É certo que xa empezaron as vacacións, pero a vida no blog é diferente. Por iso, Cristina Pena enviou por correo electrónico unha historia orixinal sobre Ismaíl que acaba de descubrir. É tan nova que nin o mestre a coñecía. Para completar este conto, publícase ao mesmo tempo que unha presentación realizada por Sandra, pois os dous traballos teñen unha certa relación…
Érase unha vez un gnomo chamado Ismaíl. A Ismail encantáballe a súa táboa de surf nova. Entón decidiu ir á praia, pois facía un día moi bo. Nese momento foi cara ao seu armario e elexiu un par de conxuntos de roupa, entre eles o mellor. Cando acabou, colleu a toalla, a sombrilla, a crema protectora e por suposto a súa táboa de surf. Unha vez preparado, subiu ao coche e foi camiño da praia.
Ao chegar deixou na area a sombrilla e a toalla e botou a crema protectora. Normal, co sol que facía, calquera se queima...!!! Despois de ter botado a crema protectora, colleu a táboa e foi facer o seu hobby favorito, o surf. Ía coma un rei coa súa táboa nova e o seu bañador. Entón meteuse na auga, e tamén seguiu coma un rei surfeando. Ata que chegou unha onda xigante. Todos asustáronse e berraron. Como por exemplo unha señora:
-Auxilio, unha onda xigante, aaaaaaaaaah! E ao meu bañador e á toalla nova vainos destrozar... Aaaaaaaaaaaaaaaaaaahhh!
Producía un pouco de risa, pero era a verdade. En cambio, Ismaíl dixo isto:
-Boh, unha simple onda para un gnomo coma eu. Parece cousa de nenos pequenos. Será moi guai saltar por riba dela...
Pero logo duns minutos, Ismaíl estaba tirado na area e a súa táboa perdida.
-Iso pasoulle por non saír da auga!, -dixo a señora.
-Cálese vostede, hai un gnomo en perigo e non fai máis que berrar!, -dixo outro señor.
-Como vou calar se a culpa foi súa!, -dixo de novo a señora.
Nese momento alguén berrou:
-Calados os dous dunha vez xa!!!, –e os dous calaron.
Ismaíl tusiu e escupiu auga. Estaba preocupado pola súa táboa nova. De repente, pareceu un amigo de Ismail, que viña de Malpica. E devolveulle a táboa que encontrara frotando polo mar. Ismail deulle as grazas.
O seu amigo dixo que por el faría de todo, porque lembrábase das moitas cousas que Ismaíl facía por al cando estaba en Malpica. Eran uns grandes e moi bos amigos, e en Malpica sempre andaban xuntos. Ismaíl prometeulle que nunca máis ía quedarse no mar cando viñese unha onda xigante.
E colorin colorado, este conto de Ismaíl o noso gnomo está rematado…
FIN