2 jul 2010

Felices vacacións!

A pesar de que xa falamos do que podes facer durante o longo verán, o mes de xullo é un momento bo para comentalo de novo. Lola Urbano, unha amiga e compañeira, publicou no seu blog de aula un post moi bonito e interesante. Gustoume tanto, que recollín unha boa parte das súas ideas para escribir estas recomendacións. Aquí tes una listaxe de cousas para facer:

  • Cada mañá, espertar cun sorriso agradecendo á vida todo o que che dá. Protestar polo que non tes non serve absolutamente para nada.
  • Despois, ir ao cuarto de baño para asearse, deixándoo todo limpo e no seu sitio.
  • Almorzar ben e abundante. Por suposto, pos ti o almorzo e deixas a cociña recolleita. Tamén ponlle o almorzo ao “pesado” do teu irmán e así faredes mellor as paces, inténtao. Se é irmá, xa o sabes, o mesmo.
  • Ordenar a túa habitación e facer a túa cama. Busca debaixo da cama e nos recunchos, seguro que atopas algún bichiño. Pregunta se podes axudar nas tarefas da casa: limpar, recoller, tender, gardar, pasar o ferro, comprar...
  • Ler un pouco, con pracer.
  • Ir a nadar, a xogar, a pasear...
  • Se tes ordenador, visita o noso blog e o seu taboleiro, e deixa algúns comentarios para os compañeiros e compañeiras.
  • Axudar a poñer a mesa, comer ben e sen rechistar. Se non che gusta a comida, don´t worry, en poucos anos poderás comer o que queiras. Dá as grazas á persoa que fixo a túa comida e recorda que nunca se lle esquece facelo nin ti tesllo que recordar.
  • Resolver algunha tarefa logo da dixestión: problemas, páxinas recomendadas durante o curso e no blog (busca ben, le e atoparalas), escribir, buscar palabras que non coñeces, corrixir erros do caderno…
  • Se vas de viaxe, fai un mapa, un itinerario, consulta o rueiro do lugar ao que vas, escribe sobre iso e mándamo a través do correo de Ismaíl. Así, eu tamén aprenderei. Se queres, fai fotos para que despois saibamos onde estiveches, o que che gustou e o que aprendiches. Envíalle a Ismaíl algunha, e talvez poderá ser publicada.
  • Antes de durmir senta moi ben unha boa conversación ao fresco da noite, se é posible, coa xente que queres e que che quere. Ou ler un libro que che faga soñar. Ou escribir nun diario ou nunha libreta as cousas que che preocupan, para botar aos demos fora e poder soñar só cousas lindas.

E finalmente, a durmir, para levantarte ao día seguinte con outro fermoso sorriso.
Mentres tanto, eu esperarei pacientemente os vosos traballos, tumbadiño, por exemplo, así:

Que ben se está cando se está ben!

11 comentarios:

cris? dijo...

Mario en mi post el que hice yo y donde está la presentación de Sandra hai pusiste que tenía que elegir dos bailarinas y yo en un comentario te dije que para que las necesitabas,como paso un poco de tiempo creo que esas bailarinas podrían ser Lidia y yo porque eramos las que casi más ensayabamos en el baile de fin de curso.Quiero saber para que necesitabas dos ailarinas?
Y perdón por no estar muco estes días en el blog.
Besos.
P.D cuanto antes puedas decirme para que las necesitabas mejor.

Mario Aller dijo...

Cris, lo que decía era que en el vídeo del baile hay 2 bailarinas que no pueden salir en el blog. Entonces, debo buscar una solución cuanto antes, pero por eso no puedo hacerlo público todavía... Saludos!

Ali dijo...

Felices vacaciones para Mario,Isma
y todos los niños de 5.

Por cierto este post,es justo lo que voy a hacer en el verano....

A que no se me olvide gracias por
lo de gran violinista.Seguire practicando por el verano...



FELICES VACACIONES

Ismail de Saidabad dijo...

Unas felices vacaciones para ti, Alicia, y también para tu familia. Algún día te oiremos tocar el violín, seguro...

Lidia dijo...

Ola Mario tes moita razón co que dis neste post, levantarte cun sorriso sempre axuda, eu polo menos estou desexando que poñas o noso vídeo do baile, se xa se puso quero que mo digades xa que eu non o encontro.
Un saúdo e felices vacacións.
Mario as bailarinas que non poden son Eva e Carmen.

©Lola dijo...

¡¡¡Qué bonito suena y qué guapo está Mario!!!
¡Feliz verano!

BRAIS dijo...

Estan moi ben estas recomendacións.

cris dijo...

Ah ok Mario las que no podían bailar eran Eva y Carmén y nadie más creo.Chao.

Dam dijo...

Moi bo post Mario, estiben atareado llendo a praia, ja, ja, ja.
Adeus.

Antón Seijas Vieites dijo...

Tes razón Dani, hai que ir á praia, ben feito. Cando vexamos a Alicia tocar vos va a gustar moito, porque eu xa a oín.

Bo post Mario eu vou facer o mesmo
que no debuxo... je je je

FELICES VACACIÓNS!!!!!

Antón Seijas Vieites dijo...

Por certo Mario, é verdade que vai vir unha nena á nosa clase, que reemplace a Edu, chamada Ann?????

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización