10 may 2010

O noso blog

O terceiro post do noso Equipo de Redacción emocionou a Ismaíl, non hai dúbida. Por iso, saíu da casa e botou a voar polo ceo… Mentres volve, agradecemos a colaboración oportuna e voluntaria de: Antón, Laura, Alejandro, Clara e Ana.

Na nosa aula temos un blog que se chama Escola de Ismaíl. Nel a clase divírtese e aprende a facer cousas marabillosas, como a manexar o ordenador, a escribir ben, a facer actividades, e agora tamén a facer presentacións. Ademáis podes xogar, ver vídeos e fotos do entroido, ler os comentarios, e un montón de cousas máis.

Ismaíl é un gnomo que viaxou moito por Asia e por Europa. Agora está en España connosco. Ao principio non sabiamos quen era nin de onde viña, porque era moi pequeno. Pero, de súpeto, vimos un gorriño diminuto e uns braciños, e por iso pensamos que talvez sería un gnomo, como así foi. A partir dese momento todos o quixemos, e el valora moito o noso traballo e regálanos  moedas de ouro. Pois Ismaíl, como outros gnomos, garda un tesouro xigante cheo de moedas.

Sabemos que o noso blog, ao que pode entrar o mundo enteiro, foi creado por Ismaíl e o noso profe. E tamén sabemos que todos na nosa clase temos amigos, pero que o noso mellor amigo é el.

Sentímonos moi contentos por ter este blog, que é o mellor. Por iso queremos pensar que nunca desaparecerá…

GRAZAS, ISMAÍL!!!

[Sandra, Lidia]

Ismaíl, o viaxeiro

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola,Ismail.Grazas por publicar esta entrada.Eu doulle grazas a todos os nenos que nos axudaron:Laura ,Antón,Clara,Alex...Bueno tamén queria dicir que Lidia é unha gran axuda,pois é unha moi boa compañeira.È pra rematar a ver se un día chegamos a escribir tanto como o outro equipo.Moitos bicos,eu ,Sandra.

Laura 5ºB dijo...

Ola Ismail. Creo que Sandra è Lidia fixeron un bò traballo.
Creo que escribiron moitisimo e espero que sigan sendo asì de boas amigas e traballadoras como agora mesmo. Moitos bicos,eu,Laura.

Alejandro dijo...

Outro novo post feito polo equipo de organización e os axudantes.Por certo espero que Ismaíl volva do seu viaxe para maña¡Que hai clase! En fin adeus.

Ismail de Saidabad dijo...

Eh,eh, mirade que aparece neste blog:

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=84533#comentarios

Felicidades a todos, e especialmente a Dani Martínez, Antón e Eduardo.

Lidia dijo...

Ola Ismail che quería preguntar que tal te foi ese viaxe que fixeches espero que te gustase.
Echo tanto de menos este blog... fai moito tempo que non viñaa el.

Ola Mario xa estou de novo aquí e apartir de agora me bais a ver moito máis por aquí creo que tiveches un erro puxeches Isamíl e e Ismail tantos nenos que pasaron por aquí e non se deron de conta, debe de ser porque nin Laura, Sandra e creo que Alex leron outra vez a lectura porque e fácil de encontralo erro, pero ti esta tranquilo que non che vamos a mandar copias un erro o ten calquera porque todos nos equivocamos algunhas veces.
Un saúdo e moitos bicos.
E grazas por dicir esas cousas de min pero eu digo que todos somos vos compañeiros.

Mario Aller dijo...

Asunto solucionado, Lidia, e menos mal que Ismaíl non se decatou. Seguro que me convertía nun sapo repugnante ou algo así. pois ás veces os gnomos parecen trasnos... Saúdos!

Lidia dijo...

Ola Mario non creo que Ismail lle faga iso ao seu padre ou ao que lle deu estar alí connosco.
Jajajajaja.
Un saúdo e haber se non se enterou porque ao pasar porque ao mellor decatouse.

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismai e Mario, o noso equipo de redacción fixo moi ben este post. Espero que fagan máis.
Adeus.

Marta y Carlos dijo...

¡Hola Mario!, al llegar a casa vi que en el papel que nos diste de la excursión pone que es el miércoles 18 y el 18 es viernes asi que la excursión ¿qué día es?.Hola Mario soy Carlos hace tiempo que no voi al blog y de paso que mi hermana escribe os saludo a ti y a Ismail.Chao.

Mario Aller dijo...

Marta, no tengo el papel de la excursión para comprobar ese error, pero es el día 20 de mayo. Saludos...

Alejandro dijo...

Marta solo es para decirte que no es el 18 de mayo si no es el 18 de julio

BRAIS dijo...

Bueno Ismaíl miña irmá Saleta pediume que deixara un comentario dicindo que se che gustaron os nosos regalos?

Ismail de Saidabad dijo...

Brais, dille á túa irmá Saleta que por suposto que nos gustaron os regalos. E xa lle encarguei ao Mario que o faga público canto antes... Ah, e acabo de descubrir que Alex conta ben os chistes... jejeje

Adrián Rivadulla Llerafo. dijo...

Ola,Ismail.¡Este enlace é o mellor!,pois xa que aparece miña irmá.Faime moita ilusión porque ela é unha gran escritora.¡Ah!,xa que sei que levou 1 caixa, digo un caixón de lacasitos, eu só podo ofrecerche unhas cantas moedas ou boliñas de chocolate.¿Tí que prefires?.Moitos bicos e apertas,Adrián.PDA:Hoi miña irmá non puido escribirche porque está estudando.

Ismail de Saidabad dijo...

Recordos para a túa irmá, Adrián, e tamén para ti... :-)

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismaíl e Mario estou esperando ao día da excursión.
Adeus.

Ismail de Saidabad dijo...

Tranquilo, Daniel, que chegará o día e a excursión será moi linda. Eu xa fun...

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización