema é, sobre todo, o uso do ordenador e a arte dixital. E despois, por suposto, a imaxinación e a creatividade.

Estes son os pasos para facer, co programa Paint, un monstro a partir dun garabato:

  1. Seleccionar o lapis ou o pincel para realizar o debuxo do teu garabato. Non temas e faino bonito.
  2. Co garabato xa feito, hai que poñer todo o que necesita: ollos, brazos, pernas ou patas, boca, rabo, etc. Se queres, tamén podes debuxarlle uns cornos, unhas manchas na pel ou as súas antenas, por exemplo.
  3. Despois escolles a cor que desexes para o teu monstro. Para iso utiliza o bote de pintura e preme onde queiras pintar.
  4. Para rematar o teu monstro, podes inventar un nome. Emprega o botón de texto para escribir como se chama. Velaí terás todo feito…

Con estes catro pasos ben sinxelos terás, por fin, o teu primeiro monstro a partir dun garabato. Pero feito con Paint. Así que disfrútao. E lembra que todos queremos ver aquí a túa creación.

[Alejandro, Sandra]

14 nov 2010

Para saber máis

Sempre hai voluntarios para realizar tarefas novas. Ás veces, aparecen sen que ninguén diga nada, como ocorreu cando falamos dos volcáns. Outras, en cambio, chegan despois de explicar algo diferente, como a pecha kucha. Ademais, empezamos a creación de historias dixitais mediante o uso do ordenador, con Storybook Weaver. Dentro de pouco presentaremos os primeiros traballos.

Tamén estamos con Cincenta ao redor do mundo, que nos leva polos contos populares, a lectura e a escritura. Por iso fomos ata China, con El pez de la felicidad, e agora pasaremos a Exipto. Alí hai que saber de Rhodopis, pois din que se trata da cincenta do mundo exipcio. Así que xa podes comezar a explorar.

E todo iso serve para saber máis, que dixo Ismaíl…

10 nov 2010

La felicidad está aquí

En el viaje por el mundo de los cuentos, con La Cenicienta, supieron del pez de la felicidad. Es cierto que está muy lejos, en China, pero su felicidad se encuentra aquí, sobre todo en sus madres. Estamos a punto de celebrar nuestro magosto, con todo el colegio. Y algunas mamás nos sorprenderán con unas tartas riquísimas. Así que este post es para todas ellas, y con nuestro agradecimiento.

MAMÁ
Estaba oscuro...
Solo el rayo de la luz de tus ojos.
Me enseñaste a respirar
y tus entrañas acariciaban mi frágil cuerpo.
Soñaba con colores
y te imaginaba hermosa,
fueron nueve meses en un mundo rosa.
Crecí poco a poco con tu calor
me alimentaba con tus caricias
y frases de amor.
El momento llegaba
iba a conocerte,
estaba muy protegida
con miedo de perderte...

Gracias por lo que habéis hecho por nosotros todos estos años, por traernos a este mundo. Por vosotras haremos cualquier cosa, como hicimos estos peces. Por eso os deseamos toda la felicidad…

El equipo de redacción que preparó este post estuvo formado por: Lidia, Lara, Cristina Pena, Antón y Dani Martínez. Ellos buscaron en Internet y encontraron los versos de un poema que les gustó. Y usaron un fragmento.

7 nov 2010

A nosa aula

Calquera explorador, despois da primeira viaxe, necesita un pouco de descanso. É normal. Por iso, mentres rematas as últimas tarefas, descubre estes xogos e divírtete coas fotos da clase. Son palabras de Ismaíl, eh.

Ola, ola, caracola! POISSON ROUGE: É un sitio para os máis pequenos, pero ten algunhas cousas moi sorprendentes. Por exemplo:
-Ilusións ópticas
-Galería de arte
-Piano
-Telescopio
-Colorear insectos
-Alfabeto grego
ENCYCLOPEDIA INTERACTICA: Tamén é dos mesmos autores de Poisson Rouge, así que vai e proba.
NASA Kid’s Club: Interesantes xogos para os novos astronautas, desde a axencia espacial americana.

Aquí están os exploradores de 6º B, que son nenos e nenas do CEIP Isaac Díaz Pardo, un colexio ben lindo. Ao igual que Harry Potter, algúns levan na cabeza un sombreiro seleccionador, pois nunca se sabe…

4 nov 2010

El pez de la felicidad

El pez de la felicidad es un antiguo cuento chino que se parece mucho a la historia de Cenicienta. Está incluído en Cincenta ao redor do mundo, que significa Cenicienta alrededor del mundo. Así que, es cierto, comenzamos una nueva aventura. Este trabajo de un equipo de redacción es la prueba.

Ye Xian, hija del señor feudal Wu, se quedó huérfana. Pues su padre murió de tristeza después de que falleciese una de sus esposas. Entonces, su madrastra no le hizo caso, sólo a su propia hija.
Una mañana fue a recoger agua a un lago lejano, y allí encontró un hermoso pez. Se hicieron tan buenos amigos que se lo llevó para casa en un cubo. Cada día le daba algo de su comida, que era escasa. Después de una temporada, el pez empezó a crecer, hasta que fue muy grande.
Pero un  buen día su madrastra secuestró el pez, y con él decidió hacer una sopa. Ye Xian lo buscó, pero no pudo encontrarlo. Un señor le dijo que su madrastra lo había secuestrado y que había preparado una sopa. Le recomendó que buscara sus huesos y que los guardase, porque con ellos tendría buena fortuna. El día del gran festival, la madrastra le ordenó cuidar los árboles frutales de la casa. Se puso muy triste, pero la magia de los huesos del pez funcionó. De repente, apareció vestida con un vestido de seda y unas hermosas zapatillas.
Ye Xian se divirtió mucho en el festival, pero la madrastra la vio y ella escapó. Mientras corría, se le cayó una de las zapatillas. El rey ordenó que todas las muchachas se probasen la zapatilla, pero no encajaba en ningún pie. Hasta que Ye Xian la probó, y entonces le entró perfectamente.
Todos se sorprendieron, hasta el rey, que se enamoró de ella. Se casaron en una espléndida boda. Y los huesos del pez fueron debilitándose poco a poco. Ye Xian siempre recordó toda la felicidad que había tenido…

[Lidia, Daniel M., Ana, Pablo, Laura]

Pez de la buena suerte (Túnez)

2 nov 2010

Cincenta ao redor do mundo

Non agardaremos máis tempo, hai que entrar nunha nova aventura: para ler e escribir moito, para buscar e contar todo. Ademais, Cincenta e Ismaíl teñen confianza en todos nós. Así que todo sairá ben.

Este será o camiño:

  • Empezaremos a nosa exploración co mapa de Cincenta ao redor do mundo, para coñecer á protagonista do conto máis famoso.
  • As historias de La vuelta al mundo en 80 cuentos, para descubrir sorpresas e outras marabillas.
  • A busca de libros de Cincenta e de contos do mundo nas bibliotecas máis próximas: no colexio e no concello.
  • A participación dos nosos equipos de redacción, para escribir no blog de aula.
  • A narrativa dixital, é dicir, a invención de historias, pero usando algunhas aplicacións de Internet e outras ferramentas tecnolóxicas.
  • As ideas para inventar historias de Polgariño conta, que iniciamos o pasado curso.
  • Tamén haberá webquest, músicas do mundo, xogos online e imaxes para colorear, ademais das vosas ideas e suxerencias.
  • Por último, rexistraremos as diversas actividades, pois é importante publicar e compartir.

Ver Cincenta ao redor do mundo en un mapa más grande

Unha das máis antigas versións do conto da Cincenta apareceu en China entre os anos 850 e 860, e foi escrita por Duan Cheng Shi. A súa protagonista tamén é maltratada por unha madrastra, e cada día vese obrigada a buscar auga nun lago que está nun bosque moi afastado. Pero un día atopou un peixe máxico que…

Esta é a nosa primeira historia!

El pez de la felicidad, Duan Cheng Shi - Li Han Wen

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización