Xa falta pouco para esta celebración, que ocorre durante a noite do 31 de outubro. Ao parecer, a súa orixe está na festividade celta do Samhain, na antiga Irlanda. E despois pasou co nome de Halloween ao Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e a outros sitios. Foi Lara quen nos lembrou que chegaba ese día. Así que este post, e por primeira vez, ten unha dedicatoria…
- Recursos para o Samaín, de Bulebule pola biblio, o blog da biblioteca do colexio.
- Máis recursos, desde o CEIP Víctor Sáenz.
- Prepárate… con historias de miedo, do Club Kirico.
- Escritura creativa, de Orientación Andújar.
- Para colorear, de abcteach.
- Mandalas para colorear, de Fantasy jr.
- Máis debuxos e outras cousas, desde o famoso Recanto de Mik.
Por último, de novo Ismaíl quere agradecer a axuda que recibe para conservar e defender o seu tesouro. Hoxe felicita a Marta (de 4º A), a Brais, a Sara, e tamén a Lara.

