Hai anos, en Malpica de Bergantiños, Ismaíl chegou a un colexio novo. Alí, entre uns nenos e unhas nenas que foron os primeiros que o coñeceron, el descubriu o noso mundo. Unha daquelas nenas chamábase Erika Santos, e onte contactou de novo comigo. ¡Esta é unha das marabillas que ofrece Internet! O máis bonito de todo foi que tamén lembrou a Ismaíl. Por iso, cando leu as súas palabras, creo que saíron unha pequenas bágoas dos seus olliños. ¡Pero eran de alegría…!
Unha famosa historia daquel tempo foi escrita por Vanesa Medín, unha compañeira de Erika. Titúlase O pobre Ismaíl, e hoxe presentámola no blog, por todos aqueles nenos que tanto fixeron por el.
Érase unha vez un bonito ananiño chamado Ismaíl, louro como o sol, coa súa cara clara como a auga en pleno verán.
Unha noite de marzo que estaba a durmir cun neno púxose xunto á súa boca. O neno aspirou forte e o anano entrou no interior do seu corpo, e empezou a camiñar. Baixou polo esófago como se fora un tobogán. Chegou ao estómago e doulle por botar unha cabezada. Logo estivo dúas horas no fígado.
Alí comía a comida que o neno tiña na barriga. Despois foi ao páncreas e avanzou polo intestino delgado, que era como unha tubería longuísima con moitas curvas. Pero tamén había outro tubo máis gordo, era o intestino groso.
Entón, o neno sentiu ganas de facer as súas necesidades, é dicir, tivo ganas de cagar. E o neno cagou ao pobre ananiño. Cando saíu do váter daba pena velo.
Bañouse moito tempo pois cheiraba a excrementos. E na ducha viu unha ananiña que tamén se estaba lavando. Falaron e namoráronse, e casaron con moita alegría...
13 comentarios:
Hola me parece una experiencia unica reencontrarse con una vieja alunma.
El cuento es muy bonito y parece que estamos estudiando coñe pero dibertido.
ola saoy laura y mi primo esde malpica y fue a un colegio de esta en malpica de bergantiños q no si el mismo en q fuistee ismail y mario.bueno alomejor lo conoces.bbueno me boy q boy estidiar
Hola Ismail un cuento fantastico el de Erica a mi me parece que todos tenemos nuestra necesidades aunque ¡Algunos más que menos'. Besos Sandra
Hola Ismail son Alejandro Costa e gustoume moito sobretodo cando o traga.Porcerto Mario estou seguro que a túa antiga clase gustaballe moito coñecemento do medio.Adeus.
Lidia, Laura, Sandra, Alejandro, moitas grazas por eses comentarios. O profe xa o sabe, así que falade con el para que solte unhas moedas do meu tesouro...
ola soy laura y hoy no fuy a clase porq me desperte a las diez y al final no pude ir q si no iba.
un beso para todos
ah felizzzzz santo mario!!!!!!"!!!!!!!!!!
Hai lauriña lauriña que dormilona es bueno vamos a ir ao grano.Encantame o conto da amiga de Erika Santos e tan bonito.Bueno Ismail téñome que ir chao.
Laura no se puede dormir tanto porque ademas de visitar el bog tambien hay que ir a clase y aprender aunque solo fuera un poquito para despues no tener que hacer más deberes
Hola son Alejandro gustariame contar os regalos para ismail supoño que abera moitos:contos como o de Erica debuxos...
ADEUS.
Atención, Lidia, Cristina, Alejandro y Sandra, ¡habrá más enlaces! Este fin de semana será genial... ¡Palabra de gnomo!
Hola Ismail, tu experiencia por el intestino creo que ha sido increible sobre todo cuando te deslizas por el intestino delgado y cuando sales rebozado en cacas.
Un saludo, Daniel Ondina
Si, Daniel fue todo increíble, y menos mal que aquel niño no había comido cosas raras... Entonces, no sé lo que hubiera pasado.
Saludos
Que sorte tes Mario! Mira que encontrarte pola rede a unha vella alumna. O mundo é un pano.
O conto de Vanesa tamén e moi bo tivo que ser divertido baixar polo esófago aínda que o de o ano...
E ti, buscando novia Ismaíl, si que sabes.
Publicar un comentario