31 ene. 2010

Sorpresas

Antes de que remate o domingo, e por esas palabras vosas tan sentidas para Haití, Ismaíl quere que deixe algúns enlaces novos. A min paréceme unha boa idea, pois así seguiredes a investigar no blog, no que sempre é posible atopar algunha sorpresa. Como estas tres de hoxe…

  • Todo Matemáticas, onde están case todos os contidos para 5º e para 6º de primaria. Xenial!
  • Online Coloring: para que pintes co ordenador un montón de debuxos de animais, aínda que tamén hai máis cousas que terás que descubrir.
  • Labirintos para imprimir e completar, se é que podes, claro… Xenial outra vez!

Ah, fai ben todo aquilo que decidas experimentar, como un perfecto investigador. E non defraudes aos nosos “parentes”, por favor…

28 ene. 2010

Haití no noso corazón

Os nenos, nas súas casas, viron na televisión as imaxes sobre o acontecido na illa de Haití. Así que sabían os detalles máis importantes e non foi difícil lograr que contasen os seus pensamentos. Por iso, Alejandro imaxinou este relato:

Onte tiven un pesadelo. Encontrábame só nunha rúa descoñecida cando chegou o peor: empezou a tremer todo, e escoitei berros de auxilio, pero non me podía mover. Estaba como petrificado, non sabía o que me pasaba. De repente, oín un ruído tremendo, xirei a cabeza e vin todo…

Eva, pola súa parte, aclarou:

Hai uns días, produciuse un terremoto que causou moitos estragos, derrubando moitos edificios importantes: a catedral, o palacio do Presidente, o Parlamento, e moitas escolas e hospitais… Tamén derrubou as vivendas da xenta e morreron moitas persoas.

E Daniel Martínez dixo:

Vou facer todo o posible para que a xente non morra pola falta de comida. Tampouco deixarei que lles falte a diversión. Non tirarei a comida nin os meus xoguetes… Farei doazóns aos nenos pobres.

Sara tamén tiñas as súas ideas, e escribiunas:

Quxera abrir os ollos e pensar que todo o que está a suceder en Haití non fose certo. Que nada de todo o que pasou volvese a ocorrer. Se tivese unha variña máxica, pediría o mellor para esa illa. Por iso creo que debemos colaborar, para que a súa xente volva a sorrir.

Carmen tiña cousas que dicir, e claro que as dixo:

Espero que todas as persoas se recuperen pronto, e que o antes posible reconstrúan as súas casas e o resto dos edificios. Aínda que tamén desexo que todos colaboremos, pois a miña familia xa o fixo. Podemos axudar doando algún diñeiro ás ONG’s…

Terremoto en Haití - Víctimas infantiles from Educ@conTIC on Vimeo.

26 ene. 2010

Mecanografía con Ismaíl (2)

Hai que continuar co noso proxecto de mecanografía, para que o teclado do ordenador non sexa ningún problema . Ao igual que na sesión anterior, esta segunda fase tamén consta de tres xogos, que terás que realizar de xeito ordenado. Lembra que agora serán un pouco máis difíciles… ¿Ou non?

  1. SkyWords: Debes escribir todas as letras que arrastran unhas avionetas mediante unhas pancartas. Se acertas e cometes poucos erros, irás pasando de nivel.
  2. Alphabetic Rain: Trátase dunha verdadeira chuvia de letras. O xogo ten cinco niveis, de menos a máis dificultade. Escolles o primeiro e comezas. Intenta acadar uns bos resultados.
  3. ARTypist: Aquí tes un auténtico curso de mecanografía, empezando desde o correcto posicionamento dos dedos para escribir ben e rápido. Pero non hai que facer o curso todo seguido.

SkyWords

Preme aquí ou na imaxe para acceder ao xogo.

23 ene. 2010

Un día de suerte

Ismaíl tuvo ayer un día de suerte. A pesar de que no se celebraba nada especial, recibió algunos regalos que le hicieron mucha ilusión. Antón y Marta lo sorprendieron con unos dibujos, hechos por ellos mismos, y en los que está muy favorecido. Y Daniel Ondina, al saber que tiene una capa como la de Supermán, le trajo una pequeña figura de ese héroe.

Ismaíl se sorprendió mucho, claro que sí… Pues, ¿a quién no le gustaría ser un héroe de cine? Por eso, para los amigos y amigas, siempre guarda un tesoro.

O caldeiro máxico

Pero él se siente feliz en este momento, y sus sueños son más sencillos. Así que se conformará con que los enlaces que hoy aparecen aquí, os gusten de verdad y aprendáis muchas cosas con ellos.

Plástica

Castellano

Galego

Matemáticas

Medio

Juegos

Ah, y no te olvides de mirar en la columna derecha del blog. Tal vez encuentres alguna sorpresa más…

20 ene. 2010

O principio de todo

Hai anos, en Malpica de Bergantiños, Ismaíl chegou a un colexio novo. Alí, entre uns nenos e unhas nenas que foron os primeiros que o coñeceron, el descubriu o noso mundo. Unha daquelas nenas chamábase Erika Santos, e onte contactou de novo comigo. ¡Esta é unha das marabillas que ofrece Internet! O máis bonito de todo foi que tamén lembrou a Ismaíl. Por iso, cando leu as súas palabras, creo que saíron unha pequenas bágoas dos seus olliños. ¡Pero eran de alegría…!

Unha famosa historia daquel tempo foi escrita por Vanesa Medín, unha compañeira de Erika. Titúlase O pobre Ismaíl, e hoxe presentámola no blog, por todos aqueles nenos que tanto fixeron por el.

imag0001

Érase unha vez un bonito ananiño chamado Ismaíl, louro como o sol, coa súa cara clara como a auga en pleno verán.

Unha noite de marzo que estaba a durmir cun neno púxose xunto á súa boca. O neno aspirou forte e o anano entrou no interior do seu corpo, e empezou a camiñar. Baixou polo esófago como se fora un tobogán. Chegou ao estómago e doulle por botar unha cabezada. Logo estivo dúas horas no fígado.

Alí comía a comida que o neno tiña na barriga. Despois foi ao páncreas e avanzou polo intestino delgado, que era como unha tubería longuísima con moitas curvas. Pero tamén había outro tubo máis gordo, era o intestino groso.

Entón, o neno sentiu ganas de facer as súas necesidades, é dicir, tivo ganas de cagar. E o neno cagou ao pobre ananiño. Cando saíu do váter daba pena velo.

Bañouse moito tempo pois cheiraba a excrementos. E na ducha viu unha ananiña que tamén se estaba lavando. Falaron e namoráronse, e casaron con moita alegría...

Raios X

19 ene. 2010

Lembrando as mates

Atendendo a un comentario do noso compañeiro Rubén Sánchez, que dixo que aquí non había moitas actividades de Matemáticas, presentamos agora un bo montón. Trátase das cinco primeiras unidades dese libro, as do primeiro trimestre, e por iso atoparás xogos e tarefas sobre os seguintes contidos: os números naturais e as súas operacións, a división de números naturais, os números decimais e as súas principais operacións.

Todos estes novos enlaces publicáronse neste sitio: Blog de Quinto CEIP Doñana. É o blog duns nenos e nenas do teu mesmo curso, pero que están nun colexio de Andalucía. Así que aproveita ben a ocasión e repasa as Matemáticas…

Matemáticas, 1ª avaliación

Preme aquí ou na imaxe para acceder ás actividades.

17 ene. 2010

Imaxina, aprende, xoga, vive

Estas catro palabras forman o lema do noso blog. Agora, tamén é posible facer todo iso a través de Internet e do uso do ordenador.

Pois é certo que hai moitos sitios para aprender e imaxinar, e por suposto para xogar. Pero debes ter en conta que non é unha boa idea encher o blog de enlaces que non se utilicen. Así que o primeiro de todo será coñecer ben os que xa hai, para que despois vaian aparecendo outros novos.

Na nosa aula e no colexio trataremos de probar a maioría desas utilidades. Pero, ¿que ocorre na túa casa?, ¿sabes algo do que hai nos apartados de Lectura, Medio ou Matemáticas? Por exemplo, no blog temos un estupendo sitio con 64 xogos e que está en inglés… ¿Sabías algo diso?

Orisinal

Preme aquí ou na imaxe para ir a Orisinal.

15 ene. 2010

Os primeiros poboadores

Como xa sabes, a Prehistoria é o primeiro gran período da Humanidade e durou varios millóns de anos. Para poder estudar e comprender mellor esa época tan longa, divídese en tres partes: o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais.

En Internet hai moita información útil para que entendas mellor a Prehistoria, e Ismaíl sábeo. Así que mirou e buscou algúns sitios moi interesantes, para que todos os seus amigos e amigas aprendan máis rápido e con facilidade.

Están aquí, no noso blog, e son os seguintes:

  1. VIAJANDO A TRAVÉS DE LA HISTORIA
  2. CONOCIENDO LA PREHISTORIA
  3. PRIMEROS POBLADORES

Conociendo la Prehistoria

14 ene. 2010

El sueño de Antón

Cuando Antón descubrió los viajes de Ismaíl, tuvo un sueño. Imaginó que estaba en su aula, con los compañeros y compañeras, y que inventaban una historia, una buena historia. Después, usando la colaboración y el trabajo en común, en el sueño eran capaces de convertir aquella historia en un vídeo.

Hablamos de todo eso en la clase, y les conté que es posible crear historias con el ordenador, con palabras, imágenes y música. Y que lo haríamos. Pero no les hablé de los problemas.

Hay en el aula un viejo ordenador, un Pentium III muy manoseado, sin fuerza ni agilidad. No soporta programas nuevos ni los modernos navegadores, así que es mejor no hablar de nuestra experiencia en Internet. Además, tenemos una conexión inalámbrica lenta y caprichosa, que no siempre funciona bien. Y nuestro horario en el Aula de Informática del colegio aún no está asegurado.

Pero Ismaíl, a pesar de las dificultades, afirmó que nos pondríamos a contar historias…

Dicen que en algunos lugares existe algo que llaman Escuela 2.0, donde todo es maravilloso. Los ordenadores son potentes y la conexión a Internet es tan veloz como el rayo. Dicen que es cierto, pero nosotros no sabemos nada.

12 ene. 2010

Mecanografía con Ismaíl (1)

Xa sabes que hai que saber escribir ben co lapis e co bolígrafo. Pero agora, no mundo actual, tamén é necesario dominar a escritura co teclado do ordenador. Desde o noso blog, queremos axudarche niso, para que non sintas tanto medo. Por esa razón, aquí tes a primeira sesión de mecanografía con Ismaíl. Haberá outras, que serán cada vez un pouco máis complicadas.

Ademais, hoxe tamén iniciamos un novo apartado, ao que chamaremos Os nosos proxectos. Este primeiro consta de tres xogos, que deberás practicar de forma odenada, tal e como se indica:

  1. Typing: Para empezar o teu entrenamento, deberás teclear todas as letras a medida que aparezan. Pero hai que evitar que a pantalla do ordenador acabe chea de letras e máis letras. Así que atende…
  2. Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos. ¡A ver cantas logras!
  3. El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Ganas se es capaz de conseguir 100 puntos.

Keyboard Game

11 ene. 2010

A caixa dos xoguetes usados

 Antía Seijas Vieites escribiu este conto cando estudaba 6º de primaria, no ano 2005. Como o seu irmán Antón está agora en 5º B, lembramos aquela historia no noso blog. Ademais, hoxe regresei por fin ao colexio…

Mentres Ismaíl paseaba por Culleredo fixouse nunha estraña papeleira. Nela asomaban coma dous ou tres bonecos de trapo, todos roídos e estropeados polo tempo.  A Ismaíl deulle moita pena e, como os trasnos falan o idioma de todos os bonecos, achegouse á papeleira e comezou a falar con eles:

-Oíde, ¿que é o que facedes aquí? ¿Non deberíades estar xogando cos nenos?
-Si... Pero os nosos nenos abandonáronnos aquí, e desde entón ninguén nos fai caso...
-¡Oh!... Entón, ¿é esa a razón pola que estades na papeleira? Pois ben, teño unha idea. ¿E se vos metedes nunha caixa que recolla os xoguetes usados?
-¡Sería marabilloso! Pero, ¿onde hai unha caixa así?
-No colexio Isaac Díaz Pardo están colocando unhas grandes caixas para recoller xoguetes... ¿Que vos parece?
-¡Unha idea perfecta!

E así foi como os xoguetes usados de Culleredo pasaron ás mans dos nenos e as nenas de África e Asia Central.

Todo grazas ao noso amigo Ismaíl...

Meez 3D avatar avatars games

5 ene. 2010

Os libros do ano

Desde o famoso Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil recibimos unha marabillosa selección de lecturas titulada Lo + 2009. Ese centro pertence á Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que está na cidade de Salamanca.

Trátase dunha colección formada polos mellores libros de literatura infantil e xuvenil publicados o ano pasado en España, para lectores desde os máis novos ata os 18 anos de idade. Tamén hai libros especiais para regalar. Así que, se miras ben, seguro que haberá algún que che pode interesar…

Lo + 2009
Related Posts with Thumbnails

Escola de Ismaíl (2)

Localización