Na Unidade 3 de Medio aprendimos que na Terra existen dúas zonas frías, onde se sitúan o Polo Norte e o Polo Sur. Nesas zonas tan frías prodúcese un fenómeno natural moi impresionante, as auroras polares ou boreais. Cando iso ocorre, o ceo parece cambiar de cor e deixa o seu azul por unha cor máis verde. Así sucede, por exemplo, nas afastadas terras de Noruega…
Aurora Borealis timelapse HD - Tromsø 2010 from Tor Even Mathisen on Vimeo.
Pero aquí tamén temos algunhas cousas ben interesantes. Por exemplo, no colexio hai amigos de Ismaíl tan valentes que xa se atreven a crear os seus propios blogs. Non vos parece incrible? Pois el está moi sorprendido, e encántalle saber que teñen moitas cousas para contar.
- Miguel (4º A): Spy Kids, dedicado aos espías profesionais.
- Irene (4º A): Noticias frescas de irene bambu, un blog moi xuvenil.
- Alejandro (6º B): El club de las presentaciones, onde Álex quere mostrar os seus traballos e tamén os dos seus amigos. Xa podes ver unha presentación sobre as células.