Aquí está un novo post dun equipo de redacción. Creo que esta vez tiñan moito que contar e que dicir. Por iso, seguro que este vídeo resulta un pouco especial…
Pasamos catro días en Alvarella. Chegamos o martes, 31 de maio, ás 11 da mañá, e apareceron os monitores: Jorge, Cris e Yoli, e depois Ana e Isa. A nosa primeira actividade foi unha marcha polas fragas do río Eume. Fixemos un montón de quilómetros. Cansámonos, pero aprendimos moitas cousas. No camiño paramos para comer de pícnic. Volvimos para Alvarella e realizamos un obradoiro de árbores moi divertido.
O segundo día estivemos na piscina para darnos un chapuzón. Houbo un obradoiro de papaventos e pola noite fixemos un xogo nocturno, na escuridade… Que medo!
O terceiro día, pola mañá, fomos ata o castelo de Andrade e tamén á igrexa de Santa María de Doroña. Pola tarde, de novo, bañámonos na piscina… Que guai! E fixemos un salvamanteis. Esa noite houbo uns xogos especiais, como o lindo gatiño, a familia numerosa e o baile no periódico.
O cuarto día, o último, fixemos un obradoiro de perfumes. Ao noso acordamos chamalo Pure Colour. Despois recollimos as habitacións e, por suposto, despedímonos de Bobi, Cuca e Greta, as mascotas de Alvarella.
Ao colexio regresamos un pouco tristes o 3 de xuño. Pois queriamos quedar alí! Nunca esqueceremos a nosa aventura de fin de curso…
[Sara, Brais, Marta, Ana, Carmen, Antón]