28/09/2011

Ata sempre!

Chegou o día. Hai un novo blog de aula que nace pouco a pouco e, por esa razón, este vai rematar o seu camiño.  Ten que ser así, xa o sabiamos ao empezar, que foi durante o curso 2009-2010. Agora, o blog Escola de Ismaíl (3) inicia a súa viaxe polos mundos de Internet. Un dos desexos máis fortes que temos é aprender e disfrutar moito, tanto coma vós.

Para todo@s, nesa vida nova, o noso ánimo e a nosa confianza…

Escola de Ismaíl (3)

13/09/2011

Como una pinga de auga

Ismaíl aínda está de viaxe pero eu xa coñecín aos meus novos alumnos de 5º, pois chegou un novo curso. E case todos os que participaron neste blog agardan pola súa entrada no instituto, que será o próximo venres. Así que a este sitio, co que tanto disfrutamos e aprendimos, quédalle pouco tempo de vida. Despois parecerase a unha pinga de auga no medio dos mares de Internet, onde o blog navegará sen fin…

Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización