29 may. 2011

Pero, quen é Ismaíl?

Non é tan fácil saber cousas da vida de Ismaíl. Debido á súa timidez, que teñen outros gnomos, prefire calar e que sexan os demais os que conten as súas historias. Así, en certo libro antigo pódese ler o seguinte:

Algunhas veces parecía un pouco desconfiado, pero apreciaba os mesmos valores universais que nós. Por iso gustáballe dicir palabras moi fermosas sobre a igualdade, a aceptación, a solidariedade e a mestizaxe cultural. Ademais, Ismaíl coñecía a moitos amigos imaxinarios: aos xigantes e ás fadas, á nena Brancaflor e ao cabalo Buligán, aos elfos e aos hobbits, a David o gnomo e á Bela Durminte, a ET o extraterrestre e ao Señor dos Aneis, a Simbad o Mariño e á Cincenta, e tamén a Brancaneves con todos os seus ananiños.

Pero o que máis lle encanta son as historias que descubren os seus amigos e amigas sobre a súa propia vida. Moitas veces, como é tan maior, ni el mesmo as lembraba. Este curso son moi especiais eses descubrimentos, tanto que xamais se perderán:

Ismaíl cre que, con todas esas historias novas, cada ano sabe un pouquiño mellor quen é realmente. E iso grazas a esas palabras vosas…

Ismaíl na bici

28 may. 2011

O caldeiro das historias

De novo hai que dicir que Polgariño conta está nos seus últimos momentos, despois de dous cursos. Talvez por iso estamos un pouco intranquilos. Pero Ismaíl tamén se alegra moito. Por exemplo, despois de ler as historias construídas cun vello caldeiro máxico. Porque para el son impresionantes:

O caldeiro máxico

Queres saber como funciona? Preme aquí, se queres…

26 may. 2011

¿A ver cuánto sabes?

¿Conoces el sitio de Juegos para el cerebro? En inglés se dice Games for the brain, como seguramente ya sabes, aunque lo importante es no perderlo nunca.

El cerebro es, además, muy importante para la geografía. Así no te perderás cuando viajes. Por eso, tal vez puedas responder a las preguntas de Toporopa.

De momento, Ismaíl no puede llevarte a la televisión, pero sí puede aconsejarte que pruebes tus conocimientos en Pasapalabra. ¿Te atreves?

Pasapalabra

22 may. 2011

Se ti o cres, podes ter todo o que queiras

Agora que xa estamos a inventar historias co caldeiro máxico, é un bo momento para ler algunha máis, igual que fixemos coa de Daniel Ondina. Esta historia é de Ana, e foi imaxinada co binomio simbólico. Todo está, por suposto, no noso proxecto de escritura Polgariño conta.Ler é o máis parecido a viaxar... Por certo, o título quedoulle moi ben. Como se lle ocorrería?

Había unha vez unha nena chamada Leonor Perla. Cando foi de vacacións  a México, pola noite viu algo estraño. Había alguén voando!

-Son as miñas alucinacións -pensou Leonor Perla.

Ela contoullo á súa amiga inglesa, e cando llo dixo, ela respondeu:

-What? I don’t exist.

Ao día seguinte foi a comprobalo, viuno e acercouse.

-Ola, son Isaac -dixo o chico que vira voando.
-Ola, son Leonor Perla, pero chámame Leonor.
-Como é que voas?.
-Eu voo... Queres dar unha volta ata o hotel? Despois, probas ti, se queres...
-Vale.

Voaron e voaron ata que cansaron. Logo Isaac e Leonor foron a buscar á súa amiga inglesa Lizzie…

[ Ler o conto enteiro ]

21 may. 2011

Os nosos deportistas

O pasado fin de semana disputáronse as finais do Campionato da Liga Intercomarcal de Baloncesto. Algúns dos gañadores foron os alevíns masculinos do CBC (Club Baloncesto Culleredo), nos que estaban os nosos compañeiros Antón Seijas Vieites e Daniel Martínez Veiga. E tamén triunfaron os benxamíns do CBC, que ademais resultaron gañadores da liga da Coruña. Entre eses xogadores benxamíns estaban os irmáns pequenos de Sandra e de Marta.

Para que vexades o gran esforzo que fixeron e o ben que o pasaron, aquí tedes un espectacular vídeo.

[Sandra]

Nota: Ah, hai unha cousa que esquecín ao preparar este post. Trátase dunha bonita e sorprendente foto que preparou Ana para os dous deportistas nosos…

Dani e Antón xogarán na NBA!

19 may. 2011

Voces na radio

Para o Día Mundial da Auga, prepararon unhas cuñas de radio para promover o seu consumo responsable. En colaboración co Concello de Culleredo e coa súa radio, foi unha tarefa que desenvolveu a profesora Carmen Baña. Sobre todo, cos alumnos da asignatura alternativa á Relixión, pero ao final logramos que participara a maioría. Aquí están as súas voces…

11 may. 2011

Imaxinando historias

O noso Polgariño conta está nos seus últimos días, e por iso Ismaíl está algo nervioso. Sobre todo despois de ler as historias feitas co taboleiro fantástico, que son tan espectaculares:

taboleiro 2b.jpg

Agora saberemos algo máis do famoso caldeiro máxico, ou caldeiro das historias, ou caldeiro de Ismaíl, que tamén se chama así. Nani Lima, que é unha profesora de música e experta informática, está a preparar unha nova presentación desde caldeiro. De momento, está nunha fase provisional, aínda en borrador, pero xa podemos disfrutar do seu traballo… Grazas, Nani, por este caldeiro!

9 may. 2011

Letras Galegas 2011

Este ano, o Días das Letras Galegas está dedicado ao escritor Lois Pereiro. Nesta actividade, mentres xogas, podes aprender un montón de cousas sobre a súa vida.

Preme aquí para velo nunha imaxe máis grande.

Pero o noso Brais tamén investigou e preparou esta interesante presentación para todos.

7 may. 2011

O esqueleto e os músculos

O esqueleto está composto polos ósos, que son necesarios para mover o corpo. Pero os responsables directos dese movemento son os múculos. Así que aquí tes diversos enlaces para aprender cousas do noso aparello locomotor. Están ordenados de fácil a máis complicado, pero ti es capaz de todo… Ou non?

  1. El cuerpo humano II
  2. El esqueleto
  3. Nuestro cuerpo en un “clic”
  4. Aparatos y órganos del cuerpo humano
  5. El cuerpo virtual

Aparatos y órganos del cuerpo humano

Se o teu ordenador é ben potente, podes usar Google Body. Aínda que está en inglés, serve para observar o noso corpo desde moitas posicións.

Google Body

5 may. 2011

Os cumpreanos

Como é normal, durante este curso xa houbo varios cumpreanos. Algúns tamén se celebraron na clase, e onte mesmo así ocorreu co de Lara, que por iso invitounos a chuches. Pero este post quere ser para todos aos que xa felicitamos, aínda que só apareza a súa foto.

Se lembras os nomes dos que cumpriron anos, escríbeos nunha mensaxe para que non se perda ese feito. Despois, atrévete co crebacabezas de Lara, que está composto por 24 pezas.

1 may. 2011

Para todas las mamás

El viernes fue un día de nervios. A través de nuestro blog, y por supuesto usando el correo electrónico, preparamos un regalo para todas las madres. La idea fue de Sara, que además se encargó voluntariamente del poema; y Álex se apuntó con rapidez y realizó una presentación maravillosa. Todo por ellas…

Una madre es la que te quiere
antes de nacer.
Una madre es la que te cuida
día a día,
la que sin pedirte nada a cambio
te entrega toda su vida.
la que te educa
para que seas buena persona.
Una madre es grande,
buena y sabia,
y, sobre todo, es la mejor.

PARA TI, MAMÁ,
EN ESTE DÍA TAN ESPECIAL.

Ismaíl, que ha llegado de lejos, también quiso participar y por eso les dedica una canción. Si quieres escucharla, pincha aquí.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización