27 may 2010

A excursión

Este é un novo post elaborado polo noso Equipo de Redacción. Trata un tema de actualidade, pois escribiron sobre a excursión de fin de curso que realizamos hai uns días. Como sempre, contaron coa axuda voluntaria de varios compañeiros: Brais e Clara, entre outros.

O xoves 20 de maio tivemos unha excursión: fomos a Noia. Foi moi longa e divertida, e tanto na viaxe de ida como na de volta vimos a “peli” Avatar.

Visitamos moitos sitios: o concello de Noia, o castro de Baroña, as dunas de Corrubedo, o centro de información da Praia do Vilar, etc. Aprendimos un montón de cousas.

En Noia, e guiados por unha monitora, visitamos o edificio do concello e descubrimos os seus escudos, e na igrexa de San Martiño vimos as súas lápidas medievais. Despois marchamos para o castro de Baroña, que é marabilloso, e que ademais ten vistas a unha fermosa praia.

A continuación comimos, descansamos e seguimos co noso percorrido. Por iso dirixímonos ás dunas de Corrubedo, que é un espazo protexido. E no centro de información da Praia do Vilar soubemos que Galicia é a comunidade autónoma con máis praias e quilómetros de costa.

Despois merendamos un pouco e iniciamos a viaxe de volta. Pero chegando a Santiago, o autobús empezou a ir cada vez máis lento e acabou por estropearse. Alguén dixo que se quedara sen batería, pero non estamos seguros. Un neno vomitou pola calor e a dor que sentía na súa cabeza. Esperamos unha hora e media por outro autobús. Así que chegamos a Culleredo, ao noso colexio, ás 22:30 horas, e todos tiñamos sono e estabamos moi cansados…

Pero, a excursión foi xenial!

[Lidia, Marta, Eduardo, Sandra, Rubén Sánchez]

A maioría das fotos son de Marta, que demostrou ser unha boa fotógrafa.

13 comentarios:

cristina...de verdad lo siento dijo...

Me encantaron las fotos,jejeje
Tambien teníá que ser justo esa mi madre dijo que saliera un poco peponceta jejeje
Bueno me tengo que ir y a lo mejor no puedo dejar el comentario de que tal me parecio lo que me enseñasteis mañana puede que lo diga....
Bueno chao.
Y muchos besos.

Marta dijo...

Ola Mario,vexo que sou a segunda en facer o comentario sobre o novo post.Gustoume como quedou a redación e o montaxe das fotos e por certo grazas por poñelas. Ata mañá.

Lidia dijo...

Ola encantoume como melloraches o meu post, as fotos así con ese efecto quedan moi ben.
Mario me tes que facer un favor:
na clase hai un papel que eu non doi encontrado en ningún sitio se podía coller un anaco e se a ninguén lle importa.
O baile vai moi ben pero hoxe no recreo xa aumentou a miña lista mentalmente porque algúns se portaron mal.
Un saúdo e bicos.

Daniel Martínez dijo...

Equipo de redaccion este post foi moi bo.E as fotos quedaron moi ben.
Adeus.

Ismail de Saidabad dijo...

Eh, acabo de poñer unha mensaxe no taboleiro. Acaba de pasar algo interesante na ría... Por certo, xa borro as mensaxes máis antigas para deixar sitio. Saúdos

ANA dijo...

Ola.
Moi bo este equipo de redacción, mellor ca outro.(Non e por mal pero este equipo fixo a 4 o mais pos).
Espero que sigan así.
Os que axudaron ao equipo de redacción, le doín as grazas.Por toda a clase e por min.Porque axudar sempre e o mellor o non?.
Acabas mais rápido, te dan suxerencias ...
E Ismaíl e Mario aún no nos dixestes cando era o cumpre anos de cada un...
As fotos moi boas.
Bicos.
Saúdos.

A na dijo...

Bueno que bonito lo de la cria.
Os dejo este vídeo.
http://www.youtube.com/watch?v=5X15feI5vlA

BRAIS RAMOS dijo...

Bueno para min e un bo post pero tamén creo que co tempo os novos equipos de redacción irán mellorando, uns mellor, outros peor.
A excursión foi moi bonita, aínda que solo tivo un problema, a averia do autobús, que a verdade e que foi mala sorte o que nos pasou a nós.
A, por último quería dicir, que se me olvidou antes unha cousa, fixéchedes un bo traballo todos pero sobre alguén en especial, Lidia que está facendo moitas tarefas extra. Con isto me refiro a que ela preparou case todo o post, esta facendo todos os pasos do baile.Falando do baile, eu antes me queixaba porque non sabía, pero agora, Lidia, xa sei.

Lidia dijo...

Ismail podes contestarme a miña pregunta??
E que é moi importante.
Saúdos

Ismail de Saidabad dijo...

Como di Brais, Lidia é capaz de facer moitas cousas, algo que é de agradecer. Pero polo blog pasa moita xente igual de capaz, só que ás veces hai que animala para que se atrevan... Así que nenos e nenas desta Escola, veña, adiante!

Ismail de Saidabad dijo...

Lidia, non sei de que papel falas? Explica algo máis, se podes, ou senón xa falarás co profe o luns...

Lidia dijo...

Ola Ismail digo o papel que nós utilizamos para os planetas, hai un papel fucsia que ese non o dou encontrado e creo que ningún planeta sexa fucsia...
Un saúdo

Ismail de Saidabad dijo...

Non te preocupes, Lidia, o luns revolves o colexio enteiro ata que apareza un papel así... jejeje

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización