21 dic 2009

Ismaíl e Drago

No mes de abril de 2007, máis ou menos, unha nena de 6º chamada Vanesa Bouzas presentoume este conto. Se nos seus textos aparece o meu nome, e non é importante para o relato, acostumo pedir que o cambien. Pero aquí non foi posible. Sobre todo, porque se trata dunha das historias sobre Ismaíl máis grande xamais contada. Lede e disfrutade igual que nós…

Ismaíl era un gnomo que hai anos coñeceu a un viaxeiro aventureiro que pasaba por Malpica. Era Mario, o noso profe! Un día Ismaíl preguntoulle ao seu pai Mario, por chamalo dalgunha maneira:

-Papá Mario, podo ir ao bosque Isaac Díaz Pardo a dar unha volta?
-Filliño Ismaíl -dixo Papá Mario-, xa sabes que ese bosque é moi perigoso...

Ben, ao cabo de media hora de discurso de Papá Mario, deixouno ir ao bosque. Cando chegou, viu un camiño que na súa vida vira, e pensou nun libro que lera e nunha frase moi curiosa: "O destino uniu os nosos camiños".
Emocionouse tanto que foi por aquel camiño. Ao final do mesmo, que o pobre Ismaíl recorreu durante media hora, atopou un misterioso ovo. Colleuno e levouno para casa todo entusiasmado.

-Cando llo conte a Papá Mario...! -dixo Ismaíl.

Ao chegar, foi correndo á cociña a beber auga, dous litros exactamente... Pois o esforzo fora ben grande. Despois ensinoulle o ovo misterioso a Papá Mario.

-Ostras! Un ovo enorme! Filliño Ismaíl, queres unha tortilla, ovos estrelados, ovos duros...?

Ismaíl anoxouse un chisco e dixo:

-Como? Vas comer o meu precioso oviño? Vaiche boa! Co esforzo que me custou encontralo, para que vaias ti a papalo!

Papá Mario desculpouse...
Esa noite, Ismaíl decidiu incubar o ovo. A media noite ergueuse porque notou que o pixama estaba húmido.
"Fixen pipí enriba", pensou preocupadísimo Ismaíl... Encendeu a luz e... o ovo escachara! Pero non vía ningún poliño con tres cabezas ou cinco patas. Descubriu un verme noxento. E berrou como fai algunha rapaza cando ve un verme noxento, e chamou a Papá Mario.

-Papá Mario, o ovo escachou e saiu un verme noxento!

Papá Mario, aínda durmindo, ergueuse e mirou o verme e dixo:

-Imos a poñelo en auga. Pobriño, como treme...!

Encheron un caldeiro de auga e metérono dentro.

-Filliño Ismaíl, como o vas chamar?
-Cando medre un pouco máis, elixirei un nome. De momento, non...

Ao día seguinte tanto Papá Mario como o filliño Ismaíl tiñan unhas olleiras de moito coidado.
Ismaíl mirou cara ao animal. Xa tiña as patas e a cabeza ben formada. Distinguíanse dous ollos, unha boca e un fociño. Doulle de comer e púxolle un nome: Drago.
Cando era máis maior, ía facendo pipí por toda a casa e deixaba unha serie de cagallas verdes. E a medida que ía crecendo, íanlle saíndo dous vultiños na espalda cada vez máis enormes. Papá Mario acordouse de que tiña un libro sobre dragóns e dinosaurios. Buscou e rebuscou e ao final atopouno: dragón azulado de ás verdes.

-Boh, a min non me fai falta ese nome tan longo. Chégame con Drago... -dixo con seguridade. 

Ao cabo de dous meses saíronlle unhas ás moi verdes, e el mesmo volveuse de cor azul clara... E xa era moi grande. Entón, Papá Mario díxolle que non o podían ter máis. Ismaíl protestou moito, pero co razoamento de Papá Mario, Ismaíl comprendeu e aceptouno...
Pero encerrouse no seu cuarto e púxose a chorar...
Un día Ismaíl notou a Drago moi inquedo. Pola noite, levouno ao parque. E Drago empezou a brincar e a voar por riba da súa cabeza. Ismaíl entendeuno e preguntoulle:

-Marcharás agora voando?

Drago lanzou un son, un son que Ismaíl non escoitara nunca. Era un son de despedida.

-Pois voa se queres, meu amigo... -dixo chorando Ismaíl.

Drago voou libremente e lanzou o mesmo son de antes, e desapareceu entre as nubes. Ismaíl volveu a casa e Papá Mario, ao ver a cara que tiña, preguntoulle:

-Que che pasa?
-Que Drago marchou, e marchou para sempre...
-E ti como te sintes? -preguntou Papá Mario.
-Triste por min, pero moi contento por Drago.

Entraron na casa e, mentres Papá Mario preparaba algo de cear, Ismaíl contou como fixera Drago para despedirse.

3 comentarios:

Teresa Pombo dijo...

Simplesmente deliciosa! Uma ternura! Obrigada pela partilha!

Não sei quem tem mais sorte:
se Ismail....
ou papa Mario....
Ou Vanesa....
ou o Drago
ou....

pois.... acho que quem tem mesmo mais sorte
sou ... EU.... que pude encontrá-los aos 4 enquanto lia esta história!

e agora, com licença... vou pedir boleia ao Drago e voar de regresso a Portugal :-)

mas só até amanhã!

Depois volto!

Biquiños!

lidia rañales dijo...

simplemente el cuento me parecio muy bonito y perfecto, como si fuera una historia real.

Antón Seijas Vieites dijo...

Ismaíl este encántame porque cousas máxicas como dragóns e iso e unha das miñas lecturas preferidas :) Por certo aquí hai unha mensaxe dunha moza portuguésa e non sei quen é, sello dis a Mario e que no lo explique en clase.

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización