8 may 2010

As Letras Galegas

Presentamos o segundo post elaborado polo Equipo de Redacción que temos na aula. Para escribilo, escolleron como motivo central a celebración das Letras Galegas, que se fai durante o mes de maio. Os membros deste equipo contaron coa axuda voluntaria de Antón, Brais e Daniel Martínez.

Cada ano, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Esa data é como o día da terra, e por iso escollen aos mellores escritores. O ano pasado dedicouselle a Ramón Piñeiro. Este ano 2010, o día está dedicado a Uxío Novoneyra.

Foi un poeta que escribiu un famoso libro, Os Eidos, no que hai un montón de poesías. Por exemplo, Fiandeira namorada, Devesa da Rogueira, Follas de cantigas, entre outras.

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, unha pequena aldea da Serra do Courel. E como escritor, defendeu o idioma galego e a lectura na nosa lingua.

[Lidia, Eduardo, Sandra, Rubén Sánchez, Marta

Ademais, tamén se mostra nesta entrada unha presentación sobre o autor que realizaron tres alumnos da clase: Daniel Martínez, Eduardo e Antón. Traballaron moito nela, e por iso agardamos que vos guste…

12 comentarios:

Daniel Martínez dijo...

Ola Ismail, grazas por publicar o noso PowerPoint, e moi bo traballo equipo de redacción.
Adeus.

Ismail de Saidabad dijo...

É a ti a quen hai que agradecerlle o traballo de formar un equipo e chegar ata o final. Noraboa aos tres por esta boa presentación, que esperamos que non sexa a última. Saúdos...

BRAIS dijo...

Bueno Ismaíl, entrei en "slide boom" e vin un fallo na presentación de Pablo Novás e Rubén Seoane. Na 8º diapositiva ten un fallo de espacios.

Ismail de Saidabad dijo...

Moitas grazas por visitar o blog do curso pasado, Brais. Pasámolo moi ben, a pesar do traballo, e aqueles nenos e nenas fixeron un montón de cousas. Por iso foron finalistas no concurso de blogs de toda España. Saúdos...

CLARA(5ºB) dijo...

Hola, Ismail!
Quiroe felicitar al eqipo de redacción por el trabajo de las letras gallegas.

Andrés R.V. dijo...

Ei de dicir que Antón,Dani e Brais sorprenderonme tanto como Pablo e, lles dou a enoraboa.Ben feito chicos sodes os mellores.Adeus.

CLARA(5ºB) dijo...

Hola, Ismail!
Quiroe felicitar al eqipo de redacción por el trabajo de las letras gallegas.

Alejandro dijo...

Vaia, o novo equipo de redaccion fixo un bo post sobre as Letras Galegas e Antón Dani e Edu fixerón unha presentación tamén moi boa adeus.

Lidia dijo...

Ola a presentación e unha marabilla e refeíndome a iso Andrés foron Dani, Antón y EDU no Brais parece que alguén leu mal.
A min me encantou o traballo que fixemos o equipo de redacción e para que non pase o mismo que co outro equipo xa temos máis ideas para outro post e creo que a ti Ismail e a Mario os vai deixar coa boca aberta.
Un saúdo e Andrés ía que ler o que pon o papel ou a pantalla do ordenador neste caso porque senón... bicos e apertos

Ismail de Saidabad dijo...

As palabras de ánimo son para toda a clase. Así que agradecemos os comentarios de Daniel Martínez, Brais, Clara, Andrés, Alejandro e Lidia. Moitos saúdos, e lacasitos tamén, jejeje...

Mik dijo...

¡Fantástico traballo! Moi axeitado para achegar a figura de Novoneyra a todos, grandes e cativos. Empregarémolo, co voso permiso e, por suposto, citando autoría e procedencia. ¡PARABÉNS!

Ismail de Saidabad dijo...

Grazas, Mik, seguro que aos meus amigos failles moita ilusión que o seu traballo sexa visto polas terras de Vigo. Moitos saúdos para tod@s...

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización