Outro post súper especial, pois fala de dúas novas sorpresas que recibimos na clase. Como no parque de Sara, tamén son o froito do esforzo das familias, ás que sempre lle agradeceremos a súa xenerosidade…
A nosa compañeira Lidia trouxo onte un marabilloso circuíto eléctrico con forma de faro mariñeiro. Para poder facelo, precisou da axuda do seu pai, Manuel, e de Antonio, un compañeiro seu do traballo. Ademais, tamén necesitaron de moitas horas de traballo e de moita paciencia. Por se te animas, que é moi divertido, este é o material:
- Cartolina branca.
- Cartón para a base.
- Pedras para adornar.
- Pinturas e un rotulador negro.
- Tapón de plástico dun deterxente para a luz do faro.
- Unha pila e cables.
- Unha bombilla de lanterna.
[Sofía, Pablo, Lidia]
Onte, 15 de xuño, Rubén Seoane e Daniel Ondina fixeron unha maqueta dun campo de fútbol, no que usaron gran circuíto eléctrico para a súa iluminación. Para logralo, utilizaron este material:
- 4 tubos de PVC de 32 cm de alto.
- 4 porta-lámpadas.
- 4 bombillas de baixo consumo.
- Unha pila de nove voltios.
- Un interruptor.
- Dous cables de 3 metros.
- Un taboleiro de 60x90 centímetros.
- Herba artificial que se adapte ao taboleiro.
- Varios bonecos e un balón pequeniño de xoguete.
- E, por suposto, pintura para as raias do campo.
Para este traballo, necesitaron a axuda de Pedro, o pai de Daniel, e dun amigo seu chamado tamén Dani. Pero Pablo, o irmán pequeno de Daniel Ondina, colaborou moito, pois el tivo a idea de poñer os bonecos no campo de fútbol.
[Iván, Amna, Daniel O.]
9 comentarios:
Que traballos tan impresionantes. Estes rapaces non deixan de sorprendernos. Que empeño poñen en aprender e mellorar día a día, e velos disfrutar do seu traballo.
Saúdos
E que sigan así sempre, Mónica, con ganas de aprender e de facer cousas... Saúdos
Aggg, acabo de comprobar que non cunmprín con estas familias e os seus fillos e fillas... No levaron as moedas de ouro de Ismaíl! Meu deus, espero que non me bote un conxuro maligno. Mañá mesmo serán entregadas. Saúdos
Que grandes traballos Lidia, Dani e Rubén. Gústanme moito! Me parecen moi boas ideas os dous circuitos eléctricos.
Hola, muy chulos les quedaron los trabajos a Lidia, Daniel O. y Ruben Seoane.
Acabo de practicar la canción No Niño Novo do Vento, para que no me salga mal. Creo que a todos nos va a salir muy bien y como campeones lo vamos a dar todo je, je, je.
Saludos.
Chao.
Besos.
Hola.
Muy buenos trabajos de los dos.
Con mucho esfuerzo...solo se consigue.
Mario te envié 2 cuentos.
Bueno saludos, espero muchos comentarios.
P.D.Mario no te olvidaste de dar esas monedas?
Tienes razón, Ana, dímelo por la tarde... Saludos
A un gran mestre non se lle pode botar ningún conxuro maligno.Para os rapaces sempre serás un dos seus referentes. ¡A nosa noraboa!
Mamá de Daniel Ondina, estas familias serán sendo grandes, a pesar de todo, e Ismaíl sempre lles ofrecerá os seus mellores desexos...
Publicar un comentario